Saltar ao contido

Soiuz MS-12

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Soiuz MS-12
A Soiuz MS-12 acoplada ao módulo Rassvet.
TipoTripulada
Data de lanzamento14 de marzo de 2019[1][2][3]
Foguete portadorSoiuz FG[2][4]
Sitio de lanzamentoCosmódromo de Baikonur[2]
Obxectivo da misiónAcoplamento coa Estación Espacial Internacional.[2][5]
Regreso3 de outubro de 2019[1]
NSSDC ID2019-013A

Soiuz MS-12 foi unha misión espacial tripulada rusa lanzada o 14 de marzo de 2019 mediante un foguete Soiuz FG desde o cosmódromo de Baikonur.[2][3][4][5]

Características

[editar | editar a fonte]

Soiuz MS-12, unha Soiuz modelo MS cos cosmonautas Aleksei Ovchinin, Christina Hammock Koch e Nick Hague a bordo, foi unha misión lanzada para acoplarse coa Estación Espacial Internacional. Ovchinin e Hague eran os tripulantes orixinais da Soiuz MS-10, que sufriu un problema que lle impediu chegar a órbita, sendo reasignados á MS-12 e cambiando os plans de subir a un turista espacial neste voo. A Soiuz chegou á estación seguindo unha traxectoria rápida de seis horas, acoplándose ao módulo Rassvet e coa tripulación uníndose aos membros da Expedición 58, Oleg Kononenko, Anne McClain e David Saint-Jacques. Despois da marcha da Soiuz MS-11 comezou oficialmente a Expedición 59 cos membros da Soiuz MS-12. Tras 203 días en órbita, a Soiuz MS-12 desacoplouse do módulo Rassvet o 3 de outubro de 2019 con Ovchinin, Hague e o turista espacial Hazzaa Ali Almansoori, con Koch quedando na estación. A Soiuz 12 aterrou a 147 km ao sueste da cidade de Dzhezkazgan (Casaquistán).[2][3][4][5]

  1. 1,0 1,1 N2YO (2021). Real Time Satellite Tracking, ed. "SOYUZ MS-12" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (28 de outubro de 2022). "Soyuz MS-12" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 19 April 2019 from the Permanent Mission of the Russian Federation to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (19-03155 (E)). 13 de maio de 2019: 2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 02 de febreiro de 2024. Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Soyuz-MS 01 - 20 (11F732A48)" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Anatoly Zak (28 de xaneiro de 2024). "Soyuz MS-12 completes ISS mission" (en inglés). Consultado o 2 de febreiro de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]