William Takaku
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | século XX Rexión Autónoma de Bougainville, Papúa Nova Guinea |
Morte | 3 de xaneiro de 2011 Port Moresby, Papúa Nova Guinea |
Actividade | |
Ocupación | actor, realizador, guionista, director de cinema |
Período de actividade | 1992 - |
William Takaku, finado o 3 de xaneiro de 2011,[1][2] foi un actor papúa de cinema, televisión e teatro. Tamén foi guionista e director de teatro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Foi durante un tempo director do National Theatre Company de Papúa Nova Guinea.
Ademais, co-escribiu xunto con Albert Toro, e dirixiu a miniserie de televisión Warriors in Transit (1992).[3] Takaku tamén dirixiu o grupo de Teatro Provincial de Milne Bay.
Como actor, protagonizou xunto con Pierce Brosnan o filme Robinson Crusoe (1997), interpretando o personaxe de Venres. Tamén interpretou a Magnus na miniserie de televisión The Violent Earth (1998).[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Lone farewell for Takaku" Arquivado 05 de abril de 2012 en Wayback Machine., Post Courier, 7 de febreiro de 2011
- ↑ Reported in The National, 4 de xaneiro de 2011
- ↑ Thompson, Liz (18 de outubro de 2000). "Warriors in Transit: Theatre in Papua New Guinea". arTok — Pacific Arts Online ("an ABC Online-Radio Australia initiative"), hosted on the Australian Broadcasting Corporation's website. Consultado o 1 de xullo de 2012.
- ↑ Database (undated). "William Takaku". Internet Movie Database. Consultado o 1 de xullo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)
- A tribute to William Takaku, by Peter Trist, malumnalu.blogspot.de (en inglés)