Saltar ao contido

Teresa Carreño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTeresa Carreño

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) María Teresa Gertrudis de Jesús Carreño García de Sena Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento22 de decembro de 1853 Editar o valor en Wikidata
Caracas, Venezuela Editar o valor en Wikidata
Morte12 de xuño de 1917 Editar o valor en Wikidata (63 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaPanteón Nacional de Venezuela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositora, pianista, directora de orquestra, cantante de ópera Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1863 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoMúsica clásica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresLouis Moreau Gottschalk (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraSoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoPiano Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeEugen d'Albert (1892–1895)
Giovanni Tagliapietra (1877–1889)
Émile Sauret
Arturo Tagliapetra Editar o valor en Wikidata
FillosEugenia Harris-D'Albert
 () Eugen d'Albert
Hertha Weber-D'Albert
 () Eugen d'Albert Editar o valor en Wikidata
PaiManuel Antonio Carreño Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDicionario Musical Riemann (1901–1904)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Twitter: LaTeresaCarreno BNE: XX935329 Spotify: 78r2ZzStp8jQKUOCy2tcE7 Musicbrainz: a6373dbb-5299-4e37-92f2-ece49eae237f Discogs: 1431278 IMSLP: Category:Carreño,_Teresa WikiTree: Carreño_y_García-1 Find a Grave: 12342374 Editar o valor en Wikidata

María Teresa Gertrudis de Jesús Carreño García, coñecida como Teresa Carreño, nada en Caracas o 22 de decembro de 1853 e finada en Nova York o 12 de xuño de 1917, foi unha compositora, pianista e cantante venezolana.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Manuel Antonio Carreño, quen a introduciu sendo moi nova no mundo da música. Aos cinco anos xa practicaba no piano máis de 500 exercicios que o seu pai compuxera.[Cómpre referencia] Continuou os estudos da man de Jules Hohené Georges Mathias, e tempo despois co compositor Louis Moreau Gottschalk en Nova York.

Aos seis anos publicou a súa primeira obra, Gottschalk Waltz, adicada ao seu mestre, que tivo un grande éxito.[Cómpre referencia] En 1862 a familia tivo que trasladarse aos Estados Unidos de América debido á situación política en Venezuela[Cómpre referencia], e alí comezou a dar pequenos concertos privados para mostrar os seus progresos co piano. Ese ano, o 25 de novembro, deu o seu primeiro concerto público, e ao ano seguinte ofreceu outro concerto privado na Casa Branca, invitada por Abraham Lincoln.[Cómpre referencia] Aos nove anos debutou como solista na Orquestra Sinfónica de Boston e coa Filharmónica de Londres, e fixo xiras por Cuba, EEUU ou Francia.

En 1866 faleceu a súa nai, pero isto non foi un impedimento para que continuase a xira en España, e a súa volta aos Estados Unidos. Con dezanove anos casou co violinista Emile Sauret. Froito deste matrimonio naceu unha filla, que deu en adopción[Cómpre referencia]. As datas coincidiron coa morte do seu pai.

En 1876 volveu a casar e tivo tres fillos, aos que criou mentres daba concertos por Estados Unidos e o Canadá. Viaxou dúas veces máis a Venezuela, e nalgunhas composicións da artista e posible apreciar o seu amor pola patria, nas que se advirten claras alusión sao merengue característico do país.[Cómpre referencia]

En 1889 volveu separarse e viaxou a Alemaña, onde volveu contraer matrimonio cun pianista, con quen tivo dúas fillas. Pero o matrimonio apenas durou tres anos; volveu casar, desta vez con Arturo Tagliapietra, irmán do seu segundo esposo.

En 1917, cando preparaba unha xira por Suramérica sufriu graves problemas de saúde, e diagnosticáronnlle parálise parcial do nervio óptico, que ameazaba con estenderse ao cerebro.[Cómpre referencia] Faleceu o 12 de xuño de 1917.

Compuxo un importante número de obras.

Obras destacadas

[editar | editar a fonte]
  • Valse Gottschalk, Op. 1
  • Caprice-Polka, Op. 2
  • Corbeille des fleurs, Valse, Op. 9
  • Marcha fúnebre, Op. 11
  • La oración, Op. 12,
  • Polka de Concert, Op. 13
  • Fantaisie sur Norma, Op. 14
  • Ballade, Op. 15
  • Plainte, première élégie, Op. 17
  • Partie, deuxième élégie, Op. 18
  • Élégie, Op. 20, Plaintes au bord d'une tombe
  • Élégie, Op. 21, Plaintes au bord d'une tombe
  • Fantaisie sur L'Africaine, Op. 24
  • Le Printemps, Op. 25
  • Un Bal en Rêve, Op. 26
  • Une Revue à Prague, Op. 27
  • Un rêve en mer, Méditation, Op. 28
  • Six Études de Concert, Op. 29
  • Mazurka de salon, Op. 30
  • Scherzo-Caprice, Op. 31
  • Deux Esquisses Italiennes Op. 33
  • Venise, Nr. 1
  • Florence, Nr. 2
  • Intermezzo Scherzoso, Op. 34
  • Le Sommeil de l'enfant, Berceuse, Op. 35
  • Scherzino, Op. 36
  • Highland (Souvenir de l'Écosse), Op. 38
  • La fausse note, Fantaisie-Valse, Op. 39
  • Staccato-Capriccietto Op. 40
  • Marche funèbre (1866)
  • Petite Valse (Teresita), (1898)
  • Saludo a Caracas (1885)
  • Vals Gayo
  • Obras para coro e orquesta
  • Himno a Bolívar (1883 o 1885)
  • Himno a El Ilustre Americano (1886)
  • Quartette à cordes pour 2 violons, viole et violoncelle, en si mineur (1895)
  • Sérénade pour cordes (1895)