Saltar ao contido

Suva

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSuva
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 18°08′00″S 178°26′00″L / -18.1333, 178.4333
País insularFidxi
DivisiónDivisión Central, Fidxi
ProvinciaRewa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación88.271 (2009) Editar o valor en Wikidata (43,1 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.048 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Altitude0 m Editar o valor en Wikidata

Sitio websuvacity.org Editar o valor en Wikidata

Suva é a capital e cidade máis grande de Fidxi. Está localizada na costa sueste da illa de Viti Levu, na división de Fidxi Central, da cal tamén é a capital. Suva converteuse na capital oficial de Fidxi en 1877 cando a xeografía de Kaivalagi, un antigo asentamento europeo en Levuka na illa de Ovalau, quedou pequeno. No censo de 1996, o último ata a data, a cidade de Suva tiña unha poboación de 77.366 habitantes. Incluíndo os suburbios independentes, a poboación da área urbana de Suva do Norte era de 167.975 no mesmo censo.[1]

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Rúa do centro de Suva.
Vista de Suva.

Suva é o centro comercial e político de Fidxi, e a cidade máis grande no Pacífico Sur fóra de Australia e Nova Zelandia. É o porto principal de Fidxi e foi a sede dos Xogos do Pacífico Sur en varias ocasións, a ultíma no 2003.

Aínda que Suva se sitúa nunha península, e está case rodeada polo mar, a praia máis próxima está a 40 quilómetros de distancia en Pacific Harbour, e a costa próxima está rodeada de mangleiral. Unha significativa parte do centro da cidade, incluíndo o antigo Edificio Parlamentario, foi construída sobre o mangleiral. Suva recibe unha considerable cantidade de choivas, e aínda que non chove máis que en Pohnpei, un estado de Micronesia, ten máis precipitacións que Nadi e o occidente de Viti Levu, o cal é coñecido polos suvaneses como, "o occidente ardente".

Distrito Comercial Central nos anos 1950.

En 1868 o xefe bauano Seru Epenisa Cakobau, vendeulle 5000 km² de terreo, dos que 575 km² quedaban no que era entón a aldea de Suva, á Compañía Polinesia, unha compañía australiana, co propósito de pagar as súas débedas aos E.U.A. A Compañía Polinesia pensaba crear unha industria de algodón co terreo comprado, pero o clima da rexión impediullo.

Logo da anexión das illas de Fidxi ao Reino Unido en 1874, as autoridades coloniais decidiron cambiar a capital, de Levuka a Suva en 1877. A transición fíxose oficial en 1882. O Coronel F.E. Pratt dos Enxeñeiros Reais foi nomeado Deseñador Xeral en 1875 e deseñou a nova capital, coa asistencia de 'W. Stephens e o Coronel R.W. Stewart.

En 1909 logo da promulgación da Ordenanza da Constitución do Municipio, Suva adquiriu status municipal. A aldea orixinalmente consistía en só unha milla cadrada; estes bordos permaneceron intactos ata 1952 cando os distritos de Muanikau e Samabula foron anexados, expandindo o seu territorio máis de 13 quilómetros cadrados. En outubro dese ano, Suva foi proclamada cidade, a primeira de Fidxi. Entón foi anexada Tamavua; a extensión máis recente dos seus límites foi a incorporación do distrito de Cunningham no norte da cidade. O crecemento urbano resultou nun número de suburbios nos arredores da cidade e forman parte da área Metropolitana de Suva.

Arquitectura e urbanismo

[editar | editar a fonte]

O edificio máis alto de Fidxi, o Suva Central, foi recentemente inaugurado e levántase a 24´6 metros máis que o Edificio do Banco de Reserva de Fidxi. Suva Central é hoxe en día a edificación máis alta da rexión Insular Pacífica. Outra estrutura moi coñecida é a Biblioteca de Suva, construída en 1909 e financiada polo empresario e magnate Andrew Carnegie.

Hospital colonial.

O complexo de edificios gobernamentais ocupa o que unha vez foi un terreo pantanoso de mangleiral, o cal foi drenado en 1935 e aproximadamente 5 km de concreto reforzado foi usado para cementar a área para que puidese soportar os grandes edificios que ían ser construídos. O edificio central foi terminado en 1939; unha nova á foi terminada en 1967. Con todo, o parlamento de Fidxi foi trasladado cara a outra localidade na Rúa Ratu Sukuna en 1992.

A Casa Gobernamental foi a antiga residencia dos gobernadores coloniais de Fidxi e logo da súa independencia en 1970, a dos Gobernadores Xerais de Fidxi. É agora a residencia oficial do Presidente. Orixinalmente construída en 1882, tivo que ser reconstruída en 1928, logo de serios danos tras unha tormenta eléctrica en 1921.

Edificio do Foro das Illas do Pacífico.

A Escola de Medicina de Fidxi e un dos tres campus universitarios da Universidade do Pacífico Sur está en Suva. O campus da Universidade do Pacífico Sur (UPS) ocupa o que unha vez foi unha base de hidroavións de Nova Zelandia. É o máis grande dos campus da UPS que se atopan por todo o Pacífico Sur.

O Museo de Fidxi, localizado nos Xardíns Thurston, foi fundado en 1904 e orixinalmente ocupaba a antiga alcaldía, pero moveuse ata a súa localización actual en 1954. O museo alberga a colección máis extensiva de artefactos fidxianos do mundo, e tamén é unha institución educativa e de investigacións, especializada en arqueoloxía, a preservación de tradicións orais fidxianas, e a publicación de material acerca da cultura e linguaxe de Fidxi.

Suva ten ao redor de 78 parques. Estes inclúen o novo Xardín Takashi Suzuki e o Xardín Thurston. Aberto en 1913, os Xardíns Thurston están repletos con flora de toda a rexión do Pacífico Sur. O Parque Apted, é un lugar ideal para ver o amencer e o anoitecer.

Goberno municipal

[editar | editar a fonte]
Edificio do Parlamento de Fidxi.

Suva ten un status municipal e é gobernado por un alcalde e un concello de vinte membros o cal é controlado polo partido Soqosoqo Duavata ni Lewenivanua que gañou a maioría de postos logo das eleccións municipais do 2005 en Suva. O actual alcalde é Ratu Peni Volavola.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Suva é unha cidade multirracial e multicultural. Fidxianos indíxenas e indo-fidxianos, os principais dous grupos étnicos de Fidxi, compón a maioría da poboación de Suva, pero a poboación da cidade inclúe caucásicos e chineses, entre outros. A maioría de expatriados en Fidxi atópanse en Suva. O idioma máis falado na cidade é o inglés, pero o fidxiano, e o hindustano tamén é falado en certas áreas da cidade.

  1. "Statsfiji.gov.fj". Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 22 de maio de 2010. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]