Wikipedia:Efemérides destacadas/Xaneiro
1 de xaneiro (ver • editar)
- 1788, publícase en Londres o primeiro número do xornal The Times (na imaxe).
- 1820, Rafael del Riego reponse contra o absolutismo en Las Cabezas de San Juan, e proclama a Constitución de 1812.
- 1959, en Cuba triunfa a revolución socialista. O ditador Fulgencio Batista refúxiase nos Estados Unidos.
- 1986, España e Portugal ingresan na CEE.
- 2002, entra en vigor o Euro como moeda única para 12 estados da Unión Europea.
- 2005, morre Shirley Chisholm, primeira muller afroamericana no Congreso estadounidense.
Hoxe é Aninovo.
2 de xaneiro (ver • editar)
- 1492, os Reis Católicos entran en Granada (na imaxe).
- 1762, Inglaterra declara a guerra a España, temerosa do Pacto de Familia entre os Borbóns franceses e españois.
- 1819, morre María Luísa de Parma, raíña consorte de España.
- 1949, Luis Muñoz Marín convértese no primeiro presidente democrático de Porto Rico.
- 1959, a Unión Soviética lanza a sonda Luna 1, o primeiro artefacto enviado á Lúa.
- 1997, Miguel Indurain anuncia a súa retirada do ciclismo profesional.
3 de xaneiro (ver • editar)
- 1496, Leonardo da Vinci proba unha máquina voadora.
- 1521, o papa León X excomunga a Martiño Lutero (na imaxe).
- 1793, nace Lucretia Mott, abolicionista e defensora dos dereitos das mulleres.
- 1874, o xeneral Pavía entra nas Cortes e pon remate á I República Española.
- 1885, nace Anna Pavlova, bailarina rusa.
- 1892, nace J. R. R. Tolkien, escritor e filólogo británico-surafricano.
- 1925, Benito Mussolini proclama que toma poderes ditatoriais sobre Italia.
- 1951, nace Rosa Montero, xornalista española.
- 2004, a Sonda Spirit da NASA aterra satisfactoriamente na superficie de Marte.
4 de xaneiro (ver • editar)
- 41, Calígula (na imaxe) é asasinado pola súa garda persoal.
- 1642, durante a Guerra Civil Inglesa, o Rei Carlos I de Inglaterra ataca o Parlamento.
- 1717, As Provincias Unidas, Inglaterra e Francia forman a Tripla Alianza.
- 1847, Samuel Colt vende o seu primeiro revólver ao goberno dos Estados Unidos.
- 1914, nace Jane Wyman, actriz estadounidense.
- 1918, Rusia recoñece a independencia de Finlandia.
- 1932, Gandhi é detido na India.
- 1963, nace May-Britt Moser neuróloga e psicóloga norueguesa, premio nobel de medicina de 2014.
5 de xaneiro (ver • editar)
- 1589, nace Catarina de Medici, raíña de Francia.
- 1723, nace Nicole-Reine Lepaute, astrónoma francesa.
- 1813, o Tribunal da Inquisición é suprimido polas Cortes de Cádiz.
- 1902, nace en Viveiro Maruxa Mallo, pintora surrealismo galega.
- 1919, fúndase o Partido Nacional Socialista Alemán (NSDAP), ó que pertenceu Adolf Hitler.
- 1932, nace Umberto Eco, escritor italiano.
- 1936, morre en Santiago Ramón María del Valle-Inclán (na imaxe), escritor arousán.
- 1938, nace Xoán Carlos I, rei de España.
Hoxe é a Noite de Reis.
6 de xaneiro (ver • editar)
- 1412, nace Xoana de Arco (na imaxe), heroína francesa e santa católica.
- 1854 segundo Arthur Conan Doyle é o nacemento de Sherlock Holmes.
- 1912, nace en Celanova Celso Emilio Ferreiro Míguez, poeta galego.
- 1945, tropas soviéticas ocupan o campo de concentración de Auschwitz e liberan máis de 5.000 prisioneiros.
- 1993, morre Dizzy Gillespie, músico de jazz (trompetista) estadounidense.
Hoxe é o Día de Epifanía para católicos, protestantes e anglicanos e concédese o Premio Nadal.
7 de xaneiro (ver • editar)
- 891, nace Abderramán III, califa cordobés.
- 1325, morre o Rei Dinis de Portugal.
- 1610, Galileo descobre as lúas maiores de Xúpiter: Io, Europa e Calisto (na imaxe).
- 1813, nace Xacoba de Cisneros de Castro e de Puga, aristócrata galega coñecida por apoiar fervorosamente a causa carlista.
- 1950, morre Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en Buenos Aires, no exilio.
- 1965, aparece en Colombia a guerrilla procastrista Ejército de Liberación Nacional (ELN).
- 2015, prodúcese un ataque terrorista contra a sede de Charlie Hebdo.
Hoxe é o Día de Nadal para os cristiáns ortodoxos.
8 de xaneiro (ver • editar)
- 1642, morre Galileo Galilei, matemático, físico, astrónomo e inventor italiano.
- 1870, nace Miguel Primo de Rivera, militar, presidente do Goberno español (1923-1930).
- 1879, morre Baldomero Espartero, militar e político liberal español.
- 1918, publícanse Os 14 puntos de Wilson, xermolo da Sociedade de Nacións.
- 1935, nace Elvis Presley, cantante estadounidense de música rock.
- 1959, Fidel Castro (na imaxe), á fronte das súas tropas revolucionarias, entra vitorioso na Habana.
9 de xaneiro (ver • editar)
- 1324, morre Marco Polo, explorador italiano.
- 1693, un terremoto destrúe en Sicilia 60 vilas e aldeas, causando a morte a máis de 50.000 persoas.
- 1863, inaugúrase o Metro de Londres (na imaxe), o primeiro ferrocarril subterráneo do mundo.
- 1925, Concepción Pérez Iglesias é nomeada alcaldesa de Portas, converténdose na primeira muller alcaldesa de España elixida nunhas eleccións.
- 1928, Sandino proclama en Nicaragua a república de Nueva Segovia, cunha capital chamada Ciudad Sandino.
- 1944, nace Jimmy Page, guitarrista británico.
10 de xaneiro (ver • editar)
- 1778, morre Carl von Linné científico, médico, botánico e zoólogo sueco que estableceu os fundamentos para o esquema moderno da nomenclatura binomial.
- 1869, nace Grigori Rasputin, místico e cortesano ruso.
- 1880, nace Manuel Azaña, político, escritor e presidente da Segunda República Española.
- 1924, nace Eduardo Chillida, escultor español
- 1946, celébrase en Londres a primeira Asemblea Xeral das Nacións Unidas (ONU, na imaxe).
- 1957, morre Gabriela Mistral, poetisa chilena Premio Nobel de Literatura en 1945
11 de xaneiro (ver • editar)
- 1610, Galileo Galilei descobre Ganímedes, satélite de Xúpiter.
- 1859, nace Alfredo Brañas, pai do rexionalismo galego.
- 1913, o Tíbet proclama a súa independencia.
- 1966, morre Alberto Giacometti, escultor e pintor suízo.
- 1993, a UNESCO declara a Ruta Xacobea (na imaxe) Patrimonio da Humanidade.
12 de xaneiro (ver • editar)
- 1628, nace Charles Perrault (na imaxe), escritor francés de contos infantís.
- 1876, nace Jack London, escritor estadounidense.
- 1908, unha mensaxe de radio é emitida pola primeira vez desde o alto da Torre Eiffel.
- 1951, nace o historiador galego Ramón Villares, ex rector da Universidade de Santiago de Compostela.
- 1988, queda instalada a primeira base española na Antártida.
- 1993, 120 países asinan en París un acordo para prohibir as armas químicas.
13 de xaneiro (ver • editar)
- 1898, Émile Zola publica o seu famoso Eu acuso en L'Aurore (na imaxe).
- 1906, un incendio destrúe case toda a cidade de Panamá.
- 1933, o goberno republicano español sufoca violentamente os Sucesos de Casas Viejas, unha rebelión obreira e libertaria iniciada tres días antes en Casas Viejas (Cádiz).
- 1941, morre James Joyce, escritor irlandés.
- 1950, restablécese a pena de morte na Unión Soviética.
- 1998, A Discoverer Enterprise racha as estachas de madrugada e vai bater contra a Ponte das Pías, deixando a Ferrol sen a súa principal vía de comunicación.
14 de xaneiro (ver • editar)
- 1742, morre Edmond Halley, matemático e astrónomo británico.
- 1753, morre George Berkeley, filósofo irlandés.
- 1809, asínase unha alianza entre Inglaterra e España para loitar conxuntamente contra Napoleón.
- 1876, Alexander Graham Bell patenta o teléfono.
- 1968, lánzase a Soyuz 4 (na imaxe).
- 1994, morre o ciclista galego Delio Rodríguez, gañador da Volta Ciclista a España en 1945.
Hoxe é o Festival do Pongal na India.
15 de xaneiro (ver • editar)
- 1526, parte da Coruña unha expedición marítima ao mando de Diego García de Moguer, á que se lle atribúe a descuberta do río da Prata.
- 1919, son asasinados Rosa Luxemburg e Karl Liebknecht, revolucionarios alemáns.
- 1929, nace en Atlanta Martin Luther King, defensor dos dereitos humanos.
- 2001, a Wikipedia inicia a súa andaina en liña (na imaxe).
- 2012, morre Manuel Fraga, político galego e presidente da Xunta.
16 de xaneiro (ver • editar)
- 929, Abderramán III proclamase califa de Córdoba.
- 1547, Rusia: Iván o Terrible proclámase tsar.
- 1809, o exército francés de Napoleón I derrota na Coruña ó exército británico na batalla de Elviña (na imaxe).
- 1958, morre Sofía Casanova, poeta, novelista e xornalista galega.
- 1991, Iraq: George Bush pai ordena o comezo da Guerra do Golfo coa operación Tormenta do deserto. Inícianse os bombardeos sobre a poboación civil en Bagdad.
- 2003, accidente do transbordador espacial Transbordador espacial Columbia.
Hoxe é o Día de Martin Luther King nos Estados Unidos.
17 de xaneiro (ver • editar)
- 1600, nace Pedro Calderón de la Barca, dramaturgo español.
- 1966, colisionan dous avións estadounidenses e caen catro bombas atómicas, tres nas proximidades de Palomares e outra nas proximidades de Almería.
- 1986, asínase na Haia o protocolo que establece relacións diplomáticas entre Israel e España.
- 2002, morre Camilo José Cela (na imaxe), escritor galego en lingua castelá galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1989.
18 de xaneiro (ver • editar)
- 1535, Francisco Pizarro funda Lima, capital do Perú.
- 1778, James Cook descubre as illas do Hawai
- 1856, nace en Santiago Xosé Castro "Chané", músico galego, máis coñecido coma Maestro Chané.
- 1871, xorde o II Reich (na imaxe) da man de Otto von Bismarck.
- 1915, nace Santiago Carrillo, ex dirixente do PCE.
19 de xaneiro (ver • editar)
- 1809, nace Edgar Allan Poe (na imaxe), escritor estadounidense.
- 1809, falece Pierre Joseph Proudhon, filósofo político e revolucionario agrario francés, pai do pensamento anarquista.
- 1839, nace Paul Cézanne, pintor francés.
- 1966, Indira Gāndhi é electa primeira ministra da India, primeira muller que ocupa o cargo.
- 1982, morre Elis Regina, cantante brasileira.
- 1983, aparece o Apple Lisa, o primeiro ordenador persoal comercial cunha interface gráfica e rato.
20 de xaneiro (ver • editar)
- 1716, nace Carlos III de España.
- 1907, morre Dmitri Mendeleiev, químico ruso.
- 1944, nace José Luis Garci, director de cine español.
- 1961, John Fitzgerald Kennedy (no vídeo) asume mandato como o 35º presidente dos Estados Unidos.
- 1990, O exército soviético leva a cabo a acción militar coñecida como Xaneiro Negro.
- 2009, Barack Obama convértese no primeiro Presidente dos Estados Unidos de raza negra.
21 de xaneiro (ver • editar)
- 1924, morre Vladimir Ilich Uliánov, coñecido por Lenin (na imaxe), líder da Unión Soviética.
- 1925, Albania declarase unha república.
- 1939, o xeneral Rojo, xefe do estado maior do exército republicano, comunica a Negrín que xa non hai fronte.
- 1986, Estados Unidos celebra por primeira vez o día de Martin Luther King coma festa oficial.
- 2001, Jutta Kleinschmidt convértese na primeira muller que gaña o rally Dakar.
22 de xaneiro (ver • editar)
- 1561, nace Francis Bacon, filósofo británico.
- 1905, comeza a Revolución de 1905 na Rusia, coa ocupación do Palacio de Inverno en San Petersburgo.
- 1963, Alemaña e Francia reconcílianse trala sinatura por Charles de Gaulle (na imaxe) e Konrad Adenauer do Tratado do Elisio.
- 1972, tras catro días de secuestro, a banda terrorista ETA pon en liberdade ó industrial Lorenzo Zabala.
- 1981, morre María Moliner, filóloga española. Autora do prestixioso Diccionario de uso del español.
- 2006, Evo Morales, líder indíxena, asume a presidencia de Bolivia.
23 de xaneiro (ver • editar)
- 1810, os franceses avanzan doadamente por Andalucía e neste día apodéranse de Xaén e Córdoba.
- 1950, Xerusalén é declarada capital do Estado de Israel polo Parlamento Israelí.
- 1979, a ofensiva da Fronte Polisario (imaxe da bandeira) no Sáhara Occidental causa 800 baixas no Exército marroquí.
- 1995, Gregorio Ordóñez, candidato polo PP á alcaldía de Donostia, é asasinado pola banda terrorista ETA dun tiro na cabeza.
- 2003, máis de 5.100 civís e militares traballan nas praias galegas afectadas polo vertido de fuel do Prestige.
24 de xaneiro (ver • editar)
- 1958, científicos británicos e estadounidenses anuncian que lograron unha fusión nuclear controlada.
- 1990, publicación do Decreto 3/1990 polo que se segregan as Universidades de Coruña (na imaxe) e Vigo da Universidade de Santiago.
- 2003, catástrofe ecolóxica do Prestige: o colectivo de mestres Area Negra (integrados en Nunca Máis) desprega unha cadea humana de 50.000 alumnos entre as localidades de Laxe e Muxía.
- 2005, ponse en marcha oficialmente o Plan Xeral de Normalización Lingüística da Xunta de Galicia, que recolle máis de mil medidas para a extensión e uso do galego na sociedade.
25 de xaneiro (ver • editar)
- 1554, fúndase a cidade de São Paulo no Brasil.
- 1627, nace Robert Boyle, físico e químico angloirlandés.
- 1809, na Guerra da Independencia Española, as tropas francesas entran en Ribadeo esixindo gran cantidade de alimentos ás aldeas dos arredores.
- 1831, independencia de Polonia.
- 1882, nace Virginia Woolf (na imaxe), escritora británica (m. 1941).
- 1936, o Partido Galeguista nunha Asemblea Extraordinaria aproba o ingreso do PG na Fronte Popular para concorrer nas eleccións xerais con cinco candidatos galeguistas, Castelao, Bóveda, Xerardo Álvarez Gallego, Ramón Suárez Picallo e Antón Vilar Ponte.
26 de xaneiro (ver • editar)
- 1531, un terremoto en Lisboa mata 30.000 persoas.
- 1908, nace Stéphane Grappelli, violinista francés (d. 1997)
- 1939, na Guerra civil española o exército franquista entra en Barcelona.
- 1950, independencia da India (na imaxe Gandhi).
- 1973, morre Edward G. Robinson, actor (n. 1893).
- 1986, morre Pucho Boedo, cantante galego (n. 1928).
27 de xaneiro (ver • editar)
- 1756, nace Wolfgang Amadeus Mozart (na imaxe), compositor austríaco (m. 1791).
- 1822, créase a Provincia do Vierzo, sendo a súa capital Vilafranca. A provincia durou ata o 30 de novembro de 1833.
- 1832, nace Lewis Carroll, autor das Aventuras de Alicia no País das Marabillas (m. 1898).
- 1926, John Logie Baird fai a primeira demostración de transmisión televisiva.
- 1945, o exército da URSS libera o campo de exterminio de Auschwitz.
- 1973, asínase en París o cesamento dos combates en Vietnam.
Hoxe é o Día Internacional de Conmemoración en Memoria das Vítimas do Holocausto
28 de xaneiro (ver • editar)
- 1547, morre Henrique VIII de Inglaterra, rei, creador da Igrexa Anglicana
- 1853, nace José Martí, revolucionario cubano (m. 1895).
- 1887, comeza a construción da Torre Eiffel (na imaxe).
- 1930, morre en Asados, Rianxo Manuel Antonio, poeta galego (n. Rianxo, 12 de xullo de 1900).
- 1935, Islandia é o primeiro país en legalizar o aborto.
29 de xaneiro (ver • editar)
- 1595, probable estrea de Romeu e Xulieta (na imaxe) de William Shakespeare.
- 1899, nace Rafael Dieste, recoñecido escritor natural de Rianxo, autor de Dos arquivos do trasno.
- 1916, París é bombardeada por dirixibles alemáns proxectados polo conde Ferdinand von Zeppelin.
- 1933, Adolf Hitler é nomeado chanceler de Alemaña.
- 1947, nace Linda B. Buck, premio Nobel 1994 de Fisioloxía e Medicina.
- 2006, morre Nam June Paik, vídeo-artista nado en Seúl (Corea) o 20 de xuño de 1932.
30 de xaneiro (ver • editar)
- 1886, nace Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (na imaxe) en Rianxo, vila situada na ría de Arousa.
- 1925, nace Dorothy Malone, actriz.
- 1933, Adolf Hitler nomeado Chanceler alemán.
- 1937, nace Boris Spassky, campión mundial de xadrez ruso.
- 1948, Mahatma Gandhi (n. 1869), pacifista e líder da independencia da India é asasinado en Nova Deli por Nathuram Godse, extremista hindú.
- Hoxe é o Día da Ilustración, unha iniciativa da Xunta de Galicia en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), adicado en 2023 a María Antonia Dans.
31 de xaneiro (ver • editar)
- 1606, Guy Fawkes é executado por conspirar contra o parlamento e Xacobe I de Inglaterra, no que se coñeceu como Complot da pólvora ("The Gunpowder Plot").
- 1820, nace Concepción Arenal (na imaxe), escritora e activista polos dereitos da muller en España.
- 1937, nace Philip Glass, músico e compositor.
- 1939, nace Volker Schlöndorff, director de cine alemán.
- 1968, independencia de Nauru.
- 1995, remata no Xapón a serie Dragon Ball Z.