Sunita Narain
Nome orixinal | (hi) सुनीता नारायण |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 23 de agosto de 1961 (63 anos) Nova Deli, India |
Educación | Universidade de Delhi |
Actividade | |
Campo de traballo | Ambiente, fonte de auga e Ecoloxismo |
Ocupación | emprendedora, ecoloxista, activista política, magazine editor (en) |
Membro de | |
Premios | |
Sunita Narain, nada en 1961, é unha ecoloxista india e activista política así como unha importante proponente do concepto de política verde no desenvolvemento sustentable. É directora xeral do Instituto Indio de Investigacións baseado no Centro de Ciencia e Ambiente, e directora da Sociedade de Comunicacións Ambientais, e editora da revista quincenal, Down To Earth.
En 2016, foi nomeada para a lista do Time Magazine de 100 Persoas Máis Influentes.[1]
Actividades
[editar | editar a fonte]Narain empezou a traballar co Centro para a Ciencia e o Ambiente en 1982, traballando co fundador Anil Agarwal, mentres completaba os seus estudos na Universidade de Delhi. En 1985, co-editou o "Estado Ambiental de India", e logo estudaría os asuntos relacionados coa administración de bosques. Para ese proxecto percorreu o país para entender a administración dos recursos naturais.
Ao longo dos anos, Narain desenvolveu os sistemas de xestión e apoio financeiro necesarios para o Centro, que conta con máis de cen membros, e un perfil de programa dinámico. A principios dos 90, involucrouse en temas ambientais globais; e, continúa traballando nestes temas como investigadora e defensora. Os seus intereses de investigación son amplos: desde a democracia global, con especial énfase no cambio climático, até a necesidade de democracia local, no que traballou tanto no manexo dos recursos forestais como nos relacionados coa auga. Narain segue participando activamente, tanto a nivel nacional como internacional, na sociedade civil. Está actualmente a cargo da administración do Centro e xoga unha función activa nun número de proxectos de procura e campañas públicas.
Serviu en Consellos de varias organizacións e en comités gobernamentais e falou en moitos foros en asuntos da súa preocupación e pericia. En 2008 Narain pronunciou a oración KR Narayanan sobre "Por que o Ambientalismo necesita a equidade: Aprendendo do ambientalismo dos pobres para construír o noso futuro común".[2]
Accidente de ciclismo
[editar | editar a fonte]Magoouse nun accidente de estrada mentres viaxaba en bicicleta cerca do All India Institute of Medical Sciences o 20 de outubro de 2013. A súa bicicleta foi alcanzada por un coche, ía a Lodhi Garden desde a súa casa en Green Park. O condutor do coche non parou e ela foi levada rapidamente ao AIIMS por un transeúnte. Sufriu lesións faciais e ortopédicas.[3]
Publicacións
[editar | editar a fonte]- 1991, coautora Global Warming in an Unequal World: A case of environmental colonialism[4]
- 1992, coautora Towards a Green World: Should environmental management be built on legal conventions or human rights?
- Desde o Protocolo de Kioto sobre o cambio climático en 1997, traballou nun número de artigos e documentos sobre cuestións relacionadas cos mecanismos de flexibilidade e a necesidade de equidade e dereitos nas negociacións sobre o clima.
- 2000, coeditou a publicación Green Politics: Global Environmental Negotiations, que fai unha mirada sobre o marco emerxente ecolóxico da globalización e pon en axenda ao Sur en negociacións globais.[5]
- 1997, empuxando a preocupación pola colleita de auga, coeditou o texto Dying Wisdom: Rise, Fall and Potential of India's Water Harvesting Systems (Sabedoría agonizante: auxe, caída e potencial dos sistemas de colleita de auga da India).[6]
- Desde entón, traballou nunha serie de artigos sobre as intervencións políticas de ecorexeneración do medio ambiental de India, e redución da pobreza.
- 1999, coeditou State of India’s Environment, The Citizens' Fifth Report
- 2001, Making Water Everybody’s Business: the practice and policy of water harvesting.[7]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 2005, Premio Padma Shri polo Goberno da India.
- 2005, o Centro de Ciencia e Ambiente baixo o seu liderado foi galardoado polo Stockholm Water Prize.
- 2009, Doutorado honorario de ciencia pola Universidade de Calcuta.
- 2009, o Raja-Lakshmi Award pola Sri Raja-Lakshmi Foundation, Chennai.
- 2016 nomeada por Time Magazine na lista dos 100 Máis Influentes.
- 2016 galardón IAMCR Climate Change Communication Research in Action
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Time 100 Most Influential People: Sunita Narain Arquivado 22 de abril de 2016 en Wayback Machine. Time Magazine, abril de 2016
- ↑ Environmentalism and Equity, report on the oration, 16 de setembro de 2008.
- ↑ Environmentalist Sunita Narain injured in a road accident.
- ↑ Global Warming in an Unequal World: A case of environmental colonialism, Anil Agarwal, Sunita Narain, Centre for Science and Environment, Nova Delhi, (1990).
- ↑ Green Politics: Global Environmental Negotiations, Anil; Sunita Narain, Anju Sharma, Centre for Science and Environment (1999)
- ↑ Dying Wisdom: Rise, Fall and Potential of India's Traditional Water Harvesting Systems, (State of India's Environment, v. 4) Anil Agarwal, Sunita Narain, Centre for Science and Environment (1997)
- ↑ Anil Agarwal, Sunita Narain, Indira Khurana (2001). "Making Water Everybody's Business: Practice and Policy of Water Harvesting" (en inglés): 456. ISBN 8186906274.