Saltar ao contido

Trenton Hassell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaTrenton Hassell

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de marzo de 1979 Editar o valor en Wikidata (45 anos)
Clarksville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónAustin Peay State University (en) Traducir
Clarksville High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura196 cm Editar o valor en Wikidata
Peso91 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor en Wikidata - 2011 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoEscolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porChicago Bulls Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Nashville Soul (en) Traducir
- Brooklyn Nets
- Chicago Bulls
- Minnesota Timberwolves
- Dallas Mavericks
1998-2001 Austin Peay Governors men's basketball (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Trenton Lavar Hassell, nado o 4 de marzo de 1979 en Clarksville, Tennessee, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha estatura de 1,96 metros xogaba nas posicións de ala e escolta.

Traxectoria profesional

[editar | editar a fonte]

Hassell foi escollido na 30ª posición do Draft da NBA de 2001 polos Chicago Bulls. Na súa primeira tempada na NBA cos Bulls, acadou 8.7 puntos, 3.3 rebotes e 2.2 asistencias por encontro en 78 partidos. Na súa segunda tempada, Hassell disputou todos os partidos, nos que fixo 4.2 puntos, 3.1 rebotes e 1.8 asistencias por encontro.[1]

O 23 de outubro de 2003, Hassell foi cortado polos Bulls, e seis días máis tarde asinou cos Minnesota Timberwolves, nos que foi titular habitual e asumiu o rol de especialista defensivo. O 28 de setembro de 2007, os Timberwolves traspasaron a Hassell ós Dallas Mavericks a cambio de Greg Buckner.[2]

O 19 de febreiro de 2008, Hassell foi traspasado ós New Jersey Nets xunto a Keith Van Horn, Devin Harris, DeSagana Diop, Maurice Ager, 3 millóns de dólares e dúas eleccións da primeira rolda dos Drafts de 2008 e 2010. Os Mavericks recibiron a cambio a Jason Kidd, Malik Allen e Antoine Wright.[3]

  1. "Trenton Hassell". 2009-10 Nets Basketball Media Guide. New Jersey Nets. p. 21. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2010. 
  2. "Timberwolves and Mavericks swap guards". Arquivado dende o orixinal o 22 de maio de 2011. Consultado o 22 de agosto de 2020. 
  3. Nets Acquire Harris

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]