Sikorsky S-61R
Sikorsky S-61R | |
---|---|
Fabricante | Sikorsky Aircraft, Agusta |
Primeiro voo | 1959 |
Introducido | 1961 |
Produción | 1959-anos 70 |
O Sikorsky S-61R é un helicóptero de dous motores usado en roles de transporte e busca e rescate. Unha versión desenvolvida a partir do S-61/SH-3 Sea King, o S-61R tamén foi construído baixo licenza por Agusta como o AS-61R. O S-61R serviu na USAF como o CH-3C/E Sea King e o HH-3E Jolly Green Giant, e na Garda Costeria estadounidense como o HH-3F "Pelican".
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]O Sikorsky S-61R desenvolveuse como derivado do seu modelo S-61/SH-3 Sea King. Ten unha fuselaxe revisada substancialmente cunha rampla de carga traseira, un casco convencional aínda que impermeable en vez do casco de barco do S-61, e un tren de aterraxe en triciclo retractable. O deseño da fuselaxe foi usado por Sikorsky para as variantes CH-53 máis grandes, e polo moi posterior (aínda que dun tamaño semellante) S-92.
Sikorsky deseñou e fabricou un prototipo S-61R como unha iniciativa privada voando por vez primeira en 1963. Durante o seu desenvolvemento a USAF pediu o aparello, que foi designado CH-3C. A Forza Aérea usou o CH-3C para recuperar pilotos derrubados. A variante CH-3E con motores máis potentes aparecería en 1965.[1]
A variante mellorada HH-3E seguiría posteriormente, con oito aparellos construídos, e os 50 CH-3E foron convertidos a esta variante.[2][3] Coñecido como o "Jolly Green Giant", o HH-3E contaba con blindaxe de protección, tanques autoselados, unha sonda de reabastecemiento retráctil, tanques externos desechables, un elevador de alta velocidade e outro equipamento especializado.[3]
En 1965 a Garda Costeira estadounidense pediu unha versión designada HH-3F Sea King (máis comunmente coñecida polo seu alcume "Pelican") para rescate no mar todo tempo. O Pelican ten un radar de busca co radomo da antena no lado de babor do nariz,[3] e tamén ten capacidade para amarar.[1]
A firma italiana Agusta fabricou unha variante do S-61R baixo licenza, chamada AS-61R. Agusta construíu 22 helicópteros para a Forza Aérea de Italia.[1] A compañía afirmou que podería reabrir a liña de produción en 36 meses para construír AS-61 adicionais.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Apostolo, Giorgio (1984). The Illustrated Encyclopedia of Helicopters. Bonanza Books. ISBN 978-0-517-43935-7.
- ↑ "Sikorsky HH-3E Jolly Green Giant". National Museum of the United States Air Force. Consultado o 14 de novembro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Chant, Christopher (1996). Fighting Helicopters of the 20th Century. Tiger Books International PLC. ISBN 1-85501-808-X.
- ↑ Donald, David (1997). The Complete Encyclopedia of World Aircraft. Barnes & Noble Books. ISBN 0-7607-0592-5.