Tambores metálicos de Trinidad e Tobago
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Tambores metálicos de Trinidad e Tobago | |
---|---|
Información | |
Clasificación | Percusión |
Os tambores metálicos de Trinidad e Tobago, tamén coñecidos como steelpan, pan ou steeldrums, son varios instrumentos musicais e un xénero da música de Trinidad e Tobago. Cando os trinitenses se refiren ao conxunto que executa música cos tambores metálicos, empregan o termo steelband, que en galego se traduce como banda de aceiro.
Os steelpan son instrumentos de percusión que posúen unha afinación nunha escala pentatónica, aínda que existen algúns deles que son afinados nunha escala diatónica ou escala cromática. Para fabricar un destes tambores, empréganse contedores de aceiro de cincuenta e cinco galóns (aproximadamente 200 litros) dos que se empregan nos repartimentos de petróleo. De feito, un dos nomes nativos de Trinidad para este instrumento, drum, deriva do termo inglés co que se designan os tanques que se empregan na confección do tambor. O tambor metálico é correctamente chamado steelpan ou pan, en tanto que é un instrumento da familia dos idiófonos, e non se trata propiamente dun tambor, que é un membranófono.
O son do tambor metálico de Trinidad e Tobago é moi recoñecíbel en músicas caribeñas tropicais e no xénero calipso.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tambores metálicos de Trinidad e Tobago |