Saltar ao contido

Tyra Banks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTyra Banks

(2020) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Tyra Lynne Banks Editar o valor en Wikidata
4 de decembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Inglewood, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBanX Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónImmaculate Heart High School (en) Traducir (–1991)
The Groundlings
John Burroughs Middle School (en) Traducir
Walsh University (en) Traducir
Harvard Business School (pt) Traducir
Loyola Marymount University (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura178 cm Editar o valor en Wikidata
Peso73 kg Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosVerde Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo castaño Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema, empresaria, cantante, produtora de televisión, presentador de concursos, actriz de televisión, emprendedora, actriz, modelo, presentadora de televisión, presentadora de programa de entrevistas Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1991 Editar o valor en Wikidata -
RepresentanteElite Model Management (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteNotable Black American Women, (vol:3) Editar o valor en Wikidata
Páxina webtyra.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0004723 Allocine: 37813 Rottentomatoes: celebrity/tyra_banks Allmovie: p195112 TV.com: people/tyra-banks
Facebook: TyraBanks Twitter: tyrabanks Instagram: tyrabanks Youtube: UCuYO3G1u7GB6JKJVN3WZ53g TikTok: tyrabanks BNE: XX1163585 Spotify: 2qRCCNXQcF3aZofRrCPozH Musicbrainz: 9fe02a7c-a907-467b-b055-9d122bae3cef Discogs: 1156372 WikiTree: Banks-2312 Editar o valor en Wikidata

Tyra Lynne Banks, nada en Inglewood (California) o 4 de decembro de 1973, tamén coñecida como BanX,[1][2] é unha personalidade televisiva, produtora, empresaria, actriz, escritora, modelo e cantante ocasional estadounidense. Comezou a súa carreira aos quince anos e foi a primeira muller de orixe afroamericana que apareceu nas portadas de GQ e do número de bañadores de Sports Illustrated, en que apareceu dúas veces. Foi un anxo de Victoria's Secret entre 1997 e 2005. A principios do século XXi, Banks era unha das modelos mellor pagadas do mundo.

Banks comezou a aparacer na televisión en 1993 en O príncipe de Bel-Air, e debutou no cinema en Higher Learning en 1995. En 2000 tivo papeis máis importantes como en Life-Size, de Disney Channel e Zoe no éxito Coyote Ugly. Tamén apareceu con pequenos papeis no filme romántico Love & Basketball (2000) e no filme de terror Halloween: Resurrection (2002), ademais de aparecer nas series de televisión Gossip Girl e Glee.[3][4]

En 2003, Banks creou a serie de telerrealidade America's Next Top Model, da que foi produtora executiva e presentou durante as primeiras vinte e dúas temporadas, ata a súa cancelación en outubro de 2015. Permaneceu como produtora executiva na volta da serie e escolleu a Rita Ora como presentadora da vixésima terceira tempada, antes de reasumir a presentación na vinte e catro. Banks foi cocreadora de True Beauty, e tivo o seu propio talk show, The Tyra Banks Show, que se emitiu en The CW durante cinco tempadas e gañou dous premios Daytime Emmy ao mellor talk show de información. En 2017, substituíu a Nick Cannon como presentadora de America's Got Talent.[5]

En 2010, publicou unha novela para mozos adultos titulada Modelland, baseada na súa vida como modelo, que encabezou a lista de best sellers de The New York Times en 2011. Banks é unha das catro afroamericanos e sete mulleres que lideraron en varias ocasións a lista de xente máis influente do mundo da revista Time.[6][7] Tamén é unha das dezasete modelos que foi considerada supermodelo lendaria por MODELS.com.[8]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Banks saíu co fotógrafo noruegués Erik Asla na década de 2010, e en xaneiro de 2016 tiveron un fillo mediante xestación surrogada.[9] Banks afirma que tende a evitar beber alcol e que nunca empregou drogas recreativas.[10]

Banks falou sobre relacións abusivas no seu pasado. En 2005, preguntada polo seu historial de relacións, indicou, "non empregarei unha morea de nomes do programa, mais unha relación específica non só tivo enganos, senón abuso emocional. Foi realmente mala, mais fíxome forte".[11] En 2009, falou sobre as súas relacións pasadas cando apareceu como invitada en The Oprah Winfrey Show, xunto con Oprah Winfrey. O programa estaba dedicado á violencia nas citas en resposta ao asalto a Rihanna por Chris Brown.[12][13][14]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
Ano Título Personaxe Notas
1995 Higher Learning Deja
1999 Love Stinks Holly Garnett
1999 Apartment Complex, TheThe Apartment Complex Ela mesma Telefilme
2000 Love & Basketball Kyra Kessler
2000 Life-Size Eve Telefilme
2000 Coyote Ugly Zoe
2002 Halloween: Resurrection Nora Winston
2002 Eight Crazy Nights Victoria's Secret gown Voz
2004 Larceny Ela mesma
2007 Mr. Woodcock Ela mesma Cameo
2008 Tropic Thunder Ela mesma Cameo
2018 Life-Size 2 Eve Telefilme
  1. "Why Tyra Banks Will Now Go by 'BanX': The Model Explains Her Name Makeover as She Comes Out of Retirement for SI Swim". PEOPLE.com (en inglés). Consultado o 14 de maio de 2019. 
  2. CNN, Lisa Respers France. "Tyra Banks is now 'BanX'". CNN. Consultado o 14 de maio de 2019. 
  3. "Hilary Duff, Tyra Banks appear in same episode of 'Gossip Girl'". New York Daily News. 2 de outubro de 2009. Consultado o 20 de xaneiro de 2019. 
  4. "'Glee': Tyra Banks Is Fierce And Hyper-Critical As A Modeling Agent (VIDEO)". huffingtonpost.com. Consultado o 20 de xaneiro de 2019. 
  5. "'America's Got Talent' Sets Tyra Banks As New Host For Season 12". Deadline. 12 de marzo de 2017. Consultado o 12 de marzo de 2017. 
  6. Garrett Stodghill, Alexis (25 de abril de 2012). "Time 100 Gala 2012: Black stars shine at party honoring world's top influencers". thegrio.com. Consultado o 20 de xullo de 2012. 
  7. "Tyra Banks: Biography". Movies.yahoo.com. Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2013. Consultado o 25 de marzo de 2015. 
  8. "MODELS.com's Legends". MODELS.com. Consultado o 4 de abril de 2019. 
  9. Moms & Babies (27 de xaneiro de 2016). "Tyra Banks Welcomes Son York". People (Estados Unidos). Time Inc. Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 27 de xaneiro de 2016. 
  10. "Tyra Banks' sexy drink". www.femalefirst.co.uk. 1 de xuño de 2007. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2007. Consultado o 20 de abril de 2017. I've never had any drugs and I had a little taste of alcohol when I was 12-years-old, but that's about it 
  11. Cruz, Clarissa (26 de agosto de 2005). "Looker Who's Talking". www.ew.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2013. Consultado o 1 de agosto de 2012. 
  12. "Breaking the Dating Violence Cycle". Oprah.com. Consultado o 1 de agosto de 2012. 
  13. Morrissey, Tracie Egan (12 de marzo de 2009). "Oprah: Tyra Banks Opens Up About Abusive Ex-Boyfriend". Jezebel.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de marzo de 2012. Consultado o 1 de agosto de 2012. 
  14. "Tyra Banks tells Oprah of her own abuse". cnn. 19 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2010. Consultado o 1 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]