Videodrome
Videodrome | |
---|---|
Ficha técnica | |
Director | David Cronenberg |
Produtor | Claude Héroux Pierre David Victor Solnicki |
Guión | David Cronenberg |
Música | Howard Shore |
Fotografía | Mark Irwin |
Distribuidora | Universal Pictures |
Estrea | 1983 |
Duración | 89 minutos |
Orixe | Canadá |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | 5,9 millóns de USD |
Na rede | |
Videodrome é un filme de ciencia ficción canadense de 1983, escrito e dirixido por David Cronenberg e protagonizado por James Woods, Sonja Smits e Deborah Harry.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Max Renn (James Woods) é dono dunha pequena cadea de televisión por cable de Toronto. Nunha ocasión, chéganlle imaxes nas que a xente parece ser torturada e asasinada. Nun comezo, o sinal semella provir de Malaisia, mais logo descobre que a súa orixe está en Pittsburgh, Pensilvania.
Máis tarde, Max descobre que esta transmisión, chamada Videodrome, é en realidade moito máis ca un programa de televisión morboso: é unha especie de experimento que utiliza transmisións regulares de televisión para alterar permanentemente a percepción dos seus espectadores, causándolles danos no cerebro e alucinacións.
Despois de quedar exposto a estes sinais, Max comeza a experimentar efectos estraños e alucinacións.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Videodrome en Internet Movie Database (en inglés)