Saltar ao contido

Soleira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soleira sinalada nunha fiestra do Convento de Santa Clara de Santiago de Compostela.
Fiestra con dous vasos de flores apoiados na soleira. A diferenza desta imaxe, a fiestra galega ten as batentes a rentes do muro e as contras por dentro a rentes da parede.
Vello apoiado na soleira da fiestra.
En inglés chámase sill; en cambio lintel úsase nos dous idiomas.

A soleira[1] é un elemento construtivo que se corresponde á parte baixa da fiestra, cubrindo o peitoril ou antepeito; sobre o que pousamos ao nos apoiar nunha fiestra. Na casa tradicional galega adoita ser unha soa peza de pedra (ou dúas) ou doutro material colocada na parte inferior do oco dunha xanela. Soleira tamén pódese referir á pedra que está no chan dunha porta, coñecida normalmente coma soarego ou limiar[2].

A súa misión é que a auga da choiva non entre no edificio, razón pola que a soleira adoita ter unha certa pendente cara a fóra, asegurando unha evacuación rápida da auga; pola mesma razón de estanqueidade ha penetrar nas xambas do oco[3] e adoita resaltarse cara a fóra formando un topete ou pingadeira. Pola súa importancia na estanqueidade o deseño da soleira é un dos puntos críticos na proxectación construtiva dos edificios.[3]

Na casa tradicional galega (tamén na inglesa), e a diferenza doutras rexións, a soleira está protexida pola fiestra, xa que esta se sitúa a rentes do muro exterior para que a auga esvare pola fachada. A contraventá áchase no interior do oco, a rentes da parede interior. Ademais o lintel do van acostuma contar cun saínte chamado tornachuvias.

Tipos de soleiras segundo o material

[editar | editar a fonte]

Pode colocarse unha peza de remate do muro no oco que funciona de soleira e pingueira.

  • Formigón: Poden prefabricarse. Poúen unha maior resistencia ante cargas mecánicas e son doadas de limpar.[4]
  • Madeira: Xéranse poucas deformación por mor dos cambios de temperatura e humidade, aínda que estas dependen do tipo de madeira.[4]
  • Pedra: Gran resistencia ante cargas mecánicas.
  • Compostos de pedras: Poden xerarse superficies moi tersas e polo tanto, moi doadas de limpar. Poden ter moi bo comportamento ante a abrasión, os choques e os raios UV.[4]
  • Metal: Normalmente de aceiro galvanzado ou aluminio. Trátanse para resistir as resistencias do clima.[4]
  1. Denominación galega e imaxe en Dicionario visual da construción, Santiago de Compostela, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, 2004
  2. {{Cita web |url=http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=soleira&sinom=0&homonimo= |título=Definicións en Portal das Palabras da [[RAG |data-acceso=21 de outubro de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141021184824/http://www.portaldaspalabras.gal/buscador?palabra=soleira&sinom=0&homonimo= |dataarquivo=21 de outubro de 2014 |urlmorta=yes }}
  3. 3,0 3,1 Collado Trabanco, Pablo (2005). Control de ejecución de tabiquerías y cerramientos. Lex Nova. p. 197. ISBN 978-84-84066606. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 http://www.robwill.nl/index.php?option=com_content&view=article&id=14&Itemid=35&lang=es (Última consulta: 18 de marzo de 2011).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]