Saltar ao contido

Tebas, Grecia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaTebas, Grecia
Θήβα (el) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 38°19′15″N 23°19′04″L / 38.3208, 23.3178
EstadoGrecia
Administracións descentralizadasDecentralized Administration of Thessaly and Central Greece (en) Traducir
PeriferiasGrecia Central
PrefecturasBeócia (pt) Traducir
ConcelloThiva Municipality (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación21.545 (2021) Editar o valor en Wikidata (25,96 hab./km²)
Xeografía
Superficie830 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude215 m-180 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Precedido por
CreaciónII milenio a. C. Editar o valor en Wikidata
Evento clave
292 a. C.Siege of Thebes (en) Traducir
decembro de 335 a. C.Battle of Thebes (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32200 Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico2262 Editar o valor en Wikidata

Sitio webthiva.gr Editar o valor en Wikidata
Ruínas de Tebas.

Tebas (en grego Θῆϐαι) era unha vila grega de Beocia, capital dun domo.

Tebas na mitoloxía

[editar | editar a fonte]

Orixes da cidade

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Cadmo.

A cidade foi fundada polo Cadmo (ou Cadmos), fillo de Axenor, rei de Tiro (Fenicia) e de Telefasa, e irmán de Europa.

Chegou a Grecia buscando á súa irmá Europa, raptada por Zeus. Ao non atopala, e seguindo o consello do Oráculo de Delfos buscou un lugar onde fundar unha cidade. No sitio previsto, un dragón matou os seus compañeiros pero el venceu ao dragón e sementou os seus dentes, dos que naceron os guerreiros que lle axudaron a fundar a cidade de Tebas.

Xa ancián, o pobo de Tebas rebélase contra el. Xunto coa súa esposa busca refuxio na Iliria, onde foron finalmente transformados en serpes.

O ciclo de Edipo

[editar | editar a fonte]
Artigos principais: Edipo, Esfinxe e Antígona.

Edipo era fillo dos reis de Tebas Laio e Iocasta. Ao nacer, un oráculo revela que matará o seu pai, ante o cal decídese que morra. Un pastor é o encargado de executalo, pero só o abandona no monte, no que é atopado por outro pastor, este de Corinto, o cal o leva ante os reis de Corinto, que o adoptan dada a súa incapacidade para ter fillos.

Coñecedor da terrible profecía, foxe de Corinto, e nun camiño pelexa e mata a un home, que resulta ser Laio, o seu pai. Chegando a Tebas atopa á Esfinxe, un monstro que se alimenta dos viaxeiros e ten atemorizada a Tebas, que lle propón unha adiviña, Cal é o único animal que na alborada anda con catro pés, ao mediodía con dous pés e á tardiña con tres pés?, que Edipo resolve dicindo que é o home. Edipo salva a vida e a esfinxe suicídase.

Os habitantes de Tebas danlle como mostra de gratitude o trono baleiro e a man da raíña viúva, Iocasta. Xa no trono, as desgrazas que caen sobre a cidade apuntan a un home impío que atrae a cólera dos deuses. Por fin Edipo descobre toda a verdade e cégase polo que fixo. Guiado pola súa filla Antígona diríxese a Colono, alí os seus fillos pelexaran polo seu cadáver, pois será rei quen o posúa.

Máis tarde, Antígona foi condenada a ser enterrada viva como castigo por ter enterrado o cadáver do seu irmán, Polinices, a pesar da prohibición do tirano Creonte.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.