Vega (estrela)
Vega é a estrela máis brillante da constelación de Lyra, no hemisferio setentrional. Ten a designación de Bayer α Lyrae, latinizada como Alpha Lyrae e abreviada Alpha Lyr ou α Lyr. Esta estrela está relativamente próxima (só 25 anos luz) do Sol, e xunto con Arcturus e Sirius, é unha das estrelas máis luminosas na veciñanza do Sol. É a quinta estrela máis brillante do ceo nocturno e a segunda máis brillante do hemisferio norte despois de Arcturus.
Vega foi amplamente estudada polos astrónomos, levando a ser denominada "probablemente a segunda estrela máis importante do ceo despois do Sol".[1] Vega foi a Estrela Polar arredor do 12 000 a.C. e volverá selo arredor do ano 13 727, cando a súa declinación sexa +86° 14′. [2] Vega foi a primeira estrela tralo Sol da que se fotografou o seu espectro.[3][4] Foi unha das primeiras estrelas da que se estimou a distancia mediante medidas da paralaxe. Vega serviu como base para calibrar a escala de brillo fotométrico e foi unha das estrelas empregadas para definir o punto cero do sistema fotométrico UBV.
Vega ten só arredor dunha décima parte da idade do Sol, mais é 2,1 veces máis masiva e a súa vida esperada é tamén unha décima parte da do sol; ambas as estrelas están aproximándose á metade da súa esperanza de vida. Vega ten unha presenza infrecuentemente baixa de elementos de número atómico maior ca o helio.[5] Vega é unha estrela variable, cun brillo que varía lixeiramente. Rota rapidamente a unha velocidade de 236 km/s no ecuador. Isto fai que o ecuador se abombe debido aos efectos centrífugos e como consecuencia existe variación de temperatura na fotosfera da estrela que acada o máximo nos polos. Dende a Terra, Vega obsérvase desde a dirección dun destes polos.[6]
Segundo o exceso de emisión de radiación infravermella observada, Vega parece ter un disco circunestelar de po. Este po é probablemente o resultado de colisións entre obxectos nun disco de detritos orbital, análogo ao cinto de Kuiper do Sistema Solar.[7] As estrelas que presentan un exceso de radiación infravermella debido á emisión de po denomínanse estrelas tipo Vega.[8]
Nomenclatura
[editar | editar a fonte]α Lyrae (latinizado como Alpha Lyrae) é a designación de Bayer da estrela. O nome tradicional Vega (anteriormente Wega[9]) procede dunha tradución aproximada da palabra árabe wāqi (árabe: واقع), que significa "caendo" ou "aterrando", a partir da frase an-nasr al-wāqi (árabe: النّسر الْواقع), "a aguia que cae".[10] En 2016, a Unión Astronómica Internacional (IAU) organizou un grupo de de traballo sobre o nome das estrelas (WGSN)[11] para catalogar e estandarizar os nomes apropiados das estrelas. O primeiro boletín do WGSN de xullo de 2016[12] incluíu unha táboa cos primeiros dous grupos de nomes aprobados que incluía Vega para esta estrela.[13]
Observación
[editar | editar a fonte]Vega pode ser vista preto do zénit nas latitudes medias-setentrionais durante o serán no verán boreal.[14] En latitudes medias-meridionais pode verse por riba do horizonte norte durante o inverno austral. Cunha declinación de +38.78°, Vega só pode verse en latitudes ao norte dos 51° S. Polo tanto non é visible en absoluto na Antártida nin na parte máis meridional de Suramérica, incluída Punta Arenas, Chile. En latitudes por riba dos 51° N, Vega permanecer continuamente sobre o horizonte como unha estrela circumpolar. Arredor do 1 de xullo, Vega acada a culminación de medianoite, cando cruza o meridiano.[15]
A estrela é un vértice dun grande asterismo chamado triángulo de verán, formado por Vega e dúas estrelas de primeira magnitude, Altair, en Aquila, e Deneb en Cygnus.[14] Esta formación ten a forma aproximada dun triángulo rectángulo, con Vega situada no ángulo recto. O triángulo de verán é recoñecible nos ceos boreais porque hai poucas estrelas brillantes na súa veciñanza.[16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Gulliver, Austin F.; Hill, Graham; Adelman, Saul J. (1994). "Vega: A rapidly rotating pole-on star". The Astrophysical Journal 429 (2): L81–L84. Bibcode:1994ApJ...429L..81G. doi:10.1086/187418.
- ↑ "Calculation by the Stellarium application version 0.10.2". Consultado o 2009-07-28.
- ↑ Barger, M. Susan; White, William B. (2000) [First published 1991]. The Daguerreotype: Nineteenth-Century Technology and Modern Science. JHU Press. p. 88. ISBN 978-0-8018-6458-2.
- ↑ Barker, George F. (1887). "On the Henry Draper Memorial Photographs of Stellar Spectra". Proceedings of the American Philosophical Society 24: 166–172.
- ↑ Kinman, T.; Castelli, F. (2002). "The determination of Teff for metal-poor A-type stars using V and 2MASS J, H and K magnitudes". Astronomy and Astrophysics 391 (3): 1039–1052. Bibcode:2002A&A...391.1039K. doi:10.1051/0004-6361:20020806.
- ↑ Peterson, D. M.; Hummel, C. A.; Pauls, T. A.; Armstrong, J. T.; Benson, J. A.; Gilbreath, G. C.; Hindsley, R. B.; Hutter, D. J.; Johnston, K. J. (2006). "Vega is a rapidly rotating star". Nature 440 (7086): 896–899. Bibcode:2006Natur.440..896P. PMID 16612375. arXiv:astro-ph/0603520. doi:10.1038/nature04661.
- ↑ Su, K. Y. L.; Rieke, G. H.; Misselt, K. A.; Stansberry, J. A.; Moro-Martin, A.; Stapelfeldt, K. R.; Werner, M. W.; Trilling, D. E.; Bendo, G. J. (2005). "The Vega Debris Disk: A Surprise from Spitzer". The Astrophysical Journal 628 (1): 487–500. Bibcode:2005ApJ...628..487S. arXiv:astro-ph/0504086. doi:10.1086/430819.
- ↑ Song, Inseok; Weinberger, A. J.; Becklin, E. E.; Zuckerman, B.; Chen, C. (2002). "M-Type Vega-like Stars". The Astronomical Journal 124 (1): 514–518. Bibcode:2002AJ....124..514S. arXiv:astro-ph/0204255. doi:10.1086/341164.
- ↑ Allen, Richard Hinckley (1963). Star Names: Their Lore and Meaning. Courier Dover Publications. ISBN 978-0-486-21079-7.
- ↑ Glassé, Cyril (2008). The new encyclopedia of Islam. Reference, Information and Interdisciplinary Subjects Series (3rd ed.). Rowman & Littlefield. p. 75. ISBN 978-0-7425-6296-7.
- ↑ "IAU Working Group on Star Names (WGSN)". International Astronomical Union. Consultado o 22 de maio de 2016.
- ↑ "Bulletin of the IAU Working Group on Star Names, No. 1" (PDF). IAU Division C: Education, Outreach and Heritage (WGSN). xullo de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016.
- ↑ "IAU Catalog of Star Names". IAU Division C: Education, Outreach and Heritage (WGSN). 21 de agosto de 2016. Consultado o 28 de xullo de 2016.
- ↑ 14,0 14,1 Pasachoff, Jay M. (2000). A Field Guide to Stars and Planets (4th ed.). Houghton Mifflin Field Guides. ISBN 978-0-395-93431-9.
- ↑ Burnham, Robert J. R. (1978). Burnham's Celestial Handbook: An Observer's Guide to the Universe Beyond the Solar System 2. Courier Dover Publications. ISBN 978-0-486-23568-4.
- ↑ Upgren, Arthur R. (1998). Night Has a Thousand Eyes: A Naked-Eye Guide to the Sky, Its Science, and Lore. Basic Books. Bibcode:1998nhte.book.....U. ISBN 978-0-306-45790-6.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vega |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "Vega". SolStation. The Sol Company. Consultado o 2005-11-09.
- Gilchrist, Eleanor; Wyatt, Mark; Holland, Wayne; Price, Douglas Pierce; Maddock, Julia (2003-12-01). "New evidence for Solar-like planetary system around nearby star". Joint Astronomy Centre. Arquivado dende o orixinal o 2009-09-23. Consultado o 2007-11-10.
- Hill, Gay Yee; Beasley, Dolores (2005-01-10). "Spitzer Sees Dusty Aftermath of Pluto-Sized Collision". NASA/Spitzer Space Telescope. Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2007. Consultado o 2007-11-02.