The Cranberries
The Cranberries | |
---|---|
A banda en Barcelona no 2010 | |
Orixe | Ballybricken, Limerick, Irlanda |
Período | 1989 - 2003 2009 - 2019 |
Xénero(s) | rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Interscope, Island |
Membros | Dolores O'Riordan Noel Hogan Mike Hogan Fergal Lawler |
Antigos membros | Niall Quinn |
Artistas relacionados | Jetlag |
Na rede | |
cranberries.com | |
The Cranberries foi unha banda irlandesa de rock fundada en Limerick en 1989 baixo o nome The Cranberry Saw Us polos irmáns Mike (baixo) e Noel (guitarra) Hogan xunto co batería Fergal Lawler e a cantante Niall Quinn , posteriormente substituída pola finada Dolores O'Riordan. Tivo bastante popularidade durante os anos 90 e separouse no ano 2003. Dende entón os seus membros seguiron carreiras en solitario até se reuniren outra vez en 2009. Tralo lanzamento do álbum póstumo In the End en 2019, no cabodano de Dolores O'Riordan, a banda disolveuse. A banda vendeu ao redor duns 43 millóns de discos en todo o mundo. Aínda que asociada co rock alternativo, o son da banda incluía tamén elementos do indie pop, post-punk, folk irlandés e pop rock.[1]
The Cranberries acadaron a fama internacional xa co seu álbum de estrea, Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We?, que foi un éxito comercial ao vender uns cinco millóns de discos só nos Estados Unidos.[2] A banda sería un dos grupos de rock con máis éxito da década, vendendo só nese país ao redor dos 15 millóns de discos. The Cranberries tivo catro álbums top 20 na lista Billboard 200 (Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We?; No Need to Argue; To the Faithful Departed e Bury the Hatchet[3]) e oito sinxelos top 20 na lista Modern Rock Tracks ("Linger", "Dreams", "Zombie", "Ode to My Family", "Ridiculous Thoughts", "Salvation", "Free To Decide" and "Promises").[3]
A principios de 2009, tras unha paréntese de seis anos, The Cranberries reuníronse de novo e comezaron unha xira por Norteamérica, seguida de actuacións en Latinoamérica e Europa.[4][5] O grupo gravou o seu sexto álbum Roses en maio de 2011 e publicouno en febreiro de 2012. Something Else, que versionaba cancións anteriores coa Irish Chamber Orchestra, publicouse en abril de 2017.[6]
Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Álbum | Ano | Selo |
---|---|---|
Everybody Else Is Doing It, So Why Can't We? | 1993 | Island Records |
No Need to Argue | 1994 | Island Records |
To the Faithful Departed | 1996 | Island Records |
Bury the Hatchet | 1999 | Island Records |
Wake Up and Smell the Coffee | 2001 | MCA |
Roses | 2012 | Downtown |
Something Else | 2017 | BMG |
In the End | 2019 | BMG |
Álbums ao vivo
[editar | editar a fonte]- Bualadh Bos – The Cranberries Live - 2010 (Island Def Jam)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "The Cranberries – Band". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2011. Consultado o 29 de abril de 2011.
- ↑ "Gold & Platinum Searchable Database". Recording Industry Association of America. Consultado o 1 January 2013.[Ligazón morta] If necessary, click Advanced, then click Format, select Album and click SEARCH.
- ↑ 3,0 3,1 "American Chart". Billboard.com. Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2008. Consultado o 24 de xuño de 2008.
- ↑ "The Cranberries Reunite After Six Years". SPIN.com. Consultado o 12 de novembro de 2009.
- ↑ "CRANBERRIES HIT SOUTH AMERICA!/FIRST OFFICIALLY ANNOUNCED TOUR DATE FOR EUROPE!". Dolores O'Riordan. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2009. Consultado o 24 de decembro de 2009.
- ↑ "The Cranberries Announce New Acoustic Album Something Else, Share “Linger”: Listen". Pitchfork. 14 de marzo de 2017. Consultado o 23 de marzo de 2017.