Saltar ao contido

Tráiler (novela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tráiler
Título orixinalTráiler
Autor/aFran Alonso
CubertaRamón Vaquero
OrixeGaliza
Linguagalego
Colecciónpeto n.º 2
Xénero(s)Novela
EditorialXerais
Data de pub.1991 (1ª ed.)
Formatorústica
Páxinas224
ISBNISBN 978-84-8302-250-4
Premios
editar datos en Wikidata ]

Tráiler é unha novela escrita por Fran Alonso. Recibiu o XI Premio Blanco Amor de novela. Foi publicada por Edicións Xerais en 1991, cunha segunda edición en 1992. Reeditouse en 1998 na colección de Peto da mesma editorial, co texto revisado polo autor.

A acción ten lugar entre o 27 de febreiro e o 1 de marzo de 1991, mentres transcorre a guerra do Golfo. Narra de xeito paralelo a vida nun camión de tres choferes galegos: Lino (de Marín, que vén desde a Comunidade Valenciana e Madrid), Pepe (que vén desde Sevilla) e Xenaro (que vén desde Frankfurt).

O venres 1 terá lugar preto da Gudiña unha importante festa ao que están invitados moitos colegas do camión, organizada por Falconetti, outro chofer que celebra o seu vinte e cinco aniversario na estrada. Os tres protagonistas intentarán, malia as inclemencias do tempo e as vicisitudes propias do traballo, chegar a tempo ao convite.

Pero ademais de aspectos profesionais e mecánicos, a obra fala con profundidade doutros asuntos moito máis profundos e persoais, como as relacións de parella e familiares, os problemas económicos ou a fe relixiosa. Son tamén revisados moitos mitos da profesión, como os hostais e clubs de alterne ou a relación coa Garda Civil.

A través destes tres personaxes, reflíctese unha boa mostra dos problemas diarios da clase obreira: aspiracións a un traballo mellor, a tentación do diñeiro fácil para alimentar á familia, ou as relacións cos xefes. Fálase tamén de traballos anteriores, tanto na propia estrada, con viaxes a Italia, como noutros traballos, como andar embarcado.

Nos longos soliloquios que teñen os personaxes, amosan unha profunda resignación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]