Saltar ao contido

Universidade Rovira i Virgili

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Universitat Rovira i Virgili
Reitorado da URV
Datos xerais
LocalizaciónCataluña Tarragona
Datos actuais
ReitorMaría José Figueres
Datos de contacto
EnderezoC/ de l'Escorxador, s/n
Páxina webwww.urv.cat
Facebook: universitatURV Twitter: universitatURV Instagram: universitaturv BNE: XX138023 Dialnet: 819110 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Edificio do Reitorado.

A Universidade Rovira i Virgili (en catalán e oficialmente: Universitat Rovira i Virgili), coñecida co acrónimo URV, é unha institución pública de ensino superior de Cataluña con centros en Tarragona, Reus, Vila-seca, Tortosa e El Vendrell, que ten como obxectivos prioritarios a docencia e a investigación.

Foi recoñecida como Campus de Excelencia Internacional Cataluña Sur (CEICS) polo Ministerio de Educación. Isto supón a consolidación da agregación estratéxica das diversas entidades e estruturas de docencia, investigación, transferencia de coñecemento e o sector produtivo do sur de Cataluña co obxectivo de converterse nun referente internacional nos ámbitos da Química e a Enerxía, a Nutrición e a Saúde, o Turismo, a Enoloxía, así como o Patrimonio e a Cultura.

Campus e centros

[editar | editar a fonte]

A Universidade Rovira i Virgili ten seis campus que aloxan as sete facultades, as tres escolas técnicas superiores e as dúas escolas universitarias, máis unha sede no Baix Penedès.

  • Campus Cataluña: no centro da cidade de Tarragona.
    • Facultade de Letras
    • Facultade de Ciencias Xurídicas
    • Escola Universitaria de Enfermería
  • Campus Sescelades: no norte da cidade de Tarragona.
    • Facultade de Ciencias da Educación e Psicoloxía
    • Facultade de Química
    • Facultade de Enoloxía
    • Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE)
    • Escola Técnica Superior de Enxeñería Química (ETSEQ)
  • Campus Vapor Nou: no centro da cidade de Reus.
    • Facultade de Medicina e Ciencias da Saúde
  • Campus Bellisens: no leste da cidade de Reus.
    • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
    • Escola Técnica Superior de Arquitectura de Reus (ETSAR) prepara e expide o título de Arquitecto, así como doutoramentos e masters de posgrao. Creouse en 1991 e é a única escola de arquitectura da provincia de Tarragona. O centro está situado no Campus Bellisens de Reus.
  • Campus Vila-seca: en Vila-seca.
    • Escola Universitaria de Turismo e Lecer - Vila-seca
  • Campus Terres de l'Ebre: en Tortosa.
    • Impártense estudos de Grao de Enfermería, de Administración e Dirección de Empresas, de Educación Infantil e de Educación Primaria.
  • Sede do Baix Penedès: en El Vendrell.
    • Impártense estudos de Grao de Enfermería e de Educación Infantil.

Centros adscritos

[editar | editar a fonte]
  • Centro de Estudos Superiores de Aviación (CESDA) - Reus
  • Escola Universitaria da Saúde e o Deporte (EUSES) - Tortosa

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]