Vanua Lava
Vanua Lava | |
---|---|
Localización da illa | |
Situación | |
País | Vanuatu |
Provincia | Torba |
Arquipélago | Illas Banks |
Mar | Océano Pacífico |
Coordenadas | 13°48′S 167°28′L / -13.800, -167.467 |
Xeografía | |
Xeoloxía | Volcánica |
Superficie | 334 km² |
Longura máxima | 24 km. |
Largura máxima | 19 km. |
Punto máis alto | 921 m. Monte Suretamate |
Demografía | |
Capital | Sola |
Poboación | 2.597 hab. (2009) |
Densidade | 7´8 hab./km² hab./km² |
Vanua Lava é a segunda illa máis grande das Illas Banks na provincia de Torba, Vanuatu, logo da un pouco máis grande Gaua. Atópase a uns 120 km ao norte-nordés de Illa Espírito Santo e ao norte de Gaua. Ten unha superficie de 314 km². A súa poboación era de 2.623 en 2009.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa mide uns 25 km de norte a sur e 20 km ao leste a oeste. A illa conta con dous portos naturais, Porto Patteson no leste e Vureas Bay (Vurës) no suroeste. Na illa atópase o Monte Suretamate (tamén escrito Sure Ama, Sürétimiat, 921 m), un volcán activo. A última grande erupción foi en 1965. A maior altitude da illa é de 946 m. Ao leste da illa atópanse os illotes de Kwakea e Ravenga. No lado oeste atópase Waterfall Bay.
A capital da provincia de Torba, Sola, está situado no lado leste da illa, no porto Patteson. Hai un aeroporto alí (IATA código SLH), ó que Air Vanuatu voa tres veces á semana. Hai un camiño á illa, pero poucos vehículos.
Historia
[editar | editar a fonte]Vanua Lava foi avistada por primeira vez polos europeos durante a expedición española de Pedro Fernández de Quirós, desde o 25 ata o 29 de abril de 1606. O nome da illa cartografouse como Portal de Belén.[2]
Vanua Lava foi explorada por primeira vez polo Bispo de Nova Zelandia George Augustus Selwyn en 1859. Os depósitos de xofre do monte Suretamate explotouse anteriormente por unha empresa francesa. A Copra é o principal produto de exportación.
Fálanse cinco linguas en Vanua Lava:[3] Vurës cuns 2.000 falantes, Beira'a e Mwotlap con 500, e dúas linguas moribundas, Mwesen con 10 falantes e Lemerig con só 2 falantes vivos. Todos estes idiomas pertencen ao grupo de linguas orientais de Vanuatu.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Nacional de Estatística Vanuatu (2009). "2009 Censo Nacional de Poboación e Vivenda: Resumo da versión".
- ↑ Kelly, Celsus, O.F.M. La Austrialia del Espíritu Santo. The Journal of Fray Martín de Munilla O.F.M. and other documents relating to the Voyage of Pedro Fernández de Quirós to the South Sea (1605-1606) and the Franciscan Missionary Plan (1617-1627) Cambridge, 1966, p.39, 62.
- ↑ Map of the 17 north Vanuatu languages.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vanua Lava |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Tourist page, including map Arquivado 30 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.