Teodora Cantacuzena
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1340 |
Morte | Despois de 1390 |
Familia | |
Cónxuxe | Aleixo III de Trebisonda (1358 (Gregoriano)–) |
Fillos | Eudóxia de Trebizonda, Ana de Trebizonda, rainha da Geórgia, Basileios Comnenos, Manuel III de Trebisonda |
Pais | Nikephoros Kantakouzenos e (Anna) |
Teodora Cantacuzena, nada c. 1340 e finada despois de 1390, foi a emperatriz consorte de Aleixo III de Trebisonda.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Teodora é considerada filla de Nicéforo Cantacuzeno, sebastocrátor. Segundo a crónica do seu parente Xoán VI Cantacuzeno, Nicéforo foi encarcerado por ordes de Aleixo Apocauco, un dos principais asesores de Ana de Savoia na guerra civil contra Xoán VI, en 1341. Nicéforo foi liberado máis tarde e foi o gobernador de Adrianópole na década de 1350. A identidade da súa nai é descoñecida[1].
As traducións dispoñíbeis en latín da crónica mencionan a Nicéforo como patruelis de Xoán VI, un primo irmán paterno. Asumindo que isto non foi un erro de tradución, o avó paterno de Teodora sería un irmán de Miguel Cantacuzeno[2].
O 28 de setembro de 1351, Teodora casou con Aleixo III de Trebisonda. De acordo con Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era (1926) de William Miller, o matrimonio tivo lugar na reconstruída Igrexa de Santo Uxio. Miller considera que o matrimonio foi o resultado dunha alianza entre Xoán VI e Aleixo III[1].
Tiveron seis fillos. A maternidade das fillas foi cuestionada debido ao seu matrimonio con gobernantes non cristiáns, unha práctica normalmente seguida polas fillas ilexítimas dos emperadores, como María Paleóloga. Con todo non son mencionados como fillos ilexítimos nas fontes dispoñíbeis[3]:
- Ana de Trebisonda (6 de abril de 1357 - despois de 1406). casou con Bagrat V de Xeorxia como a súa segunda esposa. A «Crónica Xeorxiana» do século XVIII indica que ela foi a nai do fillo máis novo de Bagrat V, Constantino I de Xeorxia[4].
- Basilio de Trebisonda (17 de setembro de 1358 - c. 1377). Fillo máis vello, morreu novo.
- Manuel III de Trebisonda (16 de decembro de 1364 - 5 de marzo de 1417).
- Eudoxia de Trebisonda. Casou primeiro con Tadjeddin Pasha de Sinop, tamén emir de Limnia. O matrimonio tivo lugar o 8 de outubro de 1379. Tadjeddin morreu nunha batalla contra o seu tío Haji Omar en 1386[5]. Xurxo Frantzes indica que tivo fillos co seu primeiro marido, pero os nomes son descoñecidos. Eudoxia logo casou con Constantino Dragaš, un gobernante rexional semi-independente do fragmentando Imperio serbio, o seu propio reino centrouse en Velbazhd (Kyustendil). En 1395, xunto co seu veciño e aliado, o rei serbio Marko Mrnjavčević de Prilep, Constantino Dragaš morreu loitando polo seu sultán otomán Beyazid I contra Mircea I de Valaquia en Rovine, preto de Craiova. Eudoxia non tivo fillos coñecidos co seu segundo matrimonio[6].
- María de Trebisonda. casou con Süleyman Beg, emir de Chalybia. Era o fillo de Omar Haji e primo de Tadjeddin Pasha.
- Unha filla descoñecida. casou con Mutahharten, emir de Erzindjan.
Logo da morte de Aleixo III o 20 de marzo de 1390, Teodora retirouse a un mosteiro en Constantinopla. O seu nome monástico foi Teodosia. Non hai mención sobre ela despois[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Profile of Theodora Kantakouzene in "Medieval Lands" by Charles Cawley
- ↑ Profile of Michael Kantakouzenos and his family in "Medieval Lands" by Charles Cawley
- ↑ Profile of Alexios III and his children in "Medieval Lands" by Charles Cawley
- ↑ Profile of Bagrat V and his children in "Medieval Lands" by Charles Cawley
- ↑ Profile of Tadjeddin and his children in "Medieval Lands" by Charles Cawley
- ↑ Profile of Constantine Dragaš and his children in "Medieval Lands" by Charles Cawley