Saltar ao contido

Spa, Bélxica

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSpa, Bélxica
Spa (fr)
Spå (wa) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 50°29′32″N 5°51′44″L / 50.49228, 5.86221
EstadoBélxica
RexiónValonia
ProvinciaProvincia de Liexa
DistritoArrondissement of Verviers (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CapitalSpa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación10.378 (2018) Editar o valor en Wikidata (260,43 hab./km²)
Lingua oficiallingua francesa (valor oficial) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie39,85 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porWayai (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Theux (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Mayor of Spa (en) Traducir Editar o valor en WikidataSophie Delettre (en) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal4900 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico087 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade
Data2021 (44ª Sesión)

Páxina webvilledespa.be Editar o valor en Wikidata
Facebook: villedespa Instagram: ville_de_spa LinkedIn: ville-de-spa Youtube: UC8VbiVVWoRNldD0A0VUjY1A Editar o valor en Wikidata

Spa é un municipio de Bélxica. Atópase na Rexión Valoa da Provincia de Liexa. Está situado nun val nas montañas das Ardenas, a uns 35 km. ao sueste de Liexa, e a 45 km ao suroeste de Aquisgrán. O 1 de xaneiro de 2012, Spa tiña unha poboación total de 10.579 habitantes. Ten unha superficie de 39,85 km² e unha densidade de poboación de 270 hab./km².

Spa, a cidade da auga.
Vista de Spa, Bélxica, 1895.

A cidade é famosa polos seus mananciais desde os tempos da Roma Antiga, cando era chamada Aquae Spadanae,[1] denominación posiblemente relacionada con spargere (en latín, 'lanzar aquí e alí, espallar' (gotas).[2] A afirmación de que a palabra "spa" sexa un acrónimo da expresión latina salus per aquam ou "sanitas per aquam" ("saúde pola auga") parece carecer de fundamento.

Xa na Idade Media, no século XIV as augas de Spa gañaron fama polas súas propiedades medicinais, e o manancial era coñecido como Espa ("fonte", en lingua valoa). E aínda que outros mananciais de augas minerais curativas son famosos en todo o mundo, é a vila de Spa, a que converteuse en epónimo de calquera lugar que teña unha fonte de auga natural que posúa propiedades especiais para a saúde, como spa. Desde o século XVIII a cidade tamén conta cun casino.

En 1918, o exército alemán estableceu a súa sede principal en Spa, e foi desde aquí que os delegados dirixíronse ás liñas francesas para pactar co Mariscal Foch e pedir a paz nas consultas previas ao Armisticio, que puxo fin á primeira guerra mundial. En xullo de 1920 foi sede da Conferencia de Spa, unha reunión do Consello Supremo. Delegados alemáns foron invitados a este para discutir as reparacións de guerra.

A cidade está preto do Circuíto de Spa-Francorchamps, (en realidade hoxe en día atópase en Stavelot) que alberga o Gran Premio de Bélxica de Fórmula 1. Tamén é a localización do manancial de auga mineral de Spa.

Hércules Poirot, o detective de ficción de Agatha Christie, naceu en Spa.

Spa foi sede da final da Etapa 2 do Tour de Francia 2010, o 5 de xullo.

Relacións internacionais

[editar | editar a fonte]

Cidades irmás

[editar | editar a fonte]

Spa está irmandada con:

Datos climáticos para Spa
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Media máxima en °C 4 5 8 12 17 19 21 20 18 13 7 5 12,4
Media mínima en °C −1 −2 1 3 7 9 11 11 9 6 2 −1 4,6
Precipitación media mm 97 84 79 81 80 99 112 99 84 94 99 109 1 117
Fonte: Weatherbase [3]
  1. Journal of the History of Medicine and Allied Sciences, George Rosen, Yale University Dept. of the History of Science and Medicine, Project Muse, H. Schuman, 1954
  2. A brief history of spa therapy, por A. van Tubergen e S. van der Linden.
  3. "Weatherbase: Historical Weather for Spa, Belgium". Weatherbase. 2011.  Consultado o 24 de novembro de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]