Sicixia
Aparencia
- Para ver o artigo sobre o filme, véxase Sicixia (filme)
A sicixia[1] (do tardolatino syzygia, conxunción, derivado do grego σύζυγος, syzygos -literalmente consortes, emparellados, isto é que casan, unen, ou enganchan[2]) é un fenómeno astronómico de aliñamento de tres ou máis corpos celestes do mesmo sistema gravitacional ó longo dunha liña recta. Exemplos de sicixia son o da Lúa e do Sol dende a Terra, que produce unha lúa nova, tamén chamada novilunio (conxunción lunar); un plenilunio ou lúa chea na oposición lunar; unha eclipse anular ou unha eclipse total de Sol se a sicixia se dá na liña de eclipses.