Saltar ao contido

Tricorpo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
De esquerda a dereita, os tres volumes dun típico coche tricorpo: motor (verde), habitáculo (vermello) e maleteiro (azul).

O tricorpo ou tres volumes (en inglés: Three-box styling) é un estilo de carrozaría de automóbil cuxos tres volumes están claramente definidos: o do motor, o do habitáculo e o do maleteiro. Practicamente tódolos automóbiles con carrozaría sedán teñen unha silueta así, e boa parte dos cupés tamén a teñen. Nalgunhas rexións, aos cupés tricorpo denomínaselles «sedán de dúas portas» en lugar de cupé. Aos cabriolés tamén se lles pode asociar co concepto de tricorpo.[1]

O habitáculo e o maleteiro dun coche tricorpo fican claramente demarcados cando o vidro traseiro é moi vertical e forma ángulos pechados nas unións co teito e a cola (polo xeral a tapa do maleteiro). Esa característica pode danar a aerodinámica do coche, cando a corrente de ar que flúe por riba do teito xera turbulencias logo da caída abrupta. Por esa razón, os vidros traseiros dos tricorpos volvéronse cada vez menos verticais, e a unión co teito e a tampa do maleteiro volvéronse cada vez máis redondeadas.

Os estilos tricorpo son moi variábeis; o Renault Dauphine dos 50 é un tres volumes que leva o seu motor na parte traseira e a súa carga na parte dianteira.

  1. American Cars of the '50s. Mike Mueller (2003). Crestline Imprints. ISBN 0-7603-1712-7.