Saltar ao contido

Voo 4230 de UM Airlines

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Voo 4230 de UM Airlines
O avión accidentado en 2001
Resumo
Data  26 de maio de 2003
Causa  voo controlado contra o terreo
Lugar  preto de Maçka
Turquía
Coordenadas 
Orixe  aeroporto de Manas
Derradeira escala  aeroporto de Trebisonda
Destino  aeroporto de Zaragoza
Finados  75
Aeronave
Tipo de aeronave Yakovlev Yak-42D
Operador  UM Airlines
Rexistro  UR-42352
Pasaxeiros  62
Tripulación  13
Superviventes  0

O voo 4230 de UM Airlines, tamén coñecido como o accidente do Yak-42 en Turquía, era un servizo chárter internacional de pasaxeiros dende o aeroporto de Manas, en Bixkek, ata o aeroporto de Zaragoza, cunha escala no aeroporto de Trebisonda, Turquía. O día 26 de maio de 2003 o Yakovlev Yak-42D que operaba a ruta esnafrouse intentando aterrar en Trebisonda. Debido á densa néboa a tripulación perdeu visibilidade e o avión chocou contra unha montaña preto de Maçka.[1]

Os 13 tripulantes e 62 pasaxeiros morreron no accidente. É o terceiro peor accidente da historia da aviación turca.[2] O avión levaba tropas españolas de volta dende Afganistán.

Accidente

[editar | editar a fonte]

O Yakovlev Yak-42 de UM Airlines era un avión arrendado usado para transportar militares españois despois de pasar catro meses de misión de paz en Afganistán. O seu destino final era o aeroporto de Zaragoza, pero o aparello ía facer unha escala de repostaxe no aeroporto de Trebisonda, en Turquía. O Yak-42 esnafrouse na ladeira dunha montaña preto da cidade de Maçka, a 24 quilómetros de Trebisonda, no seu terceiro intento de aterraxe no medio dunha densa néboa. O piloto dixera que non podía ver a pista; a visibilidade era menor de 10 metros nese momento.[1]

Todos os tripulantes e pasaxeiros morreron no impacto. Os pasaxeiros eran 41 soldados do Exército de Terra e 21 do Exército do Aire de España.[3] O avión tamén transportaba munición, polo que as explosións que se produciron tras o impacto espallaron os restos do avión por unha grande área.[4]

  1. 1,0 1,1 "Turkey air crash kills Spanish troops" (en inglés). 2003-05-26. Consultado o 2019-01-22. 
  2. Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Yakovlev Yak-42D UR-42352 Maçka". aviation-safety.net. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2013. Consultado o 2019-01-22. 
  3. Wilkinson, Isambard (2003-05-26). "75 peacekeepers die in plane crash" (en inglés). ISSN 0307-1235. Consultado o 2019-01-23. 
  4. "UM Airlines Flight 4230" (en inglés). 2018-12-31.