Van Morrison
(2007) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) George Ivan Morrison 31 de agosto de 1945 (79 anos) Belfast, Reino Unido |
Educación | Elmgrove Primary School (en) |
Actividade | |
Ocupación | guitarrista, compositor de cancións, produtor musical, cantautor, artista discográfico, pianista, compositor, cantante, poeta, saxofonista |
Período de actividade | 1958 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Música rock, Fusion, blue-eyed soul e Música celta |
Pseudónimo literario | Van Morrison |
Instrumento | Guitarra, Saxofón, Harmónica, voz, saxofón alto, guitarra acústica, guitarra eléctrica, violão de doze cordas (pt) , teclado e piano |
Selo discográfico | Decca Records Bang Records (1967–) Warner Bros. Records (1968–) Mercury Records (1979–) |
Familia | |
Cónxuxe | Michelle Rocca |
Fillos | Shana Morrison |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Sitio web | vanmorrison.com |
|
Sir George Ivan Morrison, OBE, nado en Belfast o 31 de agosto de 1945,[1] é un cantante e compositor e produtor de discos norteirlandés, expoñente do chamado celtic soul e coñecido como "Van the Man" polos seus fans[2] ten unha carreira musical que, polo de agora, abrangue sete décadas.
Morrison comezou a actuar cando era mozo a finais da década de 1950. Tocou unha variedade de instrumentos como guitarra, harmónica, teclados e saxofón para varias bandas irlandesas, interpretando os éxitos populares daquela época. Nese tempo, foi o saxofonista da banda chamada The Monarchs antes de se converter, a mediados da década de 1960, no cantante principal da banda de rock e R&B de Irlanda do Norte, Them, coa que conseguiu certa notoriedade e coa que gravou o clásico da bandas de garaxe "Gloria"; tema que, posteriormente foi popularizado e versioneado por The Doors, The Shadows of Knight e Patti Smith.[3]
En 1967, comezou en Nova York a súa carreira en solitario co lanzamento dun LP, Blowin' Your Mind, producido por Bert Bens.[4] Trala morte deste, a Warner Bros. Records comprou o contrato de Morrison e permitiulle tres sesións para gravar Astral Weeks (1968).[5] Aínda que nun primeiro momento era un mal vendedor, o álbum pasou a ser considerado un clásico.[6] En 1970, o novo disco, Moondance, elevou a Morrison á categoría de artista importante,[7] e foi ao longo desa década cando construíu a súa reputación cunha feixe de álbums e actuacións en directo que foron moi aclamadas.
Gran parte da música de Morrison estrutúrase arredor das convencións da música soul e do R&B. Outra boa do seu catálogo está formada por longas viaxes musicais de inspiración espiritual que amosan a influencia da tradición celta, o jazz e a narrativa fluída da conciencia, como o álbum Astral Weeks.[4][8] As dúas cepas xuntas, ás veces, denomínanse "soul celta".[9] As súas actuacións en directo foron descritas como "transcendentais" e "inspiradas",[10][11] e a súa música como acadando "unha especie de transcendencia violenta".[12]
Os álbums de Morrison tiveron un éxito importante en Irlanda e no Reino Unido, con máis de 40 que alcanzaron o top 40 do Reino Unido. Co lanzamento de Latest Record Project, Volume 1, logrou os dez mellores álbums no Reino Unido en catro décadas consecutivas.[13] Dezaoito dos seus álbums alcanzaron o top 40 dos Estados Unidos, doce deles entre 1997 e 2017.[14] Recibiu dous premios Grammy e sete nomeamentos,[15] o Brit Award de 1994 á súa contribución excepcional á música, o Americana Music Lifetime Achievement Award de 2017 á composición de cancións e foi incluído tanto no Rock and Roll Hall of Fame como no Songwriters Hall of Fame. En 2016, foi nomeado Sir polos servizos á industria musical e ao turismo en Irlanda do Norte.[2][16]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dedicouse desde moi cedo á música porque o seu pai coleccionaba discos de jazz, e a nai era cantante. Colleu notoriedade á fronte dos Them, banda formada en 1964, e coa cal obtivo unha serie de éxitos. Morrison comezou a ficar triste debido á grande utilización de músicos de estudio por parte da banda e abandonou o grupo despois dunha xira polos EUA en 1966. Regresou a Belfast coa intención de deixar o mundo da música, máis o produtor Bert Berns convenceuno para regresar a Nova York e gravar só. Destas primeiras sesións de gravación saíu unha das súas cancións máis coñecidas, "Brown eyed girl".
En 1968 é editado Astral Weeks, considerado por moitos o seu mellor traballo, moi aclamado pola crítica, máis sen ter moita aceptación por parte do público.
Morrison xeralmente amosa desdén polas opinións da prensa e da crítica. O seu traballo é serio, moitas veces de natureza espiritual, combinando elementos do jazz, R&B e música celta.
En 1990 participou no espectáculo de Roger Waters, The Wall en Berlín, con outros convidados, entre os cales se atopaban Bryan Adams e Scorpions.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Blowin' Your Mind (1967)
- Astral Weeks (1968)
- Moondance (1970)
- His Band and the Street Choir (1970)
- Tupelo Honey (1971)
- Saint Dominic's Preview (1972)
- Hard Nose the Highway (1973)
- It's Too Late to Stop Now (1974)
- Veedon Fleece (1974)
- A Period of Transition (1977)
- Wavelength (1978)
- Into the Music (1979)
- Common One (1980)
- Beautiful Vision (1982)
- Inarticulate Speech of the Heart (1983)
- A Sense of Wonder (1985)
- No Guru, No Method, No Teacher (1986)
- Poetic Champions Compose (1987)
- Irish Heartbeat (1988)
- Avalon Sunset (1989)
- Enlightenment (1990)
- Hymns to the Silence (1991)
- Too Long in Exile (1993)
- A Night in San Francisco (1994)
- Days Like This (1995)
- How Long Has This Been Going On (1996)
- Tell Me Something: The Songs of Mose Allison (1996)
- The Healing Game (1997)
- Back on Top (1999)
- The Skiffle Sessions - Live In Belfast 1998 (2000; con Lonnie Donegan)
- You Win Again (2000)
- Down the Road - 2002
- What's Wrong with this Picture? - 2003
- Magic Time - 2005
- Pay the Devil - 2006
- Keep It Simple - 2008
- Born to Sing: No Plan B - 2012
- Duets: Re-working the Catalogue - 2015
- Keep Me Singing - 2016
- Roll with the Punches (2017)
- Versatile (2017)
- You're Driving Me Crazy (2018)
- The Prophet Speaks (2018)
- Three Chords & the Truth (2019)
- Latest Record Project, Volume 1 (2021)
- What's It Gonna Take? (2022)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ankeny, Jason. "Biografía". allmusic.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Redacción (4 de febreiro de 2016). "Sir Van Morrison overjoyed at receiving knighthood". bbc.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ "Gloria: In Excelsis Deo by Patti Smith". songfacts.com (en inglés). Consultado o 4 de decembro de 2021.
- ↑ 4,0 4,1 "Van Morrison. biography". songwritershalloffame.org (en inglés). 2003. Archived from the original on 13 de marzo de 2016. Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ Turner (1993). pp. 86 – 90
- ↑ Redacción (13 de outubro de 2020). "Van Morrison: Astral Weeks". bbc.co.uk (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ Eskow, Gary (1 de abril de 2005). "Van Morrison's "Moondance"". mixonline.com (en inglés). Archived from the original on 19 de abril de 2005. Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ "VAN MORRISON". musthear.com (en inglés). 30 de maio de 2001. Archived from the original on 30 de maio de 2001. Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ Light, Alan (13 de novembro de 2006). "The All-TIME 100 Albums". time.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2010. Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ Selvin, Joel (4 de maio de 2009). "Van Morrison's transcendent 'Astral' at Greek". sfgate.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ Colt (2002), pp. 104-105
- ↑ Hale, James (abril 2019). "Van Morrison: "The Healing Game (Deluxe Edition)"". soundstagexperience.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ "Van Morrison". officialcharts.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ "Van Morrison". billboard.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ "Van Morrison". grammy.com (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021.
- ↑ Rayner, Gordon (12 de xuño de 2015). "Queen's Birthday Honours: Van Morrison knighted". telegraph.co.uk (en inglés). Consultado o 3 de decembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Van Morrison |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Colt, Jonathan (2002). Back to a shadow in the night (en inglés). Milwaukee, WI: Hal Leonard Corporation. ISBN 9780634035968.
- Turner, Steve (1993). Van Morrison: Too Late to Stop Now (en inglés). Nova York: Viking Penguin. ISBN 978-0670851478.