Saltar ao contido

Turquesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Turquesa
Turquesa puída
Fórmula químicaCuAl6(OH)8(PO4)4·4H2O
ClaseFosfatos
Sistema cristalinoTriclínico
CorAzul, turquesa e verde
BrilloResinoso
Dureza5-6
FracturaConcoidea
ExfoliaciónInexistente
RaiaBranca
Densidade2,6-2,8 g/cm3

A turquesa (do francés pierre turquoise, pedra turca) é un mineral da clase dos fosfatos cuxa fórmula química é CuAl6(OH)8(PO4)4·4H2O e que presenta unha cor turquesa moi característica.

A turquesa adoita aparecer en forma de agregados amorfos e masivos e rara vez se presenta en forma de cristais. A súa coloración vai da azul á verde pasando pola turquesa, a súa cor máis característica.

Lugares onde se atopa

[editar | editar a fonte]

É frecuente atopar turquesa enchendo os buracos e fisuras das rochas ricas en aluminio, sobre todo se interveñen no proceso de formación solucións fosfatadas. A turquesa asóciase en ocasións coa limonita e o cuarzo criptocristalino.

Os Estados Unidos e Irán son dous importantes explotadores de turquesa. En España podemos atopar este mineral en Cáceres, cunha cor azul intensa moi apreciada polos coleccionistas.

Usos da turquesa

[editar | editar a fonte]

A turquesa é unha pedra semipreciosa moi apreciada no mundo da xoiería por ser escasa e moi valorada pola súa cor como pedra ornamental.

Outros fosfatos

[editar | editar a fonte]

Outros minerais nos que a presenza de fósforo é destacada son:

A apatita e a piromorfita.