Saltar ao contido

Sofía de Prusia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSofía de Prusia

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalSofía Dorothea Ulrike Alice
Biografía
Nacemento14 de xuño de 1870 Editar o valor en Wikidata
Potsdam, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Morte13 de xaneiro de 1932 (61 anos)
Frankfurt, Alemaña Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio Real de Tatoi Editar o valor en Wikidata
Queen consort of Greece (en) Traducir
1913 – Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaNovo Palácio de Potsdam (pt) Traducir
Kronprinzenpalais (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Atenas Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónrealeza Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloPrincesa
Raíña Editar o valor en Wikidata
FamiliaDinastía Hohenzollern Editar o valor en Wikidata
CónxuxeConstantino I de Grecia (1889–1923), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosXurxo II de Grecia, Alexandre I de Grecia, Helena de Grecia, Paulo I de Grecia, Irene de Grecia, Catarina de Grecia Editar o valor en Wikidata
PaisFrederico III de Alemaña Editar o valor en Wikidata  e Vitoria, princesa do Reino Unido Editar o valor en Wikidata
IrmánsGuillerme II de Alemaña
Segismundo da Prússia (1864–1866)
Waldemar da Prússia
Henrique da Prússia
Carlota da Prússia
Vitória da Prússia
Margarida da Prússia Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

WikiTree: Hohenzollern-34 Find a Grave: 8143038 Editar o valor en Wikidata
Sofía de Prusia

Sofía Dorothea Ulrike Alice, nada no Palacio Novo de Potsdam o 14 de xuño de 1870 e finada en Frankfurt o 13 de xaneiro de 1932, foi princesa de Prusia, princesa de Alemaña e raíña consorte de Grecia tras a súa voda con Constantino I de Grecia. Os seus pais foron o emperador Frederico III de Alemaña e a princesa real Vitoria, princesa do Reino Unido.

Foi educada directamente pola súa nai, quen lle inculcou certos sentimentos anglófilos.

O 27 de outubro de 1889 casou co príncipe Constantino de Grecia, futuro Constantino I. A voda celebrouse en Atenas, aínda que o compromiso pasara por dificultades na corte de Berlín, especialmente por que era mal visto que unha princesa luterana casase cun ortodoxo.

Os príncipes tiveron seis fillos:

Considerouse como influente no seu esposo o rei, sobre todo nos sentimentos prol-alemáns que Constantino mostrou durante a primeira guerra mundial.

O 11 de xullo de 1917 tivo que abandonar o país xunto co seu marido cara a Suíza, tras complicacións políticas. En 1920 regresaron a Grecia por motivo dos funerais do seu fillo Alexandre e ese mesmo ano o rei Constantino retomou o poder, para abdicar tan só dous anos despois, en 1922, e enseguida partir novamente ao exilio, esta vez a Italia.

Sofía quedou viúva en 1923. Ela falecería de cancro na cidade alemá de Frankfurt, en 1932.