Saltar ao contido

Unión Renovadora Asturiana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Unión Renovadora Asturiana
Logo
AcrónimoURAS
Tipopartido político
IdeoloxíaNacionalismo asturiano
Data de fundación2 de decembro de 1998
Presidente/aJavier López Alonso (en) Traducir (-) Editar o valor en Wikidata
Secretario/aFernando Expósito Venayas
SedeOviedo
PaísEspaña
editar datos en Wikidata ]

A Unión Renovadora Asturiana (URAS) é un partido político asturianista de centro de Asturias. Foi fundado o 2 de decembro de 1998 por Sergio Marqués cando era Presidente do Principado de Asturias, como consecuencia das diferenzas de criterio do que por aquelas era o seu partido, o Partido Popular asturiano. Debido a isto, gobernou en minoría até a fin da súa lexislatura en 1999.

Nas eleccións municipais e autonómicas de 1999 converteuse na cuarta forza política asturiana. Obtivo 44.261 votos (7,2%) nos comicios autonómicos, o que se traduciu en 3 deputados na Xunta Xeral do Principado (2 pola circunscrición central, Sergio Marqués e Leonardo Verdín; e 1 pola occidental, Juan Carlos Guerrero) e 36.036 votos (5,9%) nas municipais, o que se traduciu en 83 concelleiros.

Con todo, moitos dos seus dirixentes foron retornando ás filas do PP, e nas eleccións do 2003, non conseguiu representación autonómica na Xunta Xeral do Principado e reduciu a súa representación municipal a 29 concelleiros.

URAS formalizou unha coalición co Partíu Asturianista para as eleccións locais e autonómicas de 2007, baixo o nome de Unión Asturianista. A presidencia da coalición sería rotativa, comezando por Sergio Marqués. Nas eleccións locais, a coalición obtivo 11.527 votos (1,95%) e 11 concelleiros. Nas autonómicas 13.338 votos (2,2%), sen conseguir ningún escano, faltándolle 2.736 votos para alcanzalo na circunscrición central de Asturias.

En novembro de 2007 Sergio Marqués anunciou a súa retirada da presidencia do partido e nun congreso ordinario Javier López Alonso (até entón vicesecretario da Circunscrición Central e presidente local de Siero) foi elixido presidente.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]