Saltar ao contido

Universidade de Islandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
University of Iceland
Háskóli Íslands
Datos xerais
LocalizaciónReykjavik, Islandia
Fundación1911
Datos actuais
ReitorJón Atli Benediktsson
Alumnos14,167 (2023) [1]
Datos de contacto
Páxina webenglish.hi.is
Facebook: HaskoliIslands Twitter: Haskoli_Islands Instagram: haskoli_islands Dialnet: 3856781 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Islandia (islandés: Háskóli Íslands) é unha universidade pública situada en Reykjavik, capital de Islandia, a máis grande e antiga institución de educación superior do país. Fundada en 1911 como unha pequena escola de funcionarios, converteuse nunha universidade moderna con investigación e docencia nos eidos das ciencias sociais, as humanidades, o dereito, a medicina, as ciencias naturais, a enxeñaría ou a pedagoxía. O seu campus está localizado no centro de Reykjavik, con outras facultades en áreas próximas e tamén en rexións rurais.

A Universidade de Islandia foi fundada polo Alþingi o 17 de xuño de 1911, unificando tres institucións previas: a Prestaskólinn, a Læknaskólinn e mais a Lagaskólinn, centradas nos campos da teoloxía, a medicina e o dereito, respectivamente. Xa que logo, nas súas orixes a universidade só posuía facultades para estas tres disciplinas, xunto con outra de humanidades. Durante o seu primeiro ano de existencia, só contaba con 45 estudantes. O primeiro reitor foi Björn M. Ólsen, catedrático da facultade de humanidades.[2]

  1. "Facts and Figures". Consultado o July 10, 2023. 
  2. Halfdanarson, Gudmundur. "University of Iceland A Citizen of the Respublica Scientiarum".