Xoán Fisher
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de outubro de 1469 Yorkshire, Reino Unido |
Morte | 22 de xuño de 1535 (65 anos) Tower Hill, Reino Unido |
Causa da morte | pena de morte, decapitación |
Lugar de sepultura | Capela Real de São Pedro ad Vincula (pt) |
Cardeal | |
21 de maio de 1535 (Gregoriano) – | |
Bispo católico de Rochester | |
14 de outubro de 1504 – ← Richard FitzJames – Nicholas Heath → Diocese: bispo anglicano de Rochester | |
Bispo anglicano de Rochester | |
22 de xuño de 1535 (Gregoriano) | |
Datos persoais | |
Relixión | Anglicanismo e Igrexa católica |
Educación | St John's College (pt) Beverley Grammar School (en) |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1504 (Gregoriano)–), sacerdote católico (1491–), bispo, científico |
Consagración | William Warham |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 22 de xuño |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
San Xoán Fisher (en inglés John Fisher) mártir, nado en Beverley (Yorkshire) o 19 de outubro de 1469 e finado en Londres o 22 de xuño de 1535, foi un cardeal e bispo da Igrexa Católica en Inglaterra.
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]John Fisher naceu en Beverley, Yorkshire,[1] en 1469, o maior dos catro fillos de Agnes e Robert Fisher, un modesto comerciante de Beverley. O seu pai morreu cando Fisher tiña 8 anos, e a súa nai casou en segundas nupcias con William White, con quen tivo cinco fillos máis. A súa educación comezou con moita probabilidades na escola xunto á igrexa da súa vila, e anos despois asistiu á Beverley Grammar School, unha antiga escola en funcionamento dende o ano 700.
Fisher estudou na Universidade de Cambridge dende 1484, onde entrou en contacto con William Melton, un teólogo de mente pastoral aberto ás correntes reformadoras nos estudos. Fisher obtivo o título de Bachelor of Arts en 1487 e en 1491 o título de Master of Arts. Tamén en 1491 Fisher recibiu a dispensa papal para poder entrar ao presbiterado malia atoparse por debaixo da idade canónica.[2] Fisher foi ordenado sacerdote católico o 17 de decembro de 1491. Foi nomeado Vigairo de Northallerton, Yorkshire. En 1494 renunciou para converterse en proctor da universidade e tres anos despois comezou a ser capelán e confesor de Margaret Beaufort, Condesa de Richmond e Derby, nai do rei Henrique VII de Inglaterra. O 5 de xullo de 1501 obtivo o doutoramento en Sagrada Teoloxía e dez días máis tarde foi elixido Vice-Chanceler da Universidade de Cambridge. Seguindo os consellos de Fisher, a condesa Margarida fundou o St John's College e o Christ's College en Cambridge. Entre 1505 e 1508 foi tamén presidente do Queens' College. A finais de xullo de 1516 estivo en Cambridge para a inauguración do St John's College e a consagración da súa capela.
Bispo de Rochester
[editar | editar a fonte]Por unha bula papal do 14 de outubro de 1504, Fisher foi nomeado diocese católica de Rochester, Inglaterra pola iniciativa persoal do rei Henrique VII de Inglaterra. Rochester era entón a diocese máis pobre de Inglaterra e polo xeral vista como un primeiro paso nunha carreira eclesiástica. Porén, Fisher permaneceu alí por decisión propia durante os restantes 31 anos da súa vida. Ao mesmo tempo mantivo un grande interese pola Universidade de Cambridge, e en 1504 foi elixido chanceler de dita universidade. Foi reelixido por dez anos e posteriormente nomeado chanceler vitalicio. Tamén adquiriu unha grande reputación como predicador, e en 1509, coa morte do rei e de Lady Margaret, Fisher foi elixido para predicar nos dous funerais. Fisher tamén induciu a Erasmo de Rotterdam a visitar Cambridge. Este atribuíu á protección de Fisher ("Epistulae" 6:2) que o estudo do grego se mantivo en Cambridge sen as dificultades que tivo en Oxford.[1]
Divorcio de Henrique VIII
[editar | editar a fonte]Defensa de Catarina de Aragón
[editar | editar a fonte]Cando Henrique VIII tentou divorciarse da Raíña Catarina de Aragón, Fisher converteuse no principal apoio dela e no seu conselleiro de maior confianza. Como tal, presentouse en representación dela ante o tribunal, onde sorprendeu á audiencia polo directo do seu discurso, declarando que estaba disposto a morrer, como San Xoán Bautista, na defensa da indisolubilidade do matrimonio. Ao saber isto Henrique VIII, encolerizou e respondeu ao tribunal cun longo texto en latín en resposta ao discurso do bispo. Consérvase aínda a copia de Fisher deste texto, con anotacións que amosan pouco temor á ira do rei.
Ataques do Rei á Igrexa
[editar | editar a fonte]Cardeal e execución
[editar | editar a fonte]En maio de 1535, o papa Paulo III creou cardeal a Fisher, co título de cardeal presbítero de San Vitale, aparentemente coa esperanza de inducir ao rei a mellorar o trato a Fisher, mais o efecto foi o contrario ao desexado:[3] Henrique VIII prohibiu que levaran o capelo do cardeal a Inglaterra, declarando que, no seu lugar, mandaría a cabeza de Fisher a Roma. En xuño publicouse unha comisión especial para o xulgamento do Cardeal e o xoves 17 de xuño foi procesado no Palacio de Westminster ante un tribunal de dezasete persoas, entre as que estaban Thomas Cromwell, o pai de Ana Bolena e outros. Foi acusado de traizón por negar que o rei fora a autoridade suprema da Igrexa de Inglaterra. Como fora privado do seu cargo de Bispo de Rochester, foi tratado como un plebeo e xulgado por un xurado. O único testemuño foi o de Richard Rich. Fisher foi encontrado culpable e condenado a ser aforcado, eviscerado e despezado en Tyburn.
Veneración
[editar | editar a fonte]Na Igrexa Católica
[editar | editar a fonte]Fisher foi beatificado polo papa León XIII xunto con Tomé Moro e outros 52 mártires ingleses o 29 de decembro de 1886, e en dita beatificación foi posto como o primeiro deles. Anos despois, o 19 de maio de 1935, foi canonizado xunto con Tomé Mouro polo papa Pío XI. A súa festividade, conxunta, é o 22 de xuño, aniversario da execución de Fisher. No calendario xeral romano a súa festividade constitúe unha Memoria opcional, agás en Inglaterra (onde é Festa) e en Gales (Memoria obrigatoria).
Na Igrexa de Inglaterra
[editar | editar a fonte]En 1980, malia ter sido executado por orde do rei Henrique VIII durante a reforma inglesa que creou a Igrexa de Inglaterra, Fisher foi, xunto con Tomé Mouro, engadido ao calendario de santos da Igrexa de Inglaterra, onde a súa conmemoración celébrase o 6 de xullo, aniversario da execución de More,[4] co nome de "Thomas More, Scholar, e John Fisher, Bispo de Rochester, Mártires da Reforma, 1535".
Reliquia
[editar | editar a fonte]O bastón de John Fisher está en posesión da familia Eyston de East Hendred, en Oxfordshire (antigamente Berkshire).[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Huddleston, Gilbert. "St. John Fisher." The Catholic Encyclopedia. Vol. 8. New York: Robert Appleton Company, 1910. 18 Feb. 2013
- ↑ REYNOLDS, Ernest Edwin (1955). Anthony Clarke Books, ed. Saint John Fisher (en inglés). p. 6.
- ↑ FOLEY OFM, Leonard. Franciscan Media, ed. Saint of the Day, Lives, Lessons, and Feast (en inglés). ISBN 978-0-86716-887-7. "St. John Fisher" Arquivado 28 de agosto de 2013 en Wayback Machine.
- ↑ "Santoral da Igrexa de Inglaterra (en inglés)". Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2010. Consultado o 30 de xullo de 2010. Arquivado 09 de abril de 2010 en Wayback Machine.
- ↑ The Berkshire Book, Berkshire Federation of Women's Institutes (1951)