Saltar ao contido

Toucador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Debuxo dun toucador (1886).

Un toucador é un moble que serve para enfeitarse e adobiarse,[1] ou para arranxar o peiteado ou a disposición de calquera peza para cubrir a cabeza.

Con forma habitualmente de escritorio adoita constar dun espello e unha serie de caixóns onde se poden gardar os instrumentos, cosméticos, perfumes e adornos necesarios para tal fin. Adoita situarse no dormitorio ou peza contigua denominada tamén toucador.

Os primeiros toucadores iniciáronse no Antigo Exipto e consistían nunhas caixas onde se almacenaba o necesario para un ritual de beleza.[2]

En Europa a finais do século XVII foi onde se logrou o desenvolvemento dos toucadores, parecidos aos de hoxe en día.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para toucador.
  2. "La historia del tocador en el Museo Metropolitano de Nueva York". azureazure.com, Saida Santana (1 de xaneiro de 2014).