Wikipedia:Efemérides destacadas/26 de setembro
Aparencia
- 1580, Sir Francis Drake circunnavega o planeta Terra.
- 1919, nace Matilde Camus, poeta española.
- 1933, en México un furacán devasta Tampico e deixa máis de mil mortos.
- 1982, nace o Bloque Nacionalista Galego na asemblea fundacional da Coruña.
- 1987, morre Victoria Kent (na imaxe), política e primeira muller en ingresar no Colexio de Avogados de Madrid.
- 1988, o atleta Ben Johnson debe devolver a súa medalla de ouro dos 100 metros lisos conseguida nas Olimpíadas de Seúl 1988 por dar positivo no control antidopaxe.
- 2002, en Senegal o sobrecargado transbordador Joola afunde ante a costa de Gambia, producindo a morte de máis de 950 persoas, entre elas cinco españois.
Hoxe é o Día Internacional da Xordeira e o Día Europeo das Linguas