Do disco sacáronse tres sinxelos: "A Movie Script Ending", "I Was a Kaleidoscope" e "We Laugh Indoors". Todos eles entraron na lista británica de sinxelos, sendo o posto máis alto o número 115 de "I Was a Kaleidoscope". The Photo Album foi o primeiro álbum de Death Cab for Cutie en contar con cancións nas listas de éxitos, converténdose tamén "A Movie Script Ending" no primeiro de tres temas da banda en aparecer na serie de televisión The O.C.. Foi o seu único disco en contar co batería Michael Schorr.