Saltar ao contido

Universidade da Columbia Británica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universidade da Columbia Británica
Datos xerais
Datos actuais
Datos de contacto
Facebook: universityofbc Twitter: ubc Instagram: universityofbc Dialnet: 1781957 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade da Columbia Británica (en inglés : University of British Columbia, de aí o acrónimo UBC, en francés : Université de la Colombie-Britannique) é unha universidade pública canadense.

Fundada en 1908 [1], a UBC é a institución de ensino superior máis antiga da provincia da Columbia Británica .

Estrutura

[editar | editar a fonte]

A Universidade da Columbia Británica consta de dous campus diferentes: o principal, situado en Vancouver (en inglés: University of British Columbia, Vancouver - UBCV ) e o secundario (en inglés: University of British Columbia, Okanagan - UBCO ) situado en Kelowna. O campus está situado aproximadamente a dez quilómetros ao oeste do centro de Vancouver, ao que está conectado por unha extensa rede de transporte público.

Hai dous colexios universitarios no campus de Vancouver, Green College e St. John's College.

A súa parte sur alberga TRIUMF, o Laboratorio Nacional de Física de Partículas e Física Nuclear de Canadá. TRIUMF é o fogar do ciclotrón máis grande do mundo [2], tamén usado para a produción de isótopos con fins médicos.

Bibliotecas

[editar | editar a fonte]

O sistema de bibliotecas da universidade é unha das maiores coleccións do Canadá, aloxada en vinte e unha bibliotecas e salas de lectura[3].

Outros edificios

[editar | editar a fonte]

Outras instalacións importantes da universidade son o teatro Chan Center for the Performing Arts, o Xardín Botánico da UBC e o Museo de Antropoloxía da Universidade da Columbia Británica.

Comunicacións

[editar | editar a fonte]

A universidade publica o semanario The Ubyssey [4], fundado en 1918 e editado por estudantes; tamén conta cunha emisora de radio, CITR-FM, activa desde 1937[5].

  1. "Early Days of UBC Mirrored Province’s Boom and Bust Cycles" (en inglés). 2008-06-05. Arquivado dende o orixinal o 25 de xaneiro de 2021. Consultado o 24 de abril de 2022. 
  2. "TRIUMF Backgrounder". www.triumf.ca/home/about-triumf/about-us/faq-about-triumf (en inglés). Consultado o 24-4-2022. 
  3. "About-us ; overview". collections.library.ubc.ca (en inglés). 
  4. "about". www.ubyssey.ca. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2020. Consultado o 24 de abril de 2022. 
  5. "Icecast Streaming Media Server". www.citr.ca. Consultado o 2022-04-24. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]