Valença, Portugal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2015.) |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Viana do Castelo | |||
Contén a división administrativa | Boivão (pt) Cerdal (pt) Fontoura (pt) Friestas (pt) Gandra e Taião (pt) Ganfei (pt) Gondomil e Sanfins (pt) São Julião e Silva (pt) São Pedro da Torre (pt) Unión das Freguesías de Valença Verdoejo (pt) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 14.127 (2011) (120,74 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 117 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Santo padrón | São Teotónio (pt) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 4930 | |||
Fuso horario | ||||
Páxina web | cm-valenca.pt |
Valença, tamén coñecida como Valença do Miño[1] (Valença do Minho en portugués), é un concello portugués do distrito de Viana do Castelo, dentro da Região Norte e subrexión do Minho-Lima.
O concello abrangue 117,43 km² de área e 14.127 habitantes (2011), subdividido en dezaseis freguesías. Linda polo leste co municipio de Monção, polo sur con Paredes de Coura, polo oeste con Vila Nova de Cerveira e ao noroeste e norte únese a Tui a través do río Miño.
Dende o 10 de febreiro de 2012, forma coa cidade galega de Tui unha eurocidade, como mostra de cooperación e integración dos dous concellos, separados tan só polo río Miño.
Historia
[editar | editar a fonte]Valença ten orixes moi remotas. A súa ocupación remonta a épocas moi recuadas: os gravados rupestres que se poden observar en determinados lugares de certas freguesías son proba irrefutábel dunha ocupación afastada no tempo. As Inquirições de D. Afonso III tamén fan alusión a edificacións do tipo dolménico no concello de Valença.[2]
Procedentes das máis variadas orixes, indoeuropeas, mediterráneas e africanas, foron acudindo á rexión varios pobos atraídos pola abundancia de caza e da pesca, pola fertilidade do solo, polas serras acantiladas permitindo a defensa contra as doutras tribos como os ligures, os grovios e os celtas.
Un marco moi importante para a historia de Valença foi o paso de Décimo Xunio Bruto Galaico, no 137 a.C. que, após cruzar o río Limia, conduciu as súas tropas até o Río Miño, tendo acampado na freguesía de Gandra. No tempo do Emperador Augusto comezáronse a definir pequenas fortalezas nos Castri. Era este o caso do castellum de Valença, situado sobre o río Miño.
Aos romanos os sucederon os Suevos que penetraron na Galiza pola bacía do Douro, a mediados do século V. O mesmo aconteceu cos Godos: o famoso Vitiza estableceu a súa residencia real na cidade de Tui, tendo as ruínas dese pazo perdurado até o século XVIII. Na rexión valenciana son moi frecuentes os topónimos de orixe xermánica, que derivan destes tempos.
A primeira invasión árabe data do ano 716, Abd al-Aziz ibn Musa entra na Lusitania cun numeroso exército, tomando Porto, Braga e Tui, que apenas foi liberada no ano 736 por Afonso I de Asturias. O ano 997 trouxo as peores consecuencias para a Galiza e a Rexión de Miño, cando Almanzor, no seu camiño a Santiago de Compostela, destruíu todo ao seu paso, incluíndo o Mosteiro de Ganfei.
Repoboouse no século XIII tras recibir carta foral do rei Sancho II de Portugal, e chamouse Contrasta, co significado de "vila oposta a outra" (Tui neste caso). Recibiu o nome actual en 1262 por orde de Afonso III de Portugal.
Naceu aquí san Teotonio, o primeiro santo portugués, hoxe padroeiro desta cidade, e que foi un dos principais aliados de Afonso Henriques na altura en que este proclamou a independencia de Portugal.
Foi elevada ao título de cidade o 12 de xuño de 2009.[3]
Demografía
[editar | editar a fonte]A evolución demográfica entre 1801 a 2011:[4]
Evolución demográfica | ||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1801 | 1849 | 1900 | 1930 | 1960 | 1981 | 1991 | 2001 | 2004 | 2009 | 2011 |
9.242 | 13.984 | 15.265 | 16.034 | 16.237 | 13.948 | 14.815 | 14.187 | 14.284 | 14.295 | 14.127 |
Freguesías
[editar | editar a fonte]As freguesías de Valença son:
- Boivão
- Cerdal
- Fontoura
- Friestas
- Unión das Freguesías de Gandra e Taião
- Ganfei
- Unión das Freguesías de Gondomil e Sanfins
- São Julião
- São Pedro da Torre
- Silva
- Unión das Freguesías de Valença, Cristelo Covo e Arão
- Verdoejo
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Monumentos
[editar | editar a fonte]- Fortaleza de Valença
- Convento de Ganfei
- Convento de Mosteiró
- Convento de Sanfins/Friestas
- Igrexa da Misericórdia de Valença
- Igrexa de Santa Maria dos Anjos
- Igrexa Matriz de Valença
- Ponte Vella Internacional Tui-Valença
Espazos naturais
[editar | editar a fonte]O concello de Valença ten 13 espazos naturais:[5]
|
|
Museos
[editar | editar a fonte]En Valença existe unha Rede Museolóxica, creada para promover o patrimonio, proporcionando cultura en todas as súas vertentes.[6]
Na actualidade, o concello de Valença ten cinco museos:
|
|
|
Enoturismo
[editar | editar a fonte]Valença conta cunha rede de enoturismo que consta de tres adegas: Adega Edmun do Val, Adega Rolan e Adega J Barbosa e Herdeiros, nos que os turistas poden hospedarse, facer catas e gozar da paisaxe vitivinícola.[7]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O castelo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "#DígochoEu Aprende os principais topónimos de Portugal en galego". Consultado o 2022-08-16.
- ↑ "Historia de Valença". Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2015.
- ↑ Público. "Portugal tem cinco novas cidades e 22 vilas". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2009. Consultado o 2009-6-12.
- ↑ "Census de 1991, 2001 e Território em números de 2004".
- ↑ "Turismo - Espaços Naturais". Consultado o 1 de agosto de 2015.[Ligazón morta]
- ↑ "Museus de Valença". Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2015. Consultado o 1 de agosto de 2015.
- ↑ "Enoturismo en Valença". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2019. Consultado o 1 de agosto de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Valença, Portugal |