Saltar ao contido

Tadej Pogačar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTadej Pogačar

(2022) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de setembro de 1998 Editar o valor en Wikidata (26 anos)
Klanec, Eslovenia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura176 cm Editar o valor en Wikidata
Peso66 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónciclista Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEslovenia Editar o valor en Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Competición
2017-2018 Rog-Ljubljana
2019- UAE Abu Dhabi
Participou en
20242024 UCI World Ranking (en) Traducir (1º)
1 de xullo de 2023Tour de France de 2023 (pt) Traducir (2º)
2023UCI Europe Tour de 2023 (pt) Traducir (1º)
20232023 UCI World Ranking (en) Traducir (1º)
1 de xullo de 2022Tour de France de 2022 (pt) Traducir (2º)
20222022 UCI World Ranking (en) Traducir (1º)
2022UCI Europe Tour de 2022 (pt) Traducir (1º)
24 de xullo de 2021Ciclismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - Corrida em estrada masculina (pt) Traducir (3º)
26 de xuño de 2021Tour de France de 2021 (pt) Traducir (1º)
2021UCI Europe Tour de 2021 (pt) Traducir (1º)
20212021 UCI World Ranking (en) Traducir (1º)
29 de agosto de 2020Tour de France de 2020 (pt) Traducir (1º)
20202020 UCI World Ranking (en) Traducir (2º)
2020UCI Europe Tour 2020 (pt) Traducir (2º)
24 de agosto de 2019Volta a Espanha de 2019 (pt) Traducir (1º)
31 de xaneiro de 2019UCI Europe Tour de 2019 (pt) Traducir (14º)
20192019 UCI World Ranking (en) Traducir (15º)
20182018 UCI World Ranking (en) Traducir (112º)
2018UCI Europe Tour de 2018 (pt) Traducir (28º)
2018UCI Asia Tour 2018 (pt) Traducir (270º)
2017UCI Europe Tour 2017 (258º)
20172017 UCI World Ranking (en) Traducir (464º) Editar o valor en Wikidata
Familia
ParellaUrška Žigart Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webtadej-pogacar.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm13824217 Facebook: tadej.pogacar.5 Twitter: TamauPogi Instagram: tadejpogacar Youtube: UC919mLOYglQxa41BJ8uCSCA Editar o valor en Wikidata

Tadej Pogačar, nado en Klanec, Komenda, o 21 de setembro de 1998, é un ciclista esloveno, membro do equipo UAE Team Emirates.[1]

En 2019 converteuse no ciclista máis novo en gañar unha carreira por etapas da UCI WorldTour (máxima categoría do ciclismo profesional) ao vencer no Tour de California 2019 con só 20 anos.[2] Tamén gañou ese ano tres etapas na Volta a España 2019, na que acabou terceiro.[3]

En 2020 converteuse, tras Henri Cornet en 1904, no segundo ciclista máis novo da historia en gañar o Tour de Francia, ao proclamarse vencedor da edición dese ano.

En 2021 converteuse no cuarto ciclista da historia en gañar o Tour de Francia e o Giro de Lombardía o mesmo ano, tras Fausto Coppi (1949), Eddy Merckx (1971 e 1972) e Bernard Hinault (1979).[4] Así mesmo, converteuse no terceiro ciclista da historia en gañar o mesmo ano o Tour de Francia e dous monumentos, tras Coppi (en 1949 gañou Giro, Tour e dous monumentos) e Merckx (en 1972 gañou Giro, Tour e tres monumentos, en 1969 e 1971 gañou o Tour e tres monumentos, e en 1973 gañou Giro, Volta e dous monumentos).[5]

En 2023, tras a súa vitoria no Tour de Flandres, convértese no sexto ciclista da historia en vencer en tres monumentos diferentes e o Tour de Francia tras Fausto Coppi, Louison Bobet, Felice Gimondi, Eddy Merckx e Bernard Hinault.[6] Así mesmo, convértese no terceiro ciclista en conquistar a carreira belga e o Tour de Francia tras o francés Bobet e o belga Merckx.

En 2024 gañou con autoridade o Giro de Italia[7] e despois tamén o Tour de Francia.[8] Rematou coa medalla de ouro no Mundial en estrada.[9]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira como ciclista en equipos semi-profesionais de Eslovenia en 2016, para pasar ao ROG-Ljubljana en 2017, cando participou na principal carreira do seu país, o Tour de Eslovenia, tivo unha destacada actuación onde competiu contra ciclistas como Rafał Majka e Giovanni Visconti. Ao ano seguinte, foi cuarto na mesma carreira sendo superado polo seu compatriota Primož Roglič, o colombiano Rigoberto Urán e o seu outro compatriota Matej Mohorič. Unhas semanas antes gañara a xeral da Carreira da Paz na República Checa. Dous meses despois gañou o Tour do Porvir na súa edición de 2018.[10] Estas vitorias influíron na súa fichaxe co UAE Team Emirates até o final da tempada 2023.

O esloveno proclamouse vencedor da 45ª edición da Volta ao Algarve 2019, na cal obtivo a súa primeira vitoria como profesional coas cores do UAE Team Emirates.

En maio participou na 14ª edición do Tour de California (nome oficial: Amgen Tour of California), na cal gañou a etapa raíña e obtivo a clasificación xeral por diante de Sergio Higuita do EF Education First e o danés Kasper Asgreen do Deceuninck-Quick Step. Nese mesmo ano proclamouse co Campión de Eslovenia de Ciclismo Contra o reloxo.

En agosto de 2019 foi incluído na lista de saída da Volta a España 2019.[11] Gañou dúas etapas na segunda semana da Volta e estaba nunha posición alta na xeral ao comezo da terceira semana. Con todo, na última semana Nairo Quintana e Miguel Ángel López progresaron na montaña e adiantárono na clasificación, sacándoo provisionalmente do podio. Tras unha gran vitoria de etapa nunha escapada en solitario de 40 quilómetros na penúltima etapa con final na Serra de Gredos, gañou suficiente tempo sobre os seus opoñentes para enfundarse o xersei de mellor novo e ascender á terceira posición do podio, que logrou manter tras a etapa final en Madrid.[12]

Pogačar coa camisola amarela de líder durante a 21ª etapa do Tour de Francia 2020, en París.

A tempada 2020 sería un momento de consolidación para o ciclista esloveno, que buscaba mellorar as súas actuacións en diferentes carreiras da máxima categoría.

En febreiro deu apertura á súa tempada participando na 71ª edición da Volta á Comunidade Valenciana, obtendo 2 vitorias de etapa e consagrándose campión da carreira. Nese mesmo mes participou no UAE Tour, dita competición celebrábase nos Emiratos Árabes Unidos, onde o equipo UAE Team Emirates eran locais da competencia, pero unha serie de problemas no equipo e a falta de forzas, relegou o esloveno a finalizar a carreira en segunda posición, por detrás do británico Adam Yates, aínda que logrou conseguir unha vitoria de etapa nun sprint final vencendo o ciclista kazako Alexey Lutsenko do Astana.

En xuño fíxose presente nos campionatos nacionais de Eslovenia para disputar as carreiras de ruta e contra o reloxo na cal tivo unha destacada participación, xa que se proclamou vencedor da proba contra o reloxo por diante de Primož Roglič e Jan Polanc. Na proba de ruta quedou en segunda posición por detrás de Roglič, quen co seu potente sprint no último quilómetro logrou desprenderse e coroarse campión daquela edición.

Planificouse a súa participación no Tour de Francia, en principio para axudar ao xefe de filas do equipo, Fabio Aru.[13] Na primeira semana da carreira perdeu máis dun minuto coa maioría de favoritos na 7.ª etapa por mor dos abanos.[14] Na segunda semana converteuse no líder indiscutible do equipo ao gañar dúas etapas de montaña: a 9ª, con final en Laruns, e a 15ª, con final en Grand Colombier, tras a que alcanzou o segundo lugar da xeral, a un minuto do líder da carreira, o seu compatriota Primož Roglič. Na penúltima etapa realizou unha extraordinaria contra o reloxo, no que foi considerada unha actuación individual histórica e gañou a etapa en La Planche des Belles Filles, conseguindo unha gran diferenza sobre os seus rivais que lle permitiu converterse en líder.[15][16] O 20 de setembro converteuse no segundo corredor máis novo da historia en gañar o Tour, por detrás de Henri Cornet, que gañou o Tour de Francia 1904 con 19 anos.[17] Conseguiu tamén nesa edición gañar o Gran Premio da montaña e a clasificación dos mozos.

Pogačar coa camisola amarela de líder durante a 14ª etapa do Tour de Francia 2021.

Tadej empeza gañando o UAE Tour, a carreira do patrocinador do equipo. Continúa cun gran rendemento en Tirreno-Adriático onde consegue a vitoria na xeral, queda terceiro na Volta ao País Vasco onde gaña unha etapa e despide a primavera nas clásicas das Ardenas. Non pode competir na Frecha Valoa por un caso positivo por Covid-19 no seu equipo, pero si gaña o seu primeiro monumento, a Lieja-Bastoña-Lieja[18] e tómase un tempo de descanso e recuperación.

Na súa preparación para o Tour de Francia só compite na Tour de Eslovenia onde gaña unha etapa e a xeral, preséntase ao Tour como vixente campión e desde o principio empeza a acumular diferenzas ante os seus rivais. Igual que o ano anterior, gaña 3 etapas, a camisola da montaña e o xeral do Tour de Francia.[19][20] Unha semana despois compite na carreira en ruta dos xogos olímpicos de Tokio conseguindo a medalla de bronce para Eslovenia.[21]

Renuncia á Volta a España[22] despois dunha tempada moi cargada, a pesar de anunciar a súa participación e participa en varias carreiras dun día, onde disputa a carreira pero lonxe da súa mellor forma non consegue gañar até disputar o Giro de Lombardía onde vence escapado xunto a Fausto Masnada, igualando a marca de Eddy Merckx, Bernard Hinault e Fausto Coppi como únicos corredores en vencer no Tour e Lombardía no mesmo ano.

Comeza a súa tempada da forma na que o viña facendo nos últimos anos co UAE Tour, que volve conquistar cun amplo dominio, logo, en marzo, convértese no primeiro ciclista gañador do Tour de Francia en imporse na Strade Bianche, días despois por segundo ano consecutivo gana a Tirreno Adriático, sendo o primeiro corredor en logralo tras os dous triunfos seguidos de Vincenzo Nibali entre 2012 e 2013.

Como preparación ao Tour de Francia, decide modificar o seu calendario e proba as clásicas de lastro, participando nas competencias flamengas A través de Flandres e o Tour de Flandres, tendo resultados sorpresivos, mesmo cerca do podio dunha elas, como o foi no Tour de Flandres terminando no cuarto posto.

Despois de gañar dous anos seguidos o Tour de Francia, quedou segundo detrás de Jonas Vingegaard con tres vitorias de etapa, repetindo a secuencia en parciais individuais como en 2020 e 2021.

Ao pechar o seu calendario, conquista o Gran Premio de Montreal derrotando a Wout Van Aert logo dunha embalaxe apertada, pouco despois, por segundo ano consecutivo, faise co Giro de Lombardía, que o catapulta como o gañador da UCI Europe Tour e a UCI World Ranking, tamén por segundo ano consecutivo nas dúas clasificacións anuais.

Empeza a tempada 2023 vencendo a clásica Xaén Paraíso Interior en febreiro. Na semana seguinte gaña tres das cinco etapas da Volta a Andalucía, conquistando tamén a clasificación xeral e a dos puntos. En marzo participa na París-Niza, na que gañou tres das sete etapas, e a clasificación xeral, a dos puntos e a dos mozos, terminando segundo na clasificación da montaña. Viaxa a Italia, onde termina na cuarta praza no primeiro monumento da tempada, a Milan-San Remo, que conquistou Mathieu van der Poel.

Termina o mes de marzo facendo un terceiro lugar na clásica E3 Saxo Classic, gañada por Wout van Aert. No mes de abril volve aos triunfos, conquistando o Tour de Flandres, terceiro monumento diferente na súa carreira, e nas clásicas das Ardenas gana a Amstel Gold Race e a Frecha Valoa. Na Lieja-Bastoña-Lieja, non acaba a carreira por unha caída que lle provoca varias fracturas na boneca esquerda.

Despois do seu accidente no que se viu comprometida a súa boneca esquerda, regresa á competición nos campionatos nacionais do seu país, tomando as probas como preparación a curto prazo para o Tour de Francia. Xa na rolda francesa, ten unha actuación destacada, tomando en conta o incidente físico que tivo, finalizando novamente na segunda posición detrás do ciclista danés Jonas Vingegaard e gañando dúas etapas, tamén conquistou a clasificación dos mozos, o que lle permite ser o corredor que máis veces gañou esta clasificación secundaria, con catro triunfos.

No mes de agosto compite no Mundial de ciclismo, no cal termina na terceira posición, por detrás de Mathieu van der Poel e Wout Van Aert..No mes de outubro gaña por terceira edición consecutiva o Giro de Lombardía, converténdose no único corredor menor de 25 anos en gañar o monumento en tres edicións seguidas.

Empeza a tempada 2024 un pouco máis tarde do habitual coa intención de tentar o dobrete Giro-Tour.[23] Aínda así debuta con vitoria, por quinta tempada consecutiva, gañando a Strade Bianche. Posteriormente participa na Milán-San Remo, coa intención de conquistar o monumento italiano por primeira vez pero acaba 3.º tras Jasper Philipsen e Michael Matthews.

No Giro de Italia chegou á última etapa en Roma con 09:56 sobre o segundo clasificado, Daniel Felipe Martínez, despois de gañar 6 etapas e estar todos os días menos un coa maglia rosa.[7] [24]

Gañou o seu terceiro Tour de Francia cunha vantaxe de 6’17” sobre Jonas Vingeggard na clasificación xeral. Gañou tamén cinco etapas de alta montaña e a contrarreloxo final de Niza. Vestiuse de amarelo desde a etapa 4 ata o final.[8]

En setembro gañou o Campionato do mundo de ciclismo en estrada. Co xersei arco da vella do mundial rematou unha das mellores tempadas dun ciclista na historia do deporte:[25]

  • 1 - World Championships, RR
  • 1 - Tour de France, GC
  • 1 - Giro de Italia, GC
  • 1 - Liege-Bastogne-Liege
  • 1 - Strade Bianche
  • 1 - GP de Montreal
  • 1 - Volta a Catalunya, GC
  • 3 - Milano-Sanremo
  • 7 - GP de Quebec

Palmarés

[editar | editar a fonte]
2018
  • Gran Premio Priessnitz Spa, máis 1 etapa
  • 2º no Campionato de Eslovenia Contra o reloxo
  • Tour del Porvenir
  • Giro del Friuli Venezia Giulia
  • Trofeo Gianfranco Bianchin

2019

  • Volta ao Algarve, máis 1 etapa
  • Tour de California, máis 1 etapa
  • Campionato de Eslovenia Contrarreloj
  • 3.º na Volta a España, máis 3 etapas e clasificación dos mozos

2020

  • Vuelta a la Comunidad Valenciana, máis 2 etapas
  • 1 etapa do UAE Tour
  • 2º Campionato de Eslovenia en Ruta
  • Campionato de Eslovenia Contra o Reloxo
  • Tour de Francia , máis 3 etapas, clasificación da montaña e clasificación dos novos

2021

  • UAE Tour, máis 1 etapa
  • Tirreno-Adriático, máis 1 etapa
  • 1 etapa da Volta ao País Vasco
  • Lieja-Bastoña-Lieja
  • Tour de Eslovenia, máis 1 etapa
  • 3º no Campionato de Eslovenia Contra o reloxo
  • Tour de Francia , máis 3 etapas, clasificación da montaña e clasificación dos mozos
  • 3º no Campionato Olímpico en Ruta
  • Giro de Lombardía
  • UCI World Ranking
  • UCI Europe Tour

2022

  • UAE Tour, máis 2 etapas
  • Strade Bianche
  • Tirreno-Adriático, máis 2 etapas
  • Tour de Eslovenia, máis 2 etapas
  • 2º no Tour de Francia, máis 3 etapas e clasificación dos mozos
  • Gran Premio de Montreal
  • Tres Valles Varesinos
  • Giro de Lombardía
  • UCI World Ranking
  • UCI Europe Tour
2023
  • Clásica Xaén Paraíso Interior
  • Vuelta a Andalucía, máis 3 etapas
  • París-Niza, máis 3 etapas
  • Tour de Flandres
  • Amstel Gold Race
  • Frecha Valoa
  • Campionato de Eslovenia Contra o reloxo
  • Campionato de Eslovenia en Ruta
  • 2º no Tour de Francia, máis 2 etapas e clasificación dos novos
  • 3.º no Campionato Mundial en Ruta
  • Giro de Lombardía
  • UCI World Ranking
  • UCI Europe Tour

2024

  • Strade Bianche
  • Volta a Cataluña, máis 4 etapas
  • Lieja-Bastoña-Lieja
  • Giro de Italia, máis 6 etapas
  • Tour de Francia, máis 6 etapas
  • Campionato do Mundo en estrada

Resultados

[editar | editar a fonte]

Voltas grandes

[editar | editar a fonte]
Carreira 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
Giro de Italia 1.º
Tour de Francia 1.º 1.º 2.º 2.º 1.º
Volta a España 3.º

Voltas menores

[editar | editar a fonte]
Tour Down Under 13.º X X
París-Niza 1.º
Tirreno-Adriático 1.º 1.º
Volta a Cataluña X 1.º
Vuta ao País Vasco 6.º X 3.º
Critérium du Dauphiné 4.º

Clásicas, Campionatos e Xogos Olímpicos

[editar | editar a fonte]
Carreira 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024
Strade Bianche 30.º 13.º 7.º 1.º 1.º
Milán-San Remo 12.º 5.º 4.º 3.º
E3 Saxo Bank Classic X 3.º
A Través de Flandres X 10.º
Tour de Flandres 4.º 1.º
Amstel Gold Race Ab. X 1.º
Frecha Valoa 53.º 9.º 12.º 1.º
Lieja-Bastoña-Lieja 18.º 3.º 1.º Ab. 1.º
Clásica San Sebastián Ab. X Ab.
Bretagne Classic 89.º
Gran Premio de Quebec X X 24.º
Gran Premio de Montreal X X 1.º
Giro de Lombardía 1.º 1.º 1.º
JJ.OO. (Ruta) Non se disputou 3.º ND
Mundial en Ruta 18.º 33.º 37.º 19.º 3.º
Mundial Contrarreloj 10.º 6.º 21.º
Europeo en Ruta 5.°
Europeo Contrarreloj 12.º
Eslovenia en Ruta 6.º 7.º 2.º 5.º 1.º
Eslovenia Contra o reloxo 5.º 2.º 1.º 1.º 3.º 1.º

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]
  • Bicicleta de Ouro (2021)
  • Trofeo Flandrien Internacional (2021, 2022)
  • Ljubljana (2017-2018)
    • ROG-Ljubljana (2017)
    • Ljubljana Gusto Xaurum (2018)
  • UAE Team Emirates (2019-)
  1. "La Vuelta a Espana 2019 - Wonderkid Tadej Pogacar storms to third stage win of La Vuelta" (en inglés). Consultado o 6 de septiembre de 2020. 
  2. Marshall-Bell, Chris (18 de mayo de 2019). "Record-breaker Tadej Pogačar wins Tour of California after Cees Bol takes stage seven" (en inglés). Consultado o 6 de septiembre de 2020. 
  3. As.com (ed.). "Pogacar, a las puertas de ser el 2.º ganador más joven del Tour". Consultado o 20 de septiembre 2020. 
  4. As.com (ed.). "Coppi, Merckx, Hinault y... Pogacar". Consultado o 10 de octubre 2021. 
  5. elconfidencial.com (ed.). "Pogacar desafía a la leyenda al ganar el Giro de Lombardía". Consultado o 10 de octubre 2021. 
  6. elconfidencial.com (ed.). "Pogačar gana de Ronde van Vlaanderen y mira a los ojos de la historia". Consultado o 3 de abril 2023. 
  7. 7,0 7,1 "Clasificaciónes del Giro d'Italia 2024". Giro d'Italia 2024 (en castelán). Consultado o 2024-05-26. 
  8. 8,0 8,1 "Tadej Pogačar gana el Tour de Francia 2024 y suma su tercer título de la carrera". France 24. 2024-07-21. Consultado o 2024-07-22. 
  9. González, Marco (2024-09-29). "Pogacar, campeón del mundo en Zúrich con un ataque a 100 km de meta". Diario AS (en castelán). Consultado o 2024-09-29. 
  10. "Tadej Pogacar, suyo es el Porvenir". Ciclismo a Fondo. 26 de agosto de 2018. 
  11. "2019: 74th La Vuelta ciclista a España". ProCyclingStats. Consultado o 23 de agosto de 2019. 
  12. "Vuelta a España stage 20: Tadej Pogačar takes third stage win of the race with 40km solo move" (en inglés). 14 de septiembre de 2019. 
  13. Fletcher, Patrick (17 de nadal de 2019). "Pogacar to make Tour de France debut in 2020" (en inglés). 
  14. "Repite Van Aert y Landa y Pogacar se dejan más de un minuto". La Vanguardia (en castelán). 2020-09-04. Consultado o 2024-05-19. 
  15. Glendenning, Barry (2020-09-19). "Tour de France: Pogacar set to win after overhauling Roglic in time trial – as it happened". the Guardian (en inglés). ISSN 0261-3077. Consultado o 2024-05-19. 
  16. "¡Tadej Pogacar asalta La Planche, remonta a Primoz Roglic y gana el Tour de Francia!". MARCA (en castelán). 2020-09-19. Consultado o 2024-05-19. 
  17. "Tadej Pogacar se corona en París". MARCA (en castelán). 2020-09-20. Consultado o 2024-05-19. 
  18. "La précocité de Tadej Pogacar, vainqueur de Liège-Bastogne-Liège, en chiffres" (en francés). lequipe.fr. 25 abril 2021. .
  19. "El ciclista Tadej Pogacar logró su segundo Tour de Francia consecutivo" (en castelán). france24.com. 18 xullo 2021. .
  20. elmundo.es (ed.). "Pogacar, el nuevo 'Caníbal' que devora todos los récords". Consultado o 25 de marzo de 2024. 
  21. "Victoria extraterrestre de Pogacar en Il Lombardía, con Valverde 5º". Mundo Deportivo (en castelán). 2021-10-09. Consultado o 2024-05-19. 
  22. "Tadej Pogacar finalmente no correrá la Vuelta ciclista a España" (en castelán). rtve.es. 5 agosto 2021. 
  23. mundodeportivo.com (ed.). "Pogacar confirma que va a por el doblete Giro-Tour". Consultado o 25 de marzo de 2024. 
  24. "Un Tadej Pogacar colosal: conquista la 'maglia' en su primer Giro y apunta al doblete de Marco Pantani". MARCA (en castelán). 2024-05-26. Consultado o 2024-05-26. 
  25. Miranda, Daniel; Sánchez-Heredero, Daniel (2024-09-29). "Resumen y resultado del Mundial de ciclismo 2024: resultado, ganador y medallistas". Diario AS (en castelán). Consultado o 2024-09-29.