Ximnasia en trampolín
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A ximnasia en trampolín é unha disciplina deportiva da ximnasia que consiste en realizar unha serie de exercicios executados en varios aparellos elásticos, onde a acrobacia é a principal protagonista. Está dividida principalmente en tres especialidades: tumbling, dobre mini- tramp e cama elástica, a última delas olímpica desde Sydney 2000 polo cal é importante.
Historia
[editar | editar a fonte]Esta disciplina chamada ximnasia de trampolín fundouse no ano 1934 polos ximnastas George Nissen e lLarry Grisworld. Eles foron os que crearon o primeiro trampolín. Este deporte comezou a utilizarse para adestrar a astronautas, co fin de coñecer os efectos de estar nun ambiente sen gravidade. O 4 de marzo de 1964 creouse a primeira federación internacional de ximnasia en Alemaña. Londres foi sede do primeiro campionato do mundo e a partir deste momento este deporte foi protagonista dentro dos campionatos do mundo e Xogos Olímpicos.
Tumbling
[editar | editar a fonte]O tumbling é unha pista alongada de 25 metros con certa elasticidade no que se deberán de facer 8 elementos seguidos (rondadas, flic-flacs, tempos e mortais con e sen xiro). Ao finalizaren os 8 elementos deberán de rematar nun colchón inchable de recepción. Deberán de facerse dúas pasadas, unha de elementos sen xiros no eixe lonxitudinal e outra pasada na que terán que facer elementos con rotación lonxitudinal e transversal. Haberá xuíces que valorarán o exercicio segundo dificultade e execución.
Minitramp
[editar | editar a fonte]Esta modalidade realizase nun trampolín pequeno no que soamente se fai un salto e se caerá nun colchón inchable de recepción, precedido dunha carreira para coller impulso. Este aparato é habitual no ensino da ximnasia nos máis pequenos e soamente existe competición nas categorías máis baixas. Como no anterior, puntúase consecución e dificultade do pase.[1]
Dobre minitramp
[editar | editar a fonte]Trátase dun trampolín parecido ao anterior pero moito máis grande no que se farán dous ou tres saltos e dous elementos de alta dificultade (pódese facer un salto sen elemento no primeiro bote ou facer dous saltos de dificultade seguidos). Ten tres zonas de salto: a entrada ou "mount", que se atopa un pouco inclinada e onde se fai o primeiro salto, o "spoter" que é a zona do medio e o "dismount" ou saída, no que se realizará o último elemento de dificultade. Despois deste último elemento temos que caer sobre o colchón inchable de recepción. Os xuíces valorarán a execución técnica do salto e a dificultade dos elementos realizados segundo o número de xiros no eixe lonxitudinal e transversal.
Trampolín individual
[editar | editar a fonte]Este é o aparato máis importante desta modalidade de ximnasia xa que é o único olímpico. Trátase dunha cama elástica grande onde o deportista ten que realizar exercicios de 10 elementos seguidos diferentes. Nunha competición haberá dous pases, un no que se realizarán as esixencias obrigatorias de cada categoría no que se puntuará a execución, o desprazamento horizontal e o tempo de voo. No segundo pase realizaranse 10 elementos libres (diferentes entre si), no que se puntuará a dificultade, a execución, o tempo de voo e o desprazamento horizontal.
Trampolín sincronizado
[editar | editar a fonte]Esta modalidade é similar ao trampolín individual pero dous ximnastas realizarán á vez o mesmo exercicio. Teñen dous pases como no trampolín, un para cumprir requisitos e outro libre. Nesta modalidade puntúase tamén a sincronización dos dous ximnastas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Normativa fig" (PDF). fig-gymnastics.com. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de xullo de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ximnasia en trampolín |