Winnie Madikizela-Mandela
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Mamao Dineo Maledi 26 de setembro de 1936 Bizana, Suráfrica (en) |
Morte | 2 de abril de 2018 (81 anos) Xohanesburgo, Suráfrica |
Causa da morte | gripe |
Membro da Asemblea Nacional de Suráfrica | |
21 de maio de 2014 – 2 de abril de 2018 Lexislatura: 26th South African Parliament (en) | |
Membro da Asemblea Nacional de Suráfrica | |
6 de maio de 2009 – 6 de maio de 2014 Lexislatura: 25th South African Parliament (en) | |
Parlamentaria | |
2009 – 2018 | |
Parlamentaria | |
1994 – 2003 | |
Datos persoais | |
Outros nomes | Mam' Winnie |
Relixión | Metodismo |
Educación | Universidade de Suráfrica Universidade de Witwatersrand |
Actividade | |
Lugar de traballo | Soweto |
Ocupación | política |
Partido político | Congreso Nacional Africano |
Outro | |
Cónxuxe | Nelson Mandela (1958–1996), divorcio |
Fillos | Zenani Mandela-Dlamini, Zindzi Mandela |
Condenado por | fraude |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Dictionary of African Biography, |
Winnie Madikizela-Mandela, nada como Nomzamo Winifred Zanyiwe Madikizela en Bizana o 26 de setembro de 1936,[1] e finada en Xohanesburgo o 2 de abril de 2018,[2] foi unha activista antiapartheid e política surafricana, máis coñecida como Winnie Mandela. Exerceu diversas funcións no goberno surafricano, incluíndo Ministra de Artes, Cultura, Ciencia e Tecnoloxía. Era membro do partido Congreso Nacional Africano, servindo no Comité da Executiva Nacional e na Liga das mulleres.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada no seo dunha familia xosa na daquela Unión Surafricana, estudou traballos sociais en Jan Hofmeyr. En 1958, casou co activista antiapartheid Nelson Mandela en Xohanesburgo. Estiveron casados durante 38 anos e tiveron dous fillos xuntos. En 1963, Mandela foi encarcerado despois do xuízo de Rivonia e dende entón ela converteuse na súa cara pública durante os 27 anos que estivo na cadea. Durante este período, converteuse nunha figura de moita relevancia dentro do movemento antiapartheid. Foi arrestada e detida polos servizos de seguridade do estado en varias ocasións e estivo varios meses en confinamento.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Winnie Mandela. nndb.com
- ↑ Sermos Galiza, ed. (2 de abril de 2018). "Morre a activista anti-apartheid Winnie Mandela". Consultado o 13 de febreiro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Winnie Madikizela-Mandela |