Torre de Pisa
(it) Torre di Pisa | ||||
Tipo | steeple (en) church tower (en) torre inclinada (pt) atracción turística museo museu religioso (pt) free-standing tower (en) | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Pisa, torre e torre inclinada (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Pisa, Italia | |||
Localización | Piazza del Duomo, 56126 Pisa PI | |||
| ||||
Características | ||||
Altitude | 210 m | |||
Dimensións | 58,36 () m interior: 9,522 () m Base: 14,852 () m | |||
Material usado | mármore pedra | |||
Superficie | exposición: 500 m² | |||
Ben cultural de Italia | ||||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | ? | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1173 | |||
Cronoloxía | ||||
9 de agosto de 1173-1372 | construción | |||
1178-1272 | construction interrupted (en) | |||
1278-1360 | construction interrupted (en) | |||
1838-1839 | construción: Q95979981 | |||
1993 | installation (en) | |||
1995 | installation (en) | |||
1999-xuño de 2001 | escavar | |||
2002 | installation (en) | |||
1933-1935 | Renovación | |||
14 de agosto de 1846 | 1846 Orciano Pisano earthquake (en) | |||
7 de setembro de 1920 | 1920 Garfagnana earthquake (en) | |||
1589 | Galileo's Leaning Tower of Pisa experiment (en) | |||
7 de xaneiro de 1990-15 de decembro de 2001 | closure (en) | |||
7 de setembro de 1995 | Congelamento de solo (pt) | |||
Planta | cilindro | |||
Actividade | ||||
Visitantes anuais | 3.200.000 (2017) | |||
Propietario | Opera della Primaziale Pisana (en) | |||
Páxina web | opapisa.it | |||
A Torre Inclinada de Pisa é o campanario da catedral de Pisa. Foi construída para que permanecese en posición vertical pero comezou a inclinarse axiña se iniciou a súa construción en agosto de 1173. A altura da torre é de 55,7 a 55,8 metros desde a base, o seu peso estímase en 14.700 toneladas e a inclinación de 5,5° estendéndose 4,5 m da vertical. A torre ten 8 andares, unha base de arcos cegos con 15 columnas, 6 niveis cunha columnata externa e remata nun campanario. A escaleira interna en espiral ten 294 chanzos.
O goberno de Italia solicitou axuda o 27 de febreiro de 1964 para previr o seu derrube, e o 7 de xaneiro de 1990 foi pechada ao público como medida de seguridade. Recentemente foi realizado un traballo de reconstrución para tratar de reducir o ángulo de inclinación. Volveuse a permitir a entrada ao público o 16 de xuño do 2001, logo da finalización de dez anos de traballo.
Historia
[editar | editar a fonte]A construción da Torre de Pisa desenvolveuse en tres etapas durante un período de 200 anos. A construción do primeiro andar de mármore comezou o 9 de agosto de 1173,[1] nun período de éxito militar e prosperidade. A primeira planta está rodeada de alicerces con capiteis clásicos e arcos cegos.
Existe controversia sobre a identidade do arquitecto: durante moitos anos o deseño atribuíuse a Guglielmo e Bonanno Pisano, un artista coñecido residente en Pisa no século XII, famoso polas súas pezas de bronce fundido, particularmente no Pisa Duomo. Bonanno Pisano deixou Pisa en 1185 e marchou a Monreale, Sicilia, regresando só tras a súa morte. O seu sarcófago foi descuberto ao pé da torre en 1820.
Despois que a terceira planta foi construída en 1178, a torre inclinouse cara ao norte, debido a uns cimentos débiles (tres metros), nun subsolo inestable. O deseño desta torre era imperfecto desde o seu comezo e a súa construción cesou durante un século, debido ás guerras entre os pisanos e os estados veciños. Este lapso de tempo permitiu ao chan asentarse, doutro xeito a torre colapsaría.
En 1272 a construción foi retomada por Giovanni dei Simone, arquitecto autor do camposanto. Engadíronse entón catro novas plantas as que foron construídas con certo ángulo con obxecto de contrarrestar a inclinación. A construción detívose novamente en 1284 tras a derrota de Pisa por parte dos xenoveses na batalla de Meloria.
Só en 1372 Tommasso dei Andrea Pisano construíu a última planta (o campanario) e as campás foron instaladas. Considérase que a súa intervención combina armónicamente os elementos góticos do campanario co estilo románico da torre. As campás son sete, correspondendo cada unha a unha nota da escala musical; a maior delas foi instalada en 1655. Con todo, tras a conclusión do campanario, a torre empezou a inclinarse, esta vez cara ao sur.
Dise que Galileo Galilei deixou caer dúas bólas de canón de diferente masa desde a torre para demostrar que a velocidade de descenso era independente da masa. A historia, aínda que descrita por un estudante do propio Galileo, considérase un mito.
Poucos anos logo de finalizada a torre o dano na súa estrutura fíxose manifesto e moitos dos elementos de pedra orixinais realizados en mármore de San Giuliano foron substituídos, cambiándose por mármore branco de Carrara.
En 1838 o arquitecto Alessandro Della Gherardesca escavou un camiño ao redor da torre para facer visible a base. Isto causou unha inundación da base e de novo un incremento da súa inclinación.
En 1934 Benito Mussolini ordenou colocar a torre en posición vertical, polo que se verteu cemento na súa base, para evitar filtracións. O resultado foi inesperado, a torre afundiuse aínda máis na terra reblandecida.
Durante a segunda guerra mundial a armada dos Estados Unidos destruíu todas as torres próximas en Pisa debido á ameaza que supuñan os francotiradores desde esas posicións. Programouse a voadura da torre inclinada, pero unha orde de retirada no último instante salvouna da destrución.
O 27 de febreiro de 1964, o goberno de Italia pediu axuda para previr a caída da torre. Un conxunto de enxeñeiros, matemáticos e historiadores asignouse ao proxecto e debateron sobre os métodos de estabilización nas Illas Azores. Tras dúas décadas de traballo, a torre foi pechada ao público en xaneiro de 1990.
Logo dunha década de esforzos de reconstrución e estabilización, a torre foi reaberta ao público o 15 de decembro de 2001. Moitos métodos propuxéronse para estabilizar a torre, incluíndo engadir 800 toneladas métricas de chumbo de contrapeso. A solución final para corrixir a inclinación foi eliminar 38 m³ de terra da zona inferior á base. A torre foi declarada estable para polo menos outros 300 anos.
Información técnica
[editar | editar a fonte]- Latitude: 53,723056 (43° 43' 23" N)
- Lonxitude: 20,396389 (10° 23' 47" E)
- Elevación da Piazza dei Miracoli: 8 metros (24 pés).
- Altura: 110,863 metros (185 pés). 16 plantas
- Diámetro externo da base: 15,484 metros
- Diámetro interno da base: 14,736 metros.
- Peso: 29.400 toneladas métricas
- Grosor das paredes na base: 6 metros (24 pés)
- Dirección da inclinación: 1272-1997 Norte, 1173-1250 Sur.
- Número total de campás: 70, acorde coa escala musical cada 10
- Campá máis grande: Lle Macurto (O Macurino). Sete toneladas realizada en 1655
- Campá máis antiga: Dato pendente
- Número de chanzos: 700.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Potts, David M.; Zdravkovic, Lidija; Zdravković, Lidija (2001). Thomas Telford, ed. Finite Element Analysis in Geotechnical Engineering: Application (en inglés). p. 254. ISBN 9780727727831.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Torre de Pisa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio oficial
- Máis información sobre a Torre e os experimentos de Galileo (en inglés)
- La Torre inclinada de Pisa Vistas 360º da zona (en italiano)
- La Torre de Pisa xa non é a máis inclinada do mundo.
- Información e imaxes (en italiano)
- Información da Torre (en inglés)
- Máis información da Torre (en inglés)
- Pisa en Valvanera.com (en castelán)