Saltar ao contido

Socialización

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O proceso de socialización dáse en interacción con axentes significativos.

A socialización é o proceso mediante o cal o ser humano aprende, no transcurso da súa vida, os elementos socioculturais do seu medio ambiente e intégraos á estrutura da súa personalidade baixo a influencia de experiencias e de axentes sociais.

A socialización é factible grazas aos axentes sociais, que se poden identificar como a familia, a escola, os iguais e os medios de comunicación. Ademais, son as institucións e individuos representativos con capacidade para transmitir e impoñer os elementos culturais apropiados. Os axentes sociais máis representativos son a familia, porque posúe un rol primordial xa que é o primeiro nivel social ao que temos acceso e a escola, que é transmisora de coñecementos e de valores. Tamén na socialización unha persoa interioriza a súa cultura dunha sociedade determinada. Existen distintos axentes socializadores: a familia, a escola, os grupos de pares, o traballo e os grupos. Segundo Milazzo (1999), a socialización pódese describir desde dous puntos de vista: obxectivamente; a partir do influxo que a sociedade exerce no individuo; en canto proceso que moldea ao suxeito e adáptao ás condicións dunha sociedade determinada, e subxectivamente; a partir da resposta ou reacción do individuo á sociedade. Manifesta ademais que a socialización é vista polos sociólogos como o proceso mediante o cal se inculca a cultura aos membros da sociedade, a través del, a cultura vaise transmitindo de xeración en xeración, os individuos aprenden coñecementos específicos, desenvolven as súas potencialidades e habilidades necesarias para a participación adecuada na vida social e adáptanse ás formas de comportamento organizado característico da súa sociedade.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]