Sikorsky S-76
Sikorsky S-76 | |
---|---|
Sikorsky S-76C+ Pesca 1 en agosto de 2010. | |
Tipo | Helicóptero |
Fabricante | Sikorsky |
Primeiro voo | 1977 |
Estado | En servizo |
Principais usuarios | O redor de 30 países |
O Sikorsky S-76 é un modelo de helicóptero medio utilitario fabricado pola compañía estadounidense Sikorsky Aircraft, a fabricante do UH-60 Black Hawk. O S-76 conta con dous motores turboeixo, un rotor principal de catro palas e tren de aterraxe retráctil.
Usuarios
[editar | editar a fonte]Son usuarios do modelo, servizos de preto de 30 países, entre eles os gardacostas da Xunta e o Exército do Aire español, sendo España e o Xapón dos poucos países nos que se lle dan os dous usos, o civil e o militar.
A versión militar opera, polo menos, en Arabia Saudita, a Arxentina, os Emiratos Árabes, España (8 unidades), Guatemala, Honduras, Iraq, Tailandia e o Xapón.
As versións civís voan, polo menos, en Australia, o Brasil, o Canadá, a China, os Estados Unidos, Galicia, Macau, México, Nova Zelandia, Panamá, o Reino Unido, Serbia, Suecia, Taiwán, Trinidad e Tobago e o Xapón.
O S-76 en Galicia
[editar | editar a fonte]En Galicia teñen a súa base, dende 2005,[1] dúas unidades S-76C+ do Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, o Pesca 1 (matrícula EC-JES) con base en Vigo e o Pesca 2 (EC-JET) con base no Heliporto Costa Norte de Viveiro.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Outra no FAV 2009.
-
Un S-76 en Nova Jersey.
-
S-76A en Nova Zelandia
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Xunta de Galicia's Search and Rescue Service Purchases Two S-76C++ Helicopters". Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2013. Consultado o 15 de agosto de 2010.
- ↑ Artigo en La Opinión A Coruña, 22-01-2009 (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Sikorsky S-76 |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Blog (non oficial) do Pesca 1 (en castelán).
- S-76C++ na páxina de Sikorsky Aircraft Arquivado 25 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en inglés).
- Los ángeles del mar de Galicia han salvado ya a 1.321 náufragos, artigo en La Voz de Galicia, 11-08-2010 (en castelán).