Saltar ao contido

Universidade de Oviedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade de Oviedo
"Sigillum Regiae Universitatis Ovetensis"
Datos xerais
LocalizaciónOviedo, Xixón e Mieres
Datos actuais
ReitorSantiago García Granda
Alumnos27.284 (Curso 2009-2010)
Datos de contacto
EnderezoRúa de San Francisco Nº 4
Oviedo, Asturias
Páxina webwww.uniovi.es
Facebook: UniversidadOviedo Twitter: uniovi_info BNE: XX253842 Dialnet: 255315 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Oviedo (en asturiano: Universidá d'Uviéu) é unha universidade pública situada en Oviedo, Principado de Asturias (España), con campus en Oviedo, Xixón e Mieres. É a única universidade da comunidade autónoma, onde non existen universidades privadas. O orzamento para o ano 2010 é de 210 millóns de euros .[1]

Foi unha das dez universidades de España durante o século XIX. No curso 2009-10 conta con 27.284 alumnos e 2.154 profesores.[2]

A Universidade de Oviedo é membro fundador do Grupo 9 de Universidades (G9) españolas, creado en 1997 co obxectivo de promover a colaboración entre as institucións universitarias que o integran, tanto no que respecta ás actividades docentes e investigadoras como ás de xestión e servizos.

Facultades e escolas

[editar | editar a fonte]
Facultade / Escola Fundación Alumnos Campus
Escola Politécnica de Enxeñería de Xixón 1888 4.769 Xixón
Facultade de Economía e Empresa 1908 3.844 El Cristo
Facultade de Filosofía e Letras 1892 1.973 El Milán
Facultade de Dereito 1608 1.914 El Cristo
Facultade de Formación do Profesorado e Educación 1845 1.826 Llamaquique
Facultade de Medicina e Ciencias da Saúde 1968 1.574 El Cristo
Escola Politécnica de Mieres 1855 1.304 Mieres
Facultade de Comercio, Turismo e Ciencias Sociais Jovellanos 1899 1.279 Xixón
Facultade de Bioloxía 1961 918 El Cristo
Facultade de Química 1848 795 El Cristo
Facultade de Psicoloxía 1991 759 Oviedo Centro
Escola de Enxeñería Informática 1982 518 Los Catalanes
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Minas 1959 329 Oviedo Centro
Facultade de Ciencias 1990 310 Llamaquique
Escola Superior da Mariña Civil 1990 281 Xixón
Facultade de Xeoloxía 1958 177 Llamaquique

Centros adscritos

[editar | editar a fonte]
  • Escola Universitaria de Enfermería de Cabueñes de Xixón
  • Escola Universitaria Padre Enrique Ossó
  • Escola Universitaria de Turismo de Asturias

Institutos universitarios

[editar | editar a fonte]
  • Instituto Universitario da Empresa
  • Instituto Universitario de Tecnoloxía Industrial de Asturias (IUTA)
  • Instituto Universitario de Oncoloxía
  • Instituto Feijoo de Estudos do Século XVIII
  • Instituto de Recursos Naturais e Ordenación do Territorio (INDUROT)
  • Centro de Intelixencia Artificial
  • Centro de Cooperación e Desenvolvemento Territorial (CECODET)
  • Instituto Universitario de Biotecnoloxía de Asturias (IUBA)
  • Instituto de Ciencias da Educación
  • Instituto de Química Organometálica "Enrique Moles"

Colexios maiores e residencias

[editar | editar a fonte]
  • Colexio Maior San Gregorio (Oviedo)
  • Colexio Maior América (Oviedo)
  • Residencia Universitaria para profesores Rafael Altamira (Oviedo)
  • Residencia Universitaria de Mieres
Escudos labrados na fachada do edificio histórico da Universidade na rúa San Francisco de Oviedo.

Edificios de interese

[editar | editar a fonte]
  • Edificio Histórico. O edificio está situado na rúa San Francisco de Oviedo.
  • Edificio Valdés Salas.
  1. www.lavozdeasturias.es Arquivado 19 de xullo de 2009 en Wayback Machine. A Voz de Asturias 16-07-2009 (en castelán)
  2. www.universidad.es Arquivado 30 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Fundación Universidade (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]