Tony Leblanc
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de maio de 1922 Madrid, España |
Morte | 24 de novembro de 2012 (90 anos) Villaviciosa de Odón, España |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio cancro de páncreas |
Lugar de sepultura | Cemiterio de La Almudena |
Outros nomes | Tony Leblanc |
Actividade | |
Ocupación | actor, presentador de televisión, boxeador, compositor de bandas sonoras, actor de cinema, músico de jazz, director de cinema, guionista, futbolista, humorista |
Período de actividade | 1944 - 2012 |
Deporte | fútbol |
Premios | |
| |
|
Ignacio Fernández Sánchez, máis coñecido como Tony Leblanc, nado en Madrid o 7 de maio de 1922 e finado o 24 de novembro de 2012, foi un actor, director de cine e humorista español.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán da tamén actriz Sonia Leblanc. Como curiosidade pódese dicir que naceu no Museo do Prado onde o seu pai traballaba como porteiro. El mesmo traballou durante un tempo neste museo coma ascensorista.
Na súa adolescencia foi afeccionado ó boxeo, chegando a ser campión de Castela dos pesos lixeiros afeccionado, ó tempo que participaba no teatro de afeccionados. Tamén foi xogador de fútbol no Carabanchel CF de Terceira División.
Debuta profesionalmente en 1944 coa compañía de Celia Gámez e cinematograficamente en 1945 en Los últimos de Filipinas. O seu éxito esténdese desde a segunda metade dos anos 50 e todos os anos 60. Nalgunhas películas forma parella artística con Concha Velasco, noutras, trío cómico-artístico con José Luis Ozores e Manolo Gómez Bur. A mediados dos anos 70 comeza a súa decadencia agravada por unha doenza que o deixa inválido e o aparta da actividade profesional.
En 1981 foi operado de cataratas na Clínica Ruber de Madrid.
Cando Tony Leblanc decidiu retirarse do cine en 1975 ó rodar "Tres suecas para tres Rodríguez", nunca pensou que un grave accidente de tráfico ocorrido o 6 de maio de 1983 truncaría definitivamente a súa carreira. O accidente deixouno incapacitado temporalmente.
Despois de case 23 anos retirado, Santiago Segura rescatouno para a súa primeira película, Torrente, el brazo tonto de la ley en 1998 onde conseguiu un Goya ó Mellor Actor Secundario. A recollida deste premio en xaneiro de 1998 foi especialmente emotiva debido á case milagrosa recuperación do actor, quen logrou camiñar despois de ter permanecido en cadeira de rodas. Segura contou de novo con el para continuar a saga con Torrente 2: Misión en Marbella no 2001 e con Torrente 3: El protector no 2005.
Nas últimas tempadas, desde 2001, puidemos velo tamén en TVE na serie Cuéntame cómo pasó encarnando a Cervan, un vello e entrañable quiosqueiro. Desde abril de 2007, ademais, colabora con Santiago Segura no programa de humor Sabías a lo que venías, de La Sexta.
Tamén produciu, dirixiu e escribiu varias películas, iniciándose na dirección con El pobre García, comedia con Lina Morgan e Manolo Gómez Bur. Non conseguiu excesivos resultados comerciais coas súas aventuras coma produtor, polo que abandonou a carreira como director cinematográfico.
Traballou en dúas etapas como actor: a primeiro, desde 1945 até 1975; e a segunda, desde 1998 até 2012.
Morreu o 24 de novembro de 2012, aos 90 anos de idade.[1]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Goya á Mellor interpretación masculina (1998) en Torrente: El brazo tonto de la ley;
- Premio Goya de honra en 1994;
- Medalla de Ouro do Círculo de Belas Artes;
- Premio de Interpretación do Sindicato do Espectáculo;
- Medalla do Mérito ó Traballo (1980).