Taumatina
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2016.) |
A taumatina, tamén coñecido polo código E 957, é un dos edulcorantes máis poderosos.[Cómpre referencia]
É un extracto glucopeptídico extraído da polpa do froito do katemfe, Thaumatococcus danielli, planta arbustiva de África Occidental, que o organismo metaboliza como as demais proteínas da dieta.
Ten un certo regusto a regalicia, e ás veces mesturase con glutamato para potenciar o sabor. En Inglaterra está autorizada para adozar medicinas, nos Estados Unidos para a goma de mascar e en Australia como axente aromatizante.
Utilizase en bebidas que conteñen café, saborizantes, refrescos, produtos enriquecidos con vitaminas e minerais, produtos para a hixiene da boca e produtos baixos en graxa.
Figura no Libro Guinness dos Récords como a substancia máis doce coñecida, unhas 2.500 veces máis que o azucre común.