Saltar ao contido

Spotlight (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Spotlight
Ficha técnica
DirectorThomas McCarthy
ProdutorSteve Golin
Michael Sugar
Nicole Rocklin
Blye Faust[1]
GuiónThomas McCarthy
Josh Singer
IntérpretesMark Ruffalo
Michael Keaton
Rachel McAdams
Brian d'Arcy James
Liev Schreiber
John Slattery
Stanley Tucci
Billy Crudup[1]
MúsicaHoward Shore
FotografíaMasanobu Takayanagi
MontaxeTom McArdle
EstudioAnonymous Content
Participant Media
Rocklin/Faust
DistribuidoraOpen Road Films
Estrea6 de novembro de 2015 (Estados Unidos de América Estados Unidos); 29 de xaneiro de 2016 (Galicia, España España)
Duración129 minutos[2]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Biográfica
Historia
Suspense
Orzamento20 000 000 $[3]
Recadación$64 300 000[4]
Na rede
http://spotlightthefilm.com/
IMDB: tt1895587 Filmaffinity: 384270 Allocine: 222271 Rottentomatoes: m/spotlight_2015 Mojo: spotlight Allmovie: v573277 Metacritic: movie/spotlight
Facebook: SpotlightMovie Twitter: spotlightmovie Instagram: spotlightmovie Netlix: 80061341 Editar o valor en Wikidata

Spotlight é un filme dramático estadounidense de 2015, dirixido por Thomas McCarthy e escrito por McCarthy e Josh Singer.[5][6] O filme gañou dous Oscars, incluíndo mellor guión orixinal e mellor filme de 2015 na 88ª edición dos Oscar celebrada en febreiro do ano 2016. O filme conta a historia de como a unidade de investigación do xornal Boston Globe, chamada "Spotlight" -a máis antiga nos Estados Unidos de América[7]- desenmascarou un escándalo no que a Igrexa Católica de Massachusetts ocultou un incontábel número de abusos sexuais perpetrados por distintos sacerdotes de Boston, e polo que o Globe gañou o Premio Pulitzer ao servizo público de 2003.[8] O elenco inclúe a Mark Ruffalo, Michael Keaton, Rachel McAdams, Brian d'Arcy James, Liev Schreiber, John Slattery e Stanley Tucci.[9]

Foi seleccionada para ser vista en fóra de competencia no Festival de Venecia, así coma no Festival de Telluride e na Sección de Presentacións Especiais do Festival Internacional de Cinema de Toronto.[10] O filme tivo a súa estrea por Open Road Films o 6 de novembro de 2015.

O filme narra a historia de como un equipo de reporteiros do Boston Globe destapou os escándalos de pederastia producidos durante décadas por uns cregos de Massachusetts e que tentou agochar a arquidiocese de Boston, e que sacudiu a Igrexa Católica.

Produción

[editar | editar a fonte]

McCarthy e Singer remataron o guión en xuño de 2013.[17] Estivo na lista de Black List de 2013, de guións non producidos.[18] A rodaxe comezou o 24 de setembro de 2014 en Boston (Massachusetts) e en outubro en Hamilton, Ontario.[19] A rodaxe realizouse no Fenway Park,[20] As oficinas de Boston Globe en Dorchester, Massachusetts, a Biblioteca Pública de Boston,[21] e a Universidade de McMaster en Hamilton, Ontario.[22]

A estrea do filme foi o 6 de novembro de 2015, sendo Open Road Films quen a distribúe.[23]. En Galicia estreouse o 29 de xaneiro de 2016 coa dobraxe castelá.

Recepción

[editar | editar a fonte]

A primeira crítica de Variety foi positiva.[24] Spotlight considérase encadrada no top ten de moitos críticos.[25]

Principais premios e nomeamentos

[editar | editar a fonte]

O filme ten recibido numerosos premios da crítica e innumerábeis nomeamentos, entre os que salientan:

Premio Categoría Receptores Resultado Ref(s)
Premios Oscar Mellor filme Michael Sugar & Steve Golin, Nicole Rocklin, Blye Pagon Faust gañadora [27]
Mellor director Tom McCarthy nomeado
Mellor actor secundario Mark Ruffalo nomeado
Mellor actriz secundaria Rachel McAdams nomeada
Mellor guión orixinal Tom McCarthy e Josh Singer gañador
Mellor montaxe Tom McArdle Nomeado
Globos de Ouro Mellor filme - Drama Spotlight nomeado [28][29]
Mellor director Thomas McCarthy nomeado
Mellor guión Thomas McCarthy e Josh Singer nomeados
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 ""Billy Crudup in Talks for Catholic Church Sex Abuse Scandal Film 'Spotlight' (Exclusive)"" (en inglés). TheHollywoodReporter. 27 de agosto de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  2. British Board of Film Classification, ed. (27 de outubro de 2015). "SPOTLIGHT (15)". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  3. "Watching the Watchers: Tom McCarthy on Making Spotlight". Vulture.com. Consultado o 7 de novembro de 2015. 
  4. "Spotlight (2015)". Box Office Mojo. Consultado o 5 de marzo de 2016. 
  5. "Mark Ruffalo, Michael Keaton in Talks for Catholic Priest Sex Abuse Scandal Film" (en inglés). TheHollywoodReporter. 8 de agosto de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  6. 6,0 6,1 6,2 "Participant Media’s “Spotlight” Starring Mark Ruffalo, Michael Keaton, Rachel Mcadams, Liev Schreiber And Stanley Tucci Goes To Camera In Boston Before Lensing In Toronto" (en inglés). 13blmedia. 25 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  7. ""A distinguishe history of digging up the truth"" (en inglés). BostonGlobe. 22 de xuño de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  8. "The 2003 Pulitzer Prize Winners" (en inglés). Awardsprize. 2003. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  9. "Mark Ruffalo, Michael Keaton, Rachel McAdams in Talks to Star in Catholic Church Sex Scandal Drama (Exclusive)" (en inglés). The Wrap. 8 de agosto de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  10. "v" (en inglés). Screendaily. 28 de xullo de 2015. Consultado o 10 de setembro de 2015. 
  11. "Mark Ruffalo visits the Globe" (en inglés). Boston Globe. 16 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  12. ""Report: Globe Spotlight movie gets a cast"" (en inglés). Boston Globe. 11 de agosto de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  13. "Brian d'Arcy James Joins Boston Priest Pedophile Drama SPOTLIGHT" (en inglés). Broadway world. 12 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  14. 14,0 14,1 "John Slattery, 'Homeland' Alum Join Catholic Sex Abuse Film 'Spotlight'" (en inglés). The Hollywood Reporter. 25 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  15. "‘Spotlight’ Actors Spotted at Fenway Park" (en inglés). Boston.com. 26 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  16. ""‘Spotlight’ films at The Boston Globe"" (en inglés). Boston Globe. 29 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  17. ""‘Spotlight’ script tells the story of Globe series"" (en inglés). Boston Globe. 19 de agosto de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  18. ""Black List 2013: Full Screenplay List"" (en inglés). Deadline. 16 de decembro de 2013. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  19. "Globe ‘Spotlight’ Movie Holding Open Casting Call" (en inglés). Boston.com. 24 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  20. ""‘Spotlight’ filming at Fenway Park"" (en inglés). Boston.com. 26 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  21. ""Rachel McAdams reporting for duty"" (en inglés). Boston.com. 30 de setembro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  22. ""Ruffalo, Tucci in Hamilton for Spotlight shoot"" (en inglés). chch.com. 7 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2016. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  23. ""Michael Keaton Mark Ruffalo Boston Globe Film ‘Spotlight’ Opens Nov. 6"" (en inglés). deadline.com. 11 de xuño de 2015. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  24. ""Venice Film Review: "Spotlight""" (en inglés). Variety. 3 de setembro de 2015. Consultado o 15 de maio de 2015. 
  25. ""Best of 2015: Film Critic Top Ten Lists"." (en inglés). metacritic. 15 de decembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2015. Consultado o 21 de xaneiro de 2016. 
  26. "Rex Reed: The 10 Best Films of 2015". New York Observer. December 23, 2015. Consultado o December 25, 2015. 
  27. "Oscar 2016. Lista de nominados." (en español). Consultado o 15 de xaneiro de 2016. 
  28. "Listado completo de nominados a los Globos de Oro". Consultado o 10 de decembro de 2015. 
  29. "Globos de Oro: 'El renacido', 'Marte' y 'Steve Jobs', grandes triunfadoras". Consultado o 11 de xaneiro de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]