Tegucigalpa
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Honduras | ||||
Subdivisións das Honduras | Departamento de Francisco Morazán | ||||
Municipio | Distrito Central (pt) | ||||
Capital de | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 1.157.509 (2013) (5.744,46 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 201,5 km² | ||||
Bañado por | Rio Choluteca (pt) | ||||
Altitude | 990 m | ||||
Creación | 1578 (Gregoriano) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 11101 | ||||
Fuso horario | |||||
Outro | |||||
Irmandado con | Cidade de Guatemala Guadalaxara Gainesville Madrid Bogotá Lima Taipei (1975–) Nova Orleáns (1992–) Amán (2002–) | ||||
Sitio web | amdc.hn | ||||
Tegucigalpa é a capital de Honduras, localízase ó pé do cerro El Picacho nun estreito val formado polo río Grande ou Choluteca, a uns 990 metros sobre o nivel do mar. A súa poboación na área metropolitana en 2006 era de 1.682.725 persoas.
Tegucigalpa foi fundada por un grupo de españois co nome de Real Villa de San Miguel de Tegucigalpa de Heredia o 29 de setembro de 1578 sobre un antigo poboado indíxena existente. Nesa época a área de Tegucigalpa era un centro de actividade mineira onde se extraía especialmente prata e ouro.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A maioría das fontes indica que a orixe e significado da palabra Tegucigalpa deriva da lingua náhuatl.[1] A versión máis aceptada fai pensar que procede da palabra náhuatl Taguz-galpa, que significa "montes de prata", pero esta interpretación é incerta xa que os indíxenas que ocupaban a rexión daquela descoñecían a existencia de xacementos minerais da zona.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Eric Schwimmer (2003-02-24). "Dictionary of Honduran Colloquialisms, Idioms and Slang". geocities.ws. Consultado o 2011-06-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tegucigalpa |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Páxina oficial (en castelán)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |