Saltar ao contido

The Shirelles

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaThe Shirelles

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Grupogirl group (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Shirley Owens (Henderson (pt) Traducir, 10 de xuño de 1941 - ). Cantante Editar o valor en Wikidata
Actividade
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata - 1982 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoDoo wop e Rhythm and blues Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoTiara Records Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webtheshirelles.com Editar o valor en Wikidata
Spotify: 0x83OBqixqdCHnStP5VMcn Musicbrainz: a8540ea0-1a74-4c22-8b70-1348a77a74a0 Songkick: 313547 Discogs: 269355 Allmusic: mn0000418981 Deezer: 90451 Editar o valor en Wikidata

The Shirelles foi un grupo de rapazas estadounidense formado en Passaic, Nova Jersey en 1957.[1] Foi célebre polas súas cancións de estilo doo wop e rhythm and blues, e lograron popularidade a principios da década de 1960. O grupo estaba formado polas compañeiras de clase Shirley Owens (Shirley Alston Reeves), Doris Coley (Doris Kenner-Jackson), Addie "Micki" Harris (Addie Harris McFadden) e Beverly Lee.

Creado para un concurso de talentos escolares, as vocalistas formaron un cuarteto que se converteu, xunto a Martha and the Vandellas, no primeiro girl group realmente popular.[2] The Shirelles asinaron un contrato con Tiara Records e o seu primeiro sinxelo, "I Met Him on a Sunday", foi licenciado por Decca Records en 1958. Despois dun breve período sen éxito con Decca, achegáronse a Florence Greenberg e a súa compañía acabada de formar, Sceptre Records. Traballando con Luther Dixon, o grupo saltou á fama con "Tonight's the Night". Durante este período de colaboración con Dixon e a promoción de Sceptre, The Shirelles tiveron sete éxitos no top vinte. O grupo abandonou Sceptre en 1966 e continuó activo até 1982.

A banda gañou en popularidade, sobre todo grazas a unhas composicións apegadizas, ao efecto da publicidade, a un estilo xuvenil fresco e á inocencia que as arrodeaba. Describíronse The Shirelles como un grupo cun "son de colexiala inxenua" que contrasta cos temas sexuais de moitas das súas cancións.[3] Varios dos seus éxitos empegaban cordas e música de estilo baião.[4] Os seus maiores éxitos foron "I Met Him on a Sunday", "Will You Still Love Me Tomorrow", "Mama Said", "Soldier Boy" e "Foolish Little Girl".[5] Atribúeselles o lanzamento do xénero de grupo de rapazas, e gran parte da súa música reflicte a esencia do xénero. Observouse que a súa aceptación por parte do público tanto branco coma negro, anterior á Motown, reflicte o éxito inicial do Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos.

En 1996 o grupo foi incluído no Salón da Fama do Rock and Roll. A revista Rolling Stone situouno no posto 76 da listaxe dos 100 mellores artistas de todos os tempos.[6] En 2002 foron incorporadas ao Salón da Fama dos Grupos Vocais.[7]

Integrantes

[editar | editar a fonte]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  • Tonight's the Night (1961)
  • A Shirelles & King Curtis Give a Twist Party (1962)
  • Baby It's You (1962)
  • Give a Twist Party (1962)
  • The Shirelles Sing to Trumpets & Strings (1963)
  • Foolish Little Girl (1963)
  • The Shirelles Sing the Golden Oldies (1964)
  • Orig. Motor Town Revue (en vivo) (1964)
  • Spontaneous Combustion (1967)
  • Remember When (1969)
  • Eternally Soul (1970)
  • Happy in Love (1971)
  • It's a Mad, Mad, Mad, Mad, World (1972)
  • The Shirelles (1972)
  • Let's Give Each (1976)
  1. Huey, Steve. "The Shirelles Biography, Songs, & Albums". AllMusic (en inglés). Consultado o 2021-10-02. 
  2. Marcus, Greil (1994–1995). Legends: The Shirelles. Vibe (en inglés). p. 124. Consultado o 2021-10-02. 
  3. Campbell, Michael (2005). Popular music in America : the beat goes on (2nd ed ed.). Wadsworth/Thomson Learning. p. 179. ISBN 0-534-55534-9. Consultado o 2021-10-02. 
  4. Zak, Albin (2010). I don't sound like nobody : remaking music in 1950s America. University of Michigan Press. p. 224. ISBN 978-0-472-02454-4. Consultado o 2021-10-02. 
  5. Shaffer, Paul (21 de abril de 2005). "76) The Shirelles". Rolling Stone. Issue 946. Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 6 de febreiro de 2007. Consultado o 2021-10-02. 
  6. Rolling Stone (2010-12-03). "100 Greatest Artists". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2021-05-04. 
  7. "The Vocal Group Hall Of Fame – Album Categories 2002 Inductee". vocalgroup.org. Consultado o 2018-07-16. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]