Saltar ao contido

The Simpsons (temporada 1)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Primeira temporada de The Simpsons
Tempada de The Simpsons
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
de episodios13
Emisión
Canle orixinalFOX
Emisión orixinal17 de decembro de 1989- 13 de maio de 1990
Cronoloxía
Primeira temporada de The Simpsons The Simpsons (temporada 2)

A primeira temporada de The Simpsons foi estreada orixinalmente entre o 17 de decembro de 1989 e o 13 de maio de 1990, comezando co especial de Nadal "Simpsons Roasting on an Open Fire". Os produtores executivos para a produción da temporada foron Matt Groening, James L. Brooks e Sam Simon[1].

A temporada foi preparada para estrearse no outono de 1989 co episodio "Some Enchanted Evening", o cal ía presentar os personaxes principais[2]. Porén, durante a primeira proxección do episodio os produtores descubriron que a animación era desastrosa e o 70% tivo que volverse facer[3]. Os produtores consideraron a cancelación da serie se o seguinte episodio tamén estaba igual de mal animado, pero só sufriu pequenos problemas de sinxela solución. Deste xeito, os produtores convenceron á FOX para atrasar a estrea ata o 17 de decembro, e estreando "Simpsons Roasting on an Open Fire" como o primeiro episodio da serie[2].

A primeira temporada gañou un Premio Emmy e recibiu catro nomeamentos máis. Aínda que as series de televisión só poden ter nomeado un episodio por categoría, "Simpsons Roasting on an Open Fire" foi considerado como un episodio especial á parte e foi nomeado xunto a "Life on the Fast Lane" para a categoría "Outstanding Animated Program"; "Life on the Fast Lane" gañou o premio. "Simpsons Roasting on an Open Fire" tamén foi nomeado a "Outstanding Editing in a Miniseries or Special", mentres que "The Call of the Simpsons" foi nomeado na categoría "Outstanding Individual Achievement in Sound Mixing for a Comedy Series or a Special". A canción principal da serie, composta por Danny Elfman, foi nomeada na categoría "Outstanding Achievement in Main Title Theme Music"[4].

Lista dos episodios

[editar | editar a fonte]
# Título orixinal (arriba)
Título alternativo (abaixo)
Dirixido por Escrito por Data orixinal de emisión Código de prod.
1-1 "Simpsons Roasting on an Open Fire"
"The Simpsons Christmas Special"
David SilvermanMimi Pond17 de decembro de 19897G08

Durante as compras de Nadal, Bart escapa da vista dos pais e faise unha tatuaxe. Marge axiña o descobre e ten que usar os aforros de Nadal da familia para quitarlla. Mentres tanto, Homer entérase de que non obterá a paga extra de Nadal do Sr. Burns, polo que a familia queda sen cartos para os agasallos. Así, Homer decide agochar os problemas financeiros en segredo e consegue un traballo como Santa no centro comercial, para máis adiante comprobar que non lle dan o suficiente polo traballo. Desesperado por unha milagre, Homer e Bart acoden a unha carreira no canódromo o día de Nadal coa esperanza de gañar diñeiro. Apóstao todo nun can chamado Santa's Little Helper, que perde. O dono deste ceiba anoxado o can e Homer deixa que Bart quede con el. Logo, Homer intenta explicar que o Nadal se arruinou ese ano, pero Bart exclama que teñen un can e todos, felizmente, lle dan a benvida ao membro máis novo da familia Simpson[1]

2-2 "Bart the Genius" David SilvermanJon Vitti14 de xaneiro de 19907G02

Bart ten problemas nun exame de intelixencia e, sixilosamente, cambia o seu polo de Martin Prince, o xenio da clase. Despois de obter os resultados, o psiquiatra da escola toma a Bart por un neno moi intelixente e envíao ao Centro de aprendizaxe enriquecido para nenos superdotados. Homer comeza a tratar a Bart con respecto, pero Bart empeza a sentirse fóra de sitio entre os seus novos compañeiros de clase e está á marxe destes. Cheo de remorsos, confesa que fixo trampas no exame e, en consecuencia, volta á Escola elemental de Springfield.
Estrela invitada: Marcia Wallace[5]

3-3 "Homer's Odyssey" Wes ArcherJay Kogen e Wallace Wolodarsky21 de xaneiro de 19907G03

A clase de Bart visita a Planta de enerxía nuclear de Springfield e Homer, ansioso de facer crer que está a traballar, estrélase accidentalmente co seu coche contra un tubo radioactiva, causando un pequeno incendio de xeito inmediato. Deprimido e incapaz de atopar un novo traballo, decide saltar desde unha ponte. A súa familia descobre o seu plan e intentan detelo, pero no intento están a punto de ser atropelados por un camión. Vendo a inseguridade que hai, Homer non se lanza ao baleiro e embárcase nunha cruzada de seguridade e finalmente decide ir á planta nuclear para protestar polas medidas de seguridade. Para acabar co furor de Homer, o Sr. Burns ofrécelle un traballo como inspector de seguridade na planta, cun salario incrementado, polo que Homer acepta.
Estrela invitada: Marcia Wallace[6]

4-4 "There's No Disgrace Like Home" Gregg Vanzo e Kent ButterworthAl Jean e Mike Reiss28 de xaneiro de 19907G04

Homer leva á súa familia ao picnic da empresa na mansión do Sr. Burns. Marge, Bart e Lisa avergonzan a Homer e este nota que o Sr. Burns parece ter máis afinidade coas familias que se queren e se respectan mutuamente. Convencido de que as actitudes del e mais da súa familia son lamentables, lévaos a todos ao centro de terapia familiar do Dr. Marvin Monroe. Alí, cando os métodos estándar demostran o inútil que é cambiar as actitudes incivilizadas da familia, Monroe recorre á terapia de choque e conecta aos Simpson mediante eléctrodos. Axiña os Simpson comezan a electrocutar os uns aos outros, causando apagóns ao longo de Springfield[7]

5-5 "Bart the General" David SilvermanJohn Swartzwelder4 de febreiro de 19907G05

Bart ten diversas desputas con Nelson Muntz, o abusón da escola, quen empeza a atacar a Bart todos os días despois das clases. Homer suxire que se enfronte a el nunha pelexa, solución que non dá resultado. Desesperado, Bart visita a seu avó para pedirlle consello. Este leva a Bart para que coñeza a Herman, quen suxire que Bart organice a todos os nenos da escola para declararlle a guerra a Nelson. Bart e a súa armada atacan a Nelson e conseguen exitosamente convencelo para que deixe de amolalos[8]

6-6 "Moaning Lisa" Wes ArcherAl Jean e Mike Reiss11 de febreiro de 19907G06

Lisa deprímese, o que comeza a afectar ao seu rendemento académico. Nin Marge nin Homer son capaces de facer a Lisa feliz. Unha noite, ela escoita na distancia música jazz, polo que abandona o seu cuarto para atopar a súa procedencia. Así coñece a Bleeding Gums Murphy, quen lle ensina como expresar a súa música a través do saxofón. Cando Marge leva a Lisa á escola ao outro día, suxírelle que sorría sen importar o que ela sinta. Porén, Marge ve que se lle está negado a Lisa a súa creatividade e dáse conta de que é iso o que fai que estea triste. Marge pídelle que sexa ela mesma e a familia ao completo vai ver como Murphy toco nun club local de jazz.
Estrela invitada: Ron Taylor[9]

7-7 "The Call of the Simpsons" Wes ArcherJohn Swartzwelder18 de febreiro de 19907G09

Homer ten envexa da nova autocaravana de Flanders e diríxese a "Bob's RV Round-up" para mercar unha tamén. Ao establecerse nun campo escangallado a onde leva á familia de camping, destrúe a autocaravana. Deixa a Lisa e Marge atrás, e el e mais Bart intentan atopar o camiño de volta á civilización, con pouca sorte. Máis tarde, Homer é confundido co Bigfoot e é capturado. Marge, Bart e Lisa sálvanse e Homer é liberado, aínda que os científicos din que non poden determinar a qué especie pertence
Estrela invitada: Albert Brooks[10]

8-8 "The Telltale Head" Rich MooreAl Jean, Mike Reiss,
Sam Simon e Matt Groening
25 de febreiro de 19907G07

Bart faise amigo de Jimbo, Dolph, e Kearney, un grupo local de alborotadores. Para intentar impresionalos, Bart decide cortar e robar a cabeza da estatua de Jebediah Springfield. Ao outro día, a cidade enteira sofre polo vandalismo que a estatua padeceu e Bart descobre que os seus novos amigos queren atacar o vándalo polos feitos. Sentindo remorsos, Bart confésalle á súa familia e Homer e mais Bart collen a cabeza para poñerlla de novo á estatua[11]

9-9 "Life on the Fast Lane" David SilvermanJohn Swartzwelder18 de marzo de 19907G11

Esquecéndose do aniversario de Marge, Homer vai ao centro comercial de Springfield e cómpralle impulsivamente unha bóla de birlos. Marge non queda impresionado co agasallo e logo descobre que a intención de Homer era usala el, polo que Marge decide ir xogar aos birlos para fastidialo. Nunha canella coñece a Jacques, un encantador adestrador de birlos francés, quen lle ofrece as súas clases. Jacques comeza a levarse ben con Marge e invítaa ao seu apartamento. Aínda que ela acepta, Marge ten un dilema moral, pero ao final visita a Homer á central nuclear.
Estrela invitada: Albert Brooks[12]

10-10 "Homer's Night Out" Rich MooreJon Vitti25 de marzo de 19907G10

Bart compra unha mini cámara espía e arránxase para conseguir sacarlle unha foto a Homer bailando cunha bailarina chamada Princesa Kashmir na despedida de solteiro dun compañeiro de traballo. Dá copias da fotografía aos seus amigos, e finalmente a imaxe comeza a circular ata que chega a Marge. Tras vela, Marge expulsa a Homer da casa, pero ao día seguinte explícalle que a ela non lle amola a situación de Homer no baile, senón que Bart o viu facelo. Esíxelle que fale con Bart para iren pedirlle desculpas á Princesa Kashmir. Homer está de acordo e di que está listo para comezar a respectar ás mulleres.
Estrela invitada: Sam McMurray[13]

11-11 "The Crepes of Wrath" Wesley Archer e Milton GrayGeorge Meyer, Sam Simon,
John Swartzwelder e Jon Vitti
15 de abril de 19907G13

O director Skinner finalmente fártase das falcatruadas de Bart e propón que Bart sexa enviado a Francia como parte do programa de intercambio de estudantes. A familia está acordo e Bart viaxa a un "fermoso castelo", que en realidade era unha ruinoso establecemento dun produtor de viños. Bart é tratado coma un escravo por dous enólogos sen escrúpulos, César e Ugolin, os cales se dedican eventualmente a producir viño contaminado con anticonxelante. Mentres tanto, un neno albanés chamado Adil comeza a vivir cos Simpson. El é, sen coñecemento de Homer, un espía enviado polo seu país para obter plans nucleares. De volta a Francia, Bart consegue aprender francés e informa da actividade de César e Ugolin ás autoridades[14]

12-12 "Krusty Gets Busted" Brad BirdJay Kogen e Wallace Wolodarsky29 de abril de 19907G12

Mentres compraba un xeado no Kwik-E-Mart, Homer é testemuña dun roubo perpetrado por un home que se cre que é Krusty o pallaso, presentador de "O show de Krusty o pallaso", o programa favorito de Bart. Krusty é enviado ao cárcere e a dirección do programa é asumida polo seu axudante, Sideshow Bob. Bart está completamente seguro que Krusty é inocente, e reúne probas para apoiar a súa inocencia. Bart dáse conta de que en realidade o roubo fora cometido por Bob, quen estaba tratando de culpar a Krusty. Bob é arrestado grazas a Bart, e Krusty agradécelle o telo salvado.
Estrela invitada: Kelsey Grammer[15]

13-13 "Some Enchanted Evening" David Silverman e Kent ButterworthMatt Groening e Sam Simon13 de maio de 19907G01

Marge, sentíndose pouco apreciada por Homer, fai unha chamada a unha terapeuta da emisora de radio, a cal Homer escoita no traballo. Homer, buscando chegar ao corazón de Marge, decide levala a unha cea nun restaurante de luxo e contrata a unha muller para coidar a Bart e Lisa. Envíanlles á Sra. Botz, e Bart e Lisa axiña descobren que é en realidade unha ladroa. Os nenos son capturados pola Sra. Botz, pero son liberados por Maggie. Bart e Lisa capturan á Sra. Botz e chaman á policía. Mentres tanto, Marge e Homer volven á casa e atopan á Sra. Botz atada. Homer, descoñecendo a súa verdadeira identidade, libéraa e a Sra. Botz fai un intento de fuxida xusto antes de que a policía chega para prendela.
Estrela invitada: Penny Marshall[16]

Lanzamento en DVD

[editar | editar a fonte]

A caixa co DVD da primeira temporada foi posta á venda pola 20th Century Fox nos Estados Unidos e o Canadá en setembro de 2001, once anos despois de que se completase a súa primeira emisión na televisión. Con cada episodio da temporada, o DVD traía material adicional con escenas borradas, animatics e comentarios para cada un. O paquete converteuse no DVD dun programa de televisión máis vendido con 1,9 millóns de unidades, batendo o posuíndo o récord ata outubro de 2004 cando foi superado pola primeira temporada de Chappelle's Show[17].

A primeira temporada ao completo
Detalles[18][19] Características especiais[18][19]
Datas de lanzamento
Rexión 1 Rexión 2 Rexión 4
25 de setembro de 2001 24 de setembro de 2001 24 de setembro de 2001
  1. 1,0 1,1 Richmond, páx. 16-17.
  2. 2,0 2,1 Groening, Matt (2001). The Simpsons season 1 DVD commentary for the episode "Some Enchanted Evening" (DVD). 20th Century Fox. 
  3. Silverman, David (2001). The Simpsons season 1 DVD commentary for the episode "Some Enchanted Evening" (DVD). 20th Century Fox. 
  4. Emmy Awards official site Arquivado 15 de febreiro de 2009 en Wayback Machine. "The Simpsons" "1989 - 1990" emmys.org. Páxina visitada: 3 de xullo de 2007.
  5. Richmond, p. 18
  6. Richmond, p. 19
  7. Richmond, p. 20
  8. Richmond, p. 21
  9. Richmond, p. 22
  10. Richmond, p. 23
  11. Richmond, p. 24
  12. Richmond, p. 25
  13. Richmond, p. 26
  14. Richmond, p. 27
  15. Richmond, pp. 28–29
  16. Richmond, pp. 30–31
  17. Lambert, David (19-09-2004). TVshowsonDVD.com, ed. "Chapelle's Show — S1 DVD Passes The Simpsons As #1 All-Time TV-DVD; Celebrates by Announcing Season 2!". Arquivado dende o orixinal o 15-08-2007. Consultado o 03-07-2006. 
  18. 18,0 18,1 TV Shows on DVD.com (ed.). "Simpsons, The — The Complete 1st Season". Arquivado dende o orixinal o 03-03-2007. Consultado o 08-03-2008. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 The Simpsons Shop (ed.). "The Simpsons Season 1 DVD". Arquivado dende o orixinal o 15-03-2009. Consultado o 08-03-2008. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]