The Rocky Horror Picture Show
The Rocky Horror Picture Show | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Rocky Horror Picture Show |
Director | Jim Sharman |
Produtor | |
Guión |
|
Baseado en | The Rocky Horror Show de Richard O'Brien |
Intérpretes | |
Música |
|
Fotografía | Peter Suschitzky |
Montaxe | Graeme Clifford |
Estudio | Michael White Productions |
Distribuidora | 20th Century Fox |
Estrea | 14 de agosto de 1975 |
Duración | 100 minutos[1][2] |
Orixe | Reino Unido[3] Estados Unidos[3] |
Xénero | Comedia musical |
Orzamento | 1,4 millóns de dólares[4] |
Recadación | 140,2 millóns de dólares[5] |
Filme seguinte | Shock Treatment (1981) |
Na rede | |
http://www.rockyhorror.com/ | |
The Rocky Horror Picture Show é unha comedia musical de 1975 dirixida por Jim Sharman que parodia os filmes de terror e ciencia ficción. Cun guión de Richard O'Brien e Sharman, está protagonizada por Tim Curry, Susan Sarandon e Barry Bostwick. Baséase na montaxe musical británica The Rocky Horror Show.
O filme está considerada un clásico de culto e de sesión de noite, pero é coñecida mundialmente por amplas audiencias, e ten un gran seguimento. RHPS foi o primeiro filme dun estudio maior (20th Century-Fox) no mercado da sesión de noite.[6] Aínda que o filme é moi popular, os críticos falan da falta de liña argumental, o estilo animado e a natureza demasiado sexual do filme como algúns dos seus maiores erros. Porén, é un dos filme de sesión de noite máis coñecidas e rentabilizadas.[7] É a adaptación teatral máis proxectada na historia do cine.[8] Máis de 30 anos despois segue a ser proxectada en salas de todo o mundo. En decembro de 2005 James H. Billington, o bibliotecario do Congreso dos Estados Unidos, seleccionou The Rocky Horror Picture Show para ser preservada no "National Film Registry", unha colección de só 450 filmes (en 2006).[9]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A historia, narrada por un criminólogo (Charles Gray), é a dunha parella nova recentemente comprometida, Brad Majors (Barry Bostwick) e Janet Weiss (Susan Sarandon), que se atopan perdidos nunha tardiña de novembro fría e chuvosa. Buscando un teléfono desde o que chamar para pedir axuda, atopan acubillo nun castelo achegado habitado por xente estraña e estranxeira reunida na Convención Anual de Transilvania. Asisten, aínda mollados pola choiva, ó baile dos transilvanos de Time Warp, a canción principal do filme.
Axiña son arrastrados ó mundo do Dr. Frank-N-Furter (Tim Curry), un autoproclamado "dulce travesti da Transilvania transexual", e os seus servintes, os irmáns Riff Raff (Richard O'Brien) e Magenta (Patricia Quinn), así como a groupie Columbia (Nell Campbell) e un grupo de asistentes á convención.
A intención de Furter é revelar o "segredo da vida en si mesma". Nunha escena inspirada nos filmes de Frankenstein, "Rocky Horror" (Peter Hinwood) é traído á vida. Logo da persecución de Frank tralo desorientado Rocky, a festa é interrompida por Eddie (Meat Loaf), o antigo rapaz dos recados, que aparece dun conxelador montando unha motocicleta. A escena remata coa súa morte sanguenta a mans de Furter.
Brad e Janet son levados a habitacións separadas, onde o anfitrión lles dá cadansúa propia benvida. Janet, logo da emoción, deambula buscando a Brad. Descobre a Rocky encollido no seu tanque de nacemento, asustado de Riff Raff, que atormentou á criatura como Igor atormenara ó monstro de Frankenstein. Janet, logo de descubrir a infidelidade de Brad, elixe tomar proveito da situación con Rocky.
Logo de descubrir que a "Criatura" está desaparecida, Frank, Brad, e Riff Raff volven ó laboratorio onde descobren que un intruso entrou no edificio O Doutor Everett Scott (Jonathan Adams), antigo profesor de ciencias de Brad e Janet no instituto, chega buscando ó seu sobriño Eddie. É neste punto cando Rocky e Janet son descubertos agochados xuntos. Nunha escena engadida especificamente á versión cinematográfica, os novos invitados son levados a unha cea consistente nos restos de Eddie. Logo de descubriren o que cearon, o horror e o desgusto levan a Janet a saír correndo e berrando da sala.
Frank captúraos a todos, converténdoos temporalmente en estatuas e facéndoos participar nunha sorte de cabaret. A actuación é interrompida por Riff Raff e Magenta, que matan a Columbia, Frank, e Rocky. Resucitan as estatuas de Brad, Janet, e o Dr. Scott, e o castelo desaparece no espazo exterior para regresar ó planeta de Transsexual, na galaxia de Transylvania.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Tim Curry como Dr. Frank-N-Furter, un científico
- Susan Sarandon como Janet Weiss, unha heroína
- Barry Bostwick como Brad Majors, un heroe
- Richard O'Brien como Riff Raff, un servente
- Patricia Quinn como Magenta, un serventa
- Nell Campbell como Columbia, unha groupie (acreditada como Little Nell)
- Jonathan Adams como Dr. Everett V. Scott, un científico rival
- Peter Hinwood como Rocky Horror, unha creación
- Meat Loaf como Eddie, o antigo mozo dos recados
- Charles Gray como o criminólogo, un experto
- Jeremy Newson como Ralph Hapschatt
- Hilary Farr como Betty Munroe (acreditada como Hilary Labow)
Produción
[editar | editar a fonte]Está baseada na produción teatral de Londres "The Rocky Horror Show", de Richard O'Brien, se ben ten certas diferenzas respecto á concepción teatral orixinal.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ British Board of Film Classification, ed. (17 de xuño de 1975). "ROCKY HORROR PICTURE SHOW (AA)". Consultado o 18 de abril de 2015.
- ↑ Armstrong, Richard (7 de novembro de 2007). The Rough Guide to Film. Rough Guides. p. 506. ISBN 978-1-4053-8498-8.
- ↑ 3,0 3,1 "The Rocky Horror Picture Show". American Film Institute. Consultado o 11 de decembro de 2015.
- ↑ Solomon, Aubrey (1989). Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History. Scarecrow Press. p. 258.
- ↑ Box Office Information for The Rocky Horror Picture Show. Arquivado 22 de maio de 2013 en Wayback Machine. The Numbers. Consultado o 25 de agosto de 2013.
- ↑ Samuels, Stuart (1983). Midnight Movies. Collier Books. pp. 11. ISBN 0-02-081450-X.
- ↑ "Cult Films MIDNIGHT MOVIES". www.filmreference.com. Consultado o 2007-08-03.
- ↑ "Fox Celebrates 25 Years of Absolute Pleasure, Pop Culture Phenomenon and Midnight Classic" (Nota de prensa). RHPS Official Fan Site. 2000-08-24. Consultado o 2007-08-03.
- ↑ "Saving Rocky Horror and other classics". New Directions in Folklore 3. Consultado o 2007-06-16.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: The Rocky Horror Picture Show |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- The Rocky Horror Picture Show na IMDb (en inglés).
- Ficha en BoxOfficeMojo (en inglés)
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en Metacritic (en inglés)
- Filmes de 1975
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes do Reino Unido
- Filmes dirixidos por Jim Sharman
- Filmes de 20th Century Fox
- Filmes sobre temática LGBT dos Estados Unidos de América
- Filmes de científicos tolos
- Filmes ambientados en 1974
- Filmes preservados no National Film Registry