Saltar ao contido

Stebro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stebro
Nome completo Canadian Stebro Racing
Bandeira
Baseada en Canadá
Tempadas en activo 1 (1963)
Número de pilotos Peter Broeker
Debut Gran Premio dos Estados Unidos de 1963
Carreiras 1
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio dos Estados Unidos de 1963

Stebro é un fabricante de sistemas de escapes de aceiro inoxidable de alto rendemento para os coches europeos. Os seus produtos desenvólvense e fabrican no Canadá e envíanse aos clientes de todo o mundo. Tamén foi un construtor de coches de Fórmula Júnior e Fórmula 1.

Stebro fundouse en 1956. Pioneiro no mercado de sistemas de escape de alto rendemento, pronto gañou unha boa reputación. Tamén demostrando o éxito da súa enxeñería de deseño 'Stebro' foi un construtor canadense de coches de carreiras de Fórmula Júnior. O equipo tamén competiu nunha carreira de Fórmula 1, o Gran Premio dos Estados Unidos de 1963, onde o seu coche terminou no sétimo lugar.

Pedro Broeker, o dono e presidente da empresa de fabricación de accesorios para automóbiles, deseñou e construíu o Stebro na súa planta de Montreal,[1] para promover a compañía no mercado canadense.[2] Un chasis Stebro de Fórmula Júnior provisto dun motor Ford 105E competiu nun Gran Premio de Fórmula 1, o Gran Premio dos Estados Unidos de 1963. O motor, que incluía unha caixa de cambios Hewland, era a única alteración, o motor Weber Ford de 1500 cc daba 110 hp (82 kW).[3] O coche foi pilotado por Broeker, que a pesar de loitar contra os máis potentes coches de Fórmula Un, terminou no sétimo lugar, completando 88 das 110 voltas.[2]

Logo de terminar a súa andaina nas carreiras, Stebro segue sendo un fabricante de sistemas de escape de alto rendemento en aceiro inoxidable para os coches europeos e americanos. Os seus produtos son desenvolvidos e fabricados na súa fábrica en Ottawa, Canadá.[4]

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Piloto 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Puntos Pos.
1963 Stebro Mk IV (FJ) Ford S4 D MON BEL NED FRA GBR ALE ITA USA MEX RSA 0 NC
Peter Broeker 7

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  1. Globe and Mail, October 4, 1963, Page 43.
  2. 2,0 2,1 "Stebro Profile". Grandprix.com. Inside F1. Consultado o 2011-05-29. 
  3. Motor Sport, November 1963, Pages 879, 881, 882.
  4. "Stebro - About". Stebro. Consultado o 2011-05-29. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]