Saltar ao contido

Un chien andalou

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un chien andalou
Ficha técnica
Título orixinalUn chien andalou
DirectorLuis Buñuel
GuiónLuis Buñuel
Salvador Dalí
IntérpretesSimone Mareuil
Paul Batcheff
FotografíaAlbert Duverger
Jimmy Berliet
MontaxeLuis Buñuel
Estrea6 de xuño de 1929
Duración16 minutos
Orixe Francia
Na rede
IMDB: tt0020530 Filmaffinity: 517983 Allocine: 1996 Rottentomatoes: m/un_chien_andalou Allmovie: v51646 TCM: 490554 TV.com: movies/un-chien-andalou Netlix: 60000602 Editar o valor en Wikidata

Un chien andalou é unha curtametraxe surrealista muda dirixida por Luis Buñuel en 1929, baseada nun guión do propio Buñuel e de Salvador Dalí.

A película comeza co rótulo «Era unha vez». Un home (Luis Buñuel) afía unha navalla de afeitar mentres mira como unha nube atravesa a lúa. Da mesma forma, o home corta un ollo dunha muller.

«Oito anos despois». Un ciclista pedalea pola rúa. A muller deixa caer o libro que estaba a ler e o ciclista cae. No cuarto coloca a roupa do ciclista na cama mentres da man do home xorden formigas.

«Cara ás tres da madrugada». Un home castiga a outro contra a parede con libros na man. A muller entra no cuarto e ve unha bolboreta Acherontia atropos.

«En primavera». Nunha paisaxe deserta o home e a muller están enterrados ata o peito, segundo o guión orixinal: «cegos, cos vestidos esgazados, devorados polos raios do sol e un enxame de insectos».[1]

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  • Simone Mareuil como Moza
  • Pierre Batcheff como Home

Os actores non acreditados son:

  • Luis Buñuel
  • Salvador Dalí
  • Robert Hommet
  • Marval
  • Fano Messan
  • Jaume Miravitlles

En 1960 Buñuel engadiu unha banda sonora composta por unha peza de Tristan und Isolde, de Richard Wagner e dous tangos arxentinos.

Influencia posterior

[editar | editar a fonte]

Alfred Hitchcock incluíu no seu filme Spellbound (1945) unha escena onírica creada por Dalí na que se homenaxeaba a este filme cun ollo pintado nunhas cortinas. David Bowie tamén proxectaba esta escena na súa xira de 1976. O título é referenciado na canción "Debaser" de Pixies.

No cartel da película O silencio dos cordeiros (1991), de Jonathan Demme, utilizouse a imaxe de Un chien andalou da bolboreta Acherontia atropos, cuxo tórax aseméllase a unha caveira humana.

  1. Sánchez Vidal, Agustín (1993). El mundo de Luis Buñuel (en castelán). ISBN 84-88305-09-5. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]